18 de decembro

O 18 de decembro é o 352º día do ano do calendario gregoriano e o 353º nos anos bisestos. Quedan 13 días para finalizar o ano.

<< Decembro >>
Lu Ma Xo Ve Do
1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31
2019
Todos os días

Acontecementos

Nacementos

Steven Spielberg 2011
Steven Spielberg.

Mortes

Antonio stradivari
Antonio Stradivari examinando un instrumento.

Festas e celebracións

  • Día Internacional do Migrante.

Outros

Os 366 días do ano

Creu de Sant Jordi

A Creu de Sant Jordi é unha distinción da Generalitat de Cataluña creada a partir do Decreto 457/1981 do 18 de decembro coa finalidade de «distinguir as persoas naturais ou xurídicas que, polos seus méritos, prestaran servizos destacados a Cataluña na defensa da súa identidade ou, máis xeralmente, no plano cívico e cultural». A Creu de Sant Jordi é un galardón deseñado polo ourive Joaquim Capdevila.

Joseph John Thomson

Sir Joseph John Thomson, nado en Cheetham Hill, Reino Unido, o 18 de decembro de 1856 e finado en Cambridge o 30 de agosto de 1940, foi un físico británico, premio Nobel de Física en 1906.

México

México (nome oficial: Estados Unidos Mexicanos) é un país localizado maioritaria ou totalmente en América do Norte (dependendo de onde se trace o límite con América Central, ora na fronteira mexicana, ora no istmo de Tehuantepec).

Limitado ao norte polos Estados Unidos de América, ao leste polo golfo de México e polo mar Caribe, a través dos cales se acerca a Cuba, ao sur por Guatemala e máis Belize, e ao oeste polo océano Pacífico. Alén do territorio continental e illas adxacentes á costa, México inclúe tamén as Illas Revillagigedo, localizadas no océano Pacífico, a máis de 400 km a sur do cabo San Lucas, na Baixa California.

Nova Jersey

Nova Jersey (en inglés: New Jersey) é un dos 50 estados dos Estados Unidos, situado nas rexións Mid-Atlantic e Nordeste do país. Limita ao norte co estado de Nova York, ao leste co océano Atlántico, ao suroeste con Delaware e ao oeste con Pensilvania. Encóntrase principalmente dentro das extensas áreas metropolitanas de Nova York e Filadelfia.

É o cuarto estado menos extenso, superando apenas a Connecticut, Delaware e Rhode Island. A pesar da súa pequena extensión territorial, ten unha poboación de 8,938,175 habitantes , sendo o undécimo estado máis poboado e o de maior densidade nos Estados Unidos.

A economía de Nova Xersei depende principalmente da súa industria manufacturera e da prestación de servizos de transporte. É un dos estados máis industrializados do país. Os produtos fabricados no estado, así como outros produtos producidos nos estados veciños, son exportados a través dos portos ao longo dos ríos Hudson e Delaware. Nova Xersei é tamén un dos líderes nacionais da produción de produtos químicos. Para o ano 2011 foi o terceiro estado máis rico do país en ingresos medios por fogar.O turismo é tamén unha das principais fontes de ingresos no estado. As principais atraccións turísticas son as súas numerosas praias localizadas en rexións relativamente pouco poboadas. Ademais disto polos seus numerosos xardíns e parques o estado é alcumado The Garden State (O estado xardín).

Máis de cen batallas e enfrontamentos entre milicias estadounidenses e tropas británicas foron realizadas en Nova Xersei. A máis famosa delas ocorreu o 26 de decembro de 1776, cando George Washington realizou a súa famosa travesía do río Delaware durante a batalla de Trenton. Logo da independencia dos Estados Unidos, Nova Xersei foi o terceiro estado en ratificar a Constitución, o 18 de decembro de 1787.

RAINBOW

RAINBOW é o quinto álbum de estudio da cantante xaponesa Ayumi Hamasaki, lanzado o 18 de decembro do ano 2002 baixo o selo avex trax.

Willy Brandt

Willy Brandt, nado como Herbert Ernst Karl Frahm en Lübeck o 18 de decembro de 1913, e finado o 8 de outubro de 1992 en Bonn, foi un xornalista alemán, e Primeiro Ministro da Alemaña Occidental entre os anos 1969 e 1974.

xaneiro
febreiro
marzo
abril
maio
xuño
xullo
agosto
setembro
outubro
novembro
decembro

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.