1889

1889
Calendario gregoriano1889
MDCCCLXXXIX
Ab urbe condita2642
Calendario armenio1338
Calendario chinés4585 – 4586
Calendario hebreo5649 – 5650
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat1944 – 1945
 ·  Shaka Samvat1811 – 1812
 ·  Kali Yuga4990 – 4991
Calendario persa1267 – 1268
Calendario musulmán1307 – 1308
Calendario rúnico2139
Década de 1880
1885 1886 1887 1888 1889 1890 1891 1892 1893

Acontecementos

Os Tratados de Prisciliano son publicados por primeira vez, 1503 anos despois da morte deste importante pensador galego.

Nacementos

Mortes

Outros

Historia ano a ano

15 de xuño

O 15 de xuño é o 166º día do ano do calendario gregoriano e o 167º nos anos bisestos. Quedan 199 días para finalizar o ano.

1976

1976 foi Ano Santo Xacobeo.

27 de xullo

O 27 de xullo é o 208º día do ano do calendario gregoriano e o 209º nos anos bisestos. Quedan 157 días para finalizar o ano.

Amador Montenegro

Amador Manuel Joaquín de la Concepción Montenegro L. de Saavedra, chamado Amador Montenegro, nado en Santiago de Compostela o 30 de abril de 1864 e falecido en Lugo o 22 de setembro de 1932, foi un escritor e xornalista que fundou o periódico A Monteira en 1889.

Departamento de Agricultura dos Estados Unidos

O Departamento de Agricultura dos Estados Unidos (en inglés, United States Department of Agriculture, USDA) é unha unidade executiva do Goberno Federal de EE. UU. O seu propósito é desenvolver e executar políticas de gandaría, agricultura e alimentación. A súa meta é entender nas necesidades dos produtores (granxeiros, rancheiros), promovendo o comercio agrícola e a produción, traballando para asegurar seguridade alimentaria, protexendo os recursos naturais, mellorar as comunidades rurais, e pór fin á fame.

Foi creado o 15 de febreiro de 1889, en xurisdición do Goberno Federal de Estados Unidos. Posúe un persoal de 105.778 empregados a xuño de 2007; cun orzamento de $94.000 millóns de USD (2006). O seu director é Mike Johanns, como «Secretario de Estado de Agricultura»; o seu segundo é Charles F. Conner, secretario deputado de Agricultura

Diario de Pontevedra

Diario de Pontevedra, anteriormente El Diario de Pontevedra, é un xornal que se edita ininterrompidamente na cidade de Pontevedra dende 1968 pero que xa iniciara a súa andaina en 1889, propiedade dende 1999 do Grupo El Progreso de Lugo. Dende o ano 2001 ten a súa sede na rúa Lepanto. A impresión realízase na rotativa de El Progreso en Lugo.

É un periódico de carácter eminentemente local e provincial, centrado na contorna da cidade de Pontevedra. Conta con delegacións en Marín, Bueu, Poio, Sanxenxo e O Grove, Vilagarcía de Arousa, Caldas de Reis, Vigo, Lalín e A Estrada.

Estado de Washington

::Este artigo trata sobre o estado norteamericano de Washington, para outros lugares ver Washington

Washington é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América. O nome do estado provén de quen foi líder das forzas americanas ao longo da Revolución Americana de 1776 e logo primeiro presidente dos Estados Unidos, George Washington. O nome de moitas cidades e condados dos Estados Unidos homenaxea diversos presidentes, mais o Estado de Washington é o único que leva o nome en honra dun presidente. Non debe ser confundido coa capital dos Estados Unidos, Washington, DC. Por isto, Washington, o estado, é xeralmente chamado Estado de Washington, e Washington, a capital nacional, Distrito de Columbia.

