18 de abril

O 18 de abril é o 108º día do ano do calendario gregoriano (108º nos anos bisestos). Quedan 257 días para finalizar o ano.

<< Abril >>
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30
2019
Todos os días

Acontecementos

  • 1906 - Un forte terremoto, de 8,25 graos na escala de Ritcher, destrúe boa parte da cidade de San Francisco, e é seguido por un incendio que durou tres días.
  • 1980 - Nace a República do Cimbabue (antigamente, Rodesia)
  • 1994 - Comeza a emitirse na TVG o Xabarín Club

Nacementos

David Ricardo(1)
David Ricardo.

Mortes

Albert Einstein (Nobel)
Albert Einstein.

Outros

  • Santoral:

Os 366 días do ano

1943

1943 foi Ano Santo Xacobeo.

1976

1976 foi Ano Santo Xacobeo.

2018

2018 (MMXVIII) é un ano común do calendario gregoriano dentro do século XXI.

Eusebio, papa

Eusebio foi un papa do século IV. Exerceu o seu cargo de bispo de Roma do 18 de abril de 309, data da súa entronización, ao 17 de agosto de 309, data do seu falecemento.

León IX, papa

León IX, nado co nome de Bruno de Egisheim-Dadsburg en Eguisheim (Alsacia) o 21 de xuño de 1002 e finado en Roma o 18 de abril de 1054, foi o Papa nº 152 da Igrexa católica de 1049 a 1054.

Manchester United F.C.

O Manchester United Football Club é un club de fútbol da Premier League inglesa que xoga os seus partidos en Old Trafford no Gran Manchester. O equipo foi fundado como Newton Heath en 1878, uníndose á Football League en 1892 e xogando na primeira categoría do fútbol inglés dende 1938, coa excepción da temporada 1974-75. É considerado como un dos máis populares do mundo, debido a que conta con máis de 659 millóns de seguidores a nivel internacional, e tendo a media de asistencia máis alta aos seus partidos do fútbol inglés nos últimos 50 anos.O Manchester United é o actual campión inglés, gañando o título da Premier League no ano 2008-09, sendo así un dos clubs ingleses máis exitosos da historia, gañando dende a chegada do actual adestrador, Alex Ferguson, en novembro de 1986 vinte e dous títulos importantes. En 1968, foi o primeiro equipo inglés en gañar a Copa de Europa, batendo ao Benfica por catro goles a un. En 1999 converteuse no único equipo en gañar a UEFA Champions League, a Premier League e a FA Cup nun mesmo ano, volvendo a gañar en 2008-09 por terceira vez o máximo galardón do fútbol europeo de clubs. O Manchester é tamén o equipo con máis títulos da liga inglesa, dezaoito, e con máis FA Cup, once. Dende finais dos anos 1990 converteuse nun dos máis ricos do mundo, tendo máis ingresos que ningún outro club de fútbol, e é actualmente o club máis rico e valioso de todo o mundo do deporte, cun valor estimado de 1 319 millóns de euros (abril de 2009).

Xabarín Club

O Xabarín Club é un programa infantil e xuvenil emitido pola TVG que comezou a súa andaina o 18 de abril de 1994. O programa inclúe series de debuxos animados, videoclips de grupos musicais e espazos de produción propia. Actualmente, é transmitido desde o 2 de febreiro de 2009 pola tvG2.

A Cantar con Xabarín é unha serie de 5 CDs gravados por grupos galegos significativos, tales coma Siniestro Total, Heredeiros da Crus, Nación Reixa, Os Diplomáticos de Monte Alto ou The Killer Barbies, e tamén portugueses e africanos para o programa. Na segunda metade dos 1990s converteuse nun fenómeno social con máis de 100.000 rapaces afiliados (83.065 afiliados activos en 2004) e as Xabaxiras (1998), concertos da música do programa, que viron milleiros de nenos e nenas galegos.

xaneiro
febreiro
marzo
abril
maio
xuño
xullo
agosto
setembro
outubro
novembro
decembro

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.