1892

1892
Calendario gregoriano1892
MDCCCXCII
Ab urbe condita2645
Calendario armenio1341
Calendario chinés4588 – 4589
Calendario hebreo5652 – 5653
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat1947 – 1948
 ·  Shaka Samvat1814 – 1815
 ·  Kali Yuga4993 – 4994
Calendario persa1270 – 1271
Calendario musulmán1310 – 1311
Calendario rúnico2142
Década de 1890
1888 1889 1890 1891 1892 1893 1894 1895 1896

Acontecementos

  • 20 de xaneiro - No ximnasio dun colexio de Springfield, Massachusetts, xógase o primeiro partido da historia de baloncesto (inventado polo canadense James Naismith).
  • Unió Catalanista elabora as Bases de Manresa, proxecto de autogoberno de Cataluña

Nacementos

Mortes

Outros

Historia ano a ano

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
28 de abril

O 28 de abril é o 118º día do ano do calendario gregoriano (119º nos anos bisestos). Quedan 247 días para finalizar o ano.

7 de agosto

O 7 de agosto é o 219º día do ano do calendario gregoriano e o 220º nos anos bisestos. Quedan 146 días para finalizar o ano.

Arthur Compton

Arthur Holly Compton, nado en Wooster (Ohio) o 10 de setembro de 1892 e finado en Berkeley (California) o 15 de marzo de 1962, foi un físico estadounidense galardoado co Premio Nobel de Física en 1927.

Edward Victor Appleton

Edward Victor Appleton, nado en Bradford o 5 de setembro de 1892 e finado en Edimburgo o 21 de abril de 1965, foi un físico inglés.

Enrique Lorenzo Docampo

Enrique Lorenzo Docampo, nado en Vigo o 16 de novembro de 1892 e finado na mesma cidade en 1981, foi un empresario e político galego.

Francisco Franco

Francisco Franco Bahamonde, nado en Ferrol o 4 de decembro de 1892 e finado en Madrid o 20 de novembro de 1975, tamén coñecido como o Caudillo ou o Xeneralísimo, foi un militar e ditador español, integrante do alzamento contra o goberno democrático da Segunda República, que desembocou na guerra civil española. Foi investido como xefe supremo do bando sublevado o 1 de outubro de 1936, exercendo como Xefe do Estado de España desde o término do conflito ata o seu falecemento en 1975, e como xefe de Goberno entre 1938 e 1973.

Foi líder do partido único Falange Española Tradicionalista y de las JONS, no que se apoiou para establecer un réxime fascista nos seus comezos, que máis tarde derivaría nunha ditadura, coñecida como franquismo, de tipo conservador, católico e anticomunista. Este cambio debeuse á derrota do fascismo na segunda guerra mundial. Aglutinou en torno ao culto á súa persoa diferentes tendencias do conservadorismo, o nacionalismo e o catolicismo opostas á esquerda política e ao desenvolvemento de formas democráticas de goberno.

Durante o seu mandato á fronte do exército e da xefatura do Estado, especialmente durante a guerra civil e os primeiros anos do réxime, tiveron lugar múltiples violacións dos dereitos humanos, segundo sinalan numerosas investigacións históricas e denuncias de particulares. A cifra total de vítimas mortais durante o franquismo varía en torno a varios centenares de miles de persoas, que pereceron na súa maioría en campos de concentración, execucións extraxudiciais ou en prisión.

George Paget Thomson

George Paget Thomson, nado en Cambridge o 3 de maio de 1892 e finado na mesma cidade o 10 de setembro de 1975, foi un físico británico.

Haile Selassie

Haile Selassie I (en ge'ez: ቀዳማዊ ኃይለ ሥላሴ, qädamawi haylä səllasé), nado como Tafari Makonnen Woldemikael o 23 de xullo de 1892 e finado o 27 de agosto de 1975, foi o derradeiro emperador de Etiopía (de iure: 1930-1974; de facto: 1916-1936 e 1941-1975), e tamén é recoñecido e predicado coma o Deus feito home, o Señor, entre os membros do movemento rastafari.

Ivo Andrić

Ivo Andrić, nado en Dolac o 9 de outubro de 1892 e finado en Belgrado o 13 de marzo de 1975, foi un escritor iugoslavo en serbocroata. Gañou o Premio Nobel de Literatura en 1961.

Joaquín Yáñez

Joaquín Yáñez Rodríguez, nado en Vigo o 20 de agosto de 1814 e finado o 5 de setembro de 1892, foi un avogado, xornalista, historiador, empresario e político galego, alcalde de Vigo e presidente da Deputación Provincial de Pontevedra.

Louis de Broglie

Louis-Victor-Pierre-Raymond, xeralmente coñecido por Louis de Broglie, nado en Dieppe o 15 de agosto de 1892 e finado en Louveciennes o 19 de marzo de 1987, foi un físico francés, introdutor do concepto de onda de materia.

Pearl Buck

Pearl Buck, nada en Hillsboro, Virxinia Occidental, o 26 de xuño de 1892 e finada en Danby, Vermont, o 6 de marzo de 1973, foi unha escritora estadounidense. Pasou a metade da súa vida en China, onde a levaron os seus pais misioneiros con tres meses de idade e onde viviu uns corenta anos. É coñecida polo apelido dun dos seus maridos xa que o seu apelido de solteira era Sydenstricker.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.