Washington localízase no extremo noroeste dos Estados Unidos. Debido aos seus enormes bosques, cuxas árbores non perden a folla no outono ou no inverno, escolleuse como lema do estado Evergreen State, que significa "de folla perenne". Os seus grandes bosques fan de Washington un líder na industria madeireira americana. Así mesmo, está cruzado por varios ríos e abundan os lagos, o que crea un terreo propicio para a instalación de encoros; o maior do país, o Encoro de Grand Coulee, localízase no Río Columbia. A economía de Washington, porén, está centralizada fundamentalmente no turismo e na industria aeroespacial. A maior fabricante de avións do mundo, a Boeing, ten a súa sede en Washington, e varias das súas fábricas están situadas neste estado.

Francisco Asorey

Francisco Hipólito Asorey González, nado en Fefiñáns, Cambados o 4 de marzo de 1889 e finado en Santiago de Compostela o 2 de xullo de 1961, comunmente citado como Asorey, foi un escultor galego, considerado por algúns críticos como unha das figuras mais relevantes da renovación da arte escultórica española do século XX. Está soterrado no Panteón de Galegos Ilustres.

Gabriela Mistral

Lucila de María del Perpetuo Socorro Godoy Alcayaga, coñecida como Gabriela Mistral, nada en Vicuña, provincia de Elqui, o 7 de abril de 1889 e falecida en Nova York o 10 de xaneiro de 1957, foi unha poeta chilena, gañadora do Premio Nobel de Literatura en 1945.

La Correspondencia Gallega

La Correspondencia Gallega foi un xornal editado en Pontevedra entre 1889 e 1917.

Lista de concellos do Xapón

A seguir vén unha lista de concellos do Xapón con diversos datos de interese sobre cada un deles.

Metro

O metro é a unidade fundamental de lonxitude, pertencente ó Sistema Internacional de Unidades. Definiuse inicialmente como a 10 000 000 parte do cuadrante do meridiano terrestre, mais actualmente, o metro defínese como a lonxitude do traxecto percorrido pola luz no baleiro durante un intervalo de tempo de 1/299 792 458 de segundo (Unidade de Base ratificada pola 17ª CGPM - 1983.)

A palabra metro provén do grego metron (μέτρον), e posteriormente foi convertida nunha medida en Francia coa palabra mètre.

Paul Karrer

Paul Karrer, nado o 21 de abril de 1889 en Moscova (Rusia) e finado o 18 de xuño de 1971 en Zúric (Suíza), foi un químico e profesor universitario suízo galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1937.

Real Club Recreativo de Huelva

O Real Club Recreativo de Huelva, S.A.D., coñecido popularmente como Recreativo ou Recre, é un club de fútbol de España, da cidade de Huelva en Andalucía. Foi fundado en 1889, sendo xa que logo o club de fútbol máis antigo de existencia ininterrompida da Península Ibérica, motivo polo cal é nomeado como Decano do Fútbol Español. Actualmente xoga na Segunda División B.

Seattle

Seattle ( [siˈætəɫ] ) é a cidade máis grande do noroeste dos Estados Unidos. Fundada en 1853, a cidade está localizada no estado de Washington, na rexión de Puget Sound, a 182 quilómetros da fronteira con Canadá. En 2007 tiña unha poboación de 594 210 habitantes e na súa area metropolitana vivían 3 263 497 persoas.

Seattle é un centro comercial, cultural e de tecnoloxía avanzada para o noroeste do Pacífico estadounidense e unha das principais cidades portuarias para o comercio transpacífico e europeo. A zona metropolitana de Seattle está arrodeada por montañas e corpos de auga.

Watt

O watt ou tamén vatio, de símbolo: W, é a unidade do SI para potencia. É equivalente a un joule por segundo−1 (1 J/s), ou en unidades eléctricas, 1 volt-ampere (1 V · A). Na industria adóitase utilizar o cabalo de vapor (1 CV = 735,49875 W).

Ecuacións :

A unidade do watt recibiu o nome de James Watt polas súas contribucións ao desenvolvemento do motor a vapor, e foi adoptada polo II congreso da asociación británica para o avance da ciencia en 1889.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.