1861

1861
Calendario gregoriano1861
MDCCCLXI
Ab urbe condita2614
Calendario armenio1310
Calendario chinés4557 – 4558
Calendario hebreo5621 – 5622
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat1916 – 1917
 ·  Shaka Samvat1783 – 1784
 ·  Kali Yuga4962 – 4963
Calendario persa1239 – 1240
Calendario musulmán1278 – 1279
Calendario rúnico2111
Década de 1860
1857 1858 1859 1860 1861 1862 1863 1864 1865

Acontecementos

Nacementos

Mortes

Outros

Historia ano a ano

13 de maio

O 13 de maio é o 133º día do ano do calendario gregoriano e o 134º nos anos bisestos. Quedan 232 días para finalizar o ano.

15 de febreiro

O 15 de febreiro é o 46º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 319 días para finalizar o ano, 320 nos anos bisestos.

Biblioteca Nacional Central de Florencia

A Biblioteca Nacional Central de Florencia (en italiano Biblioteca Nazionale Centrale dei Firenze) é unha biblioteca pública nacional e unha das dúas bibliotecas centrais de Italia, xunto coa Biblioteca Nacional Central de Roma. Atópase en Florencia.

Charles Edouard Guillaume

Charles-Edouard Guillaume, nado en Fleurier, (Suíza) o 15 de febreiro de 1861 e finado o 13 de maio do 1938, foi un físico suízo.

Estados Confederados de América

Os Estados Confederados de América (en inglés: Confederate States of America (C.S.A.)), tamén chamados a Confederación e Estados Confederados, foi un Estado formado polos once estados meridionais dos Estados Unidos de América entre 1861 e 1865. Como a súa existencia nunca foi recoñecida no plano internacional, a súa fronteira setentrional é incerta, pero ao leste limitaba co océano Atlántico e ao sur tiña fronteira con México e o golfo homónimo. O goberno confederado reclamaba un territorio de 1 995 392 km² e unha poboación de 9 103 332 habitantes, dos cales 3 521 110 eran escravos, segundo o censo de 1860.Sete estados proclamaron a súa secesión dos Estados Unidos antes de que Abraham Lincoln fose investido presidente, catro máis fixeron o mesmo despois de que a guerra civil dos Estados Unidos comezase coa batalla de Fort Sumter. Os Estados Unidos de América ("a Unión") sostivo que a secesión era ilegal e negou o recoñecemento á Confederación. Aínda que os gobernos europeos non recoñeceron oficialmente a creación desta Confederación, o Reino Unido vendeu buques de guerra e abasteceunos de subministracións por intereses comerciais.

Cando Robert E. Lee e outros xenerais confederados se renderon na primavera de 1865, a Confederación colapsouse, finalizando a guerra sen unha posterior guerra de guerrillas. A continuación, produciuse un proceso, bautizado como a Reconstrución, que durou máis dunha década, e que dotou aos escravos liberados de dereitos civís e dereito ao voto, expulsando aos líderes da derrotada Confederación dos seus cargos, e readmitindo aos estados a súa representación no Congreso de forma permanente.

Frederick Gowland Hopkins

Sir Frederick Gowland Hopkins, nado en Eastbourne (Inglaterra) o 20 de xuño de 1861 e finado en Cambridge o 16 de maio de 1947, foi un bioquímico inglés.

Fridtjof Nansen

Fridtjof Wedel-Jarlsberg Nansen, nado en Oslo o 10 de outubro de 1861 e finado en Lysaker, Bærum o 13 de maio de 1930, foi un explorador, científico e diplomático noruegués.

Gabino Bugallal

Gabino Bugallal Araújo, nado en Ponteareas o 19 de febreiro de 1861 e falecido en París o 30 de xuño de 1932, foi un avogado e político galego, conde de Bugallal.

Guerra civil estadounidense

A guerra civil estadounidense (tamén coñecida como guerra de Secesión; en inglés, American Civil War, The Civil War ou War Between the States) ocorreu nos Estados Unidos de América entre 1861 e 1865. Ningunha guerra causou máis mortes de americanos do que a Guerra Civil, que provocou un total de mortos estimado en 970 mil persoas -dos cales 620 mil eran soldados, preto do 3% da poboación americana da época. As causas da guerra civil, o seu desenlace, e aínda os propios nomes da guerra, son aínda motivos de controversia e debate nos días actuais.

A guerra civil estadounidense consistiu na loita entre 11 estados do Sur (latifundista e aristócrata) contra os estados do Norte (industrializado e dedicado a estilos máis modernos de vida). Esta diferenza de modos de vida considerase como unha das causas principais do conflito. Mentres o norte pasaba por un período de expansión económica grazas á industrialización, á protección ao mercado interno e á man de obra libre e asalariada, a economía do sur dependía da exportación de produtos agropecuarios -especialmente do algodón, cuxas exportacións eran a principal fonte de renda destes estados. A agricultura do sur, pola súa banda, dependía moito do uso do traballo escravo.

Ao longo das primeiras décadas do século XIX, a inmigración masiva e a intensa industrialización fixeron que o poder do Norte no goberno crecese económica e politicamente. Desenvolvéronse grandes tensións políticas e sociais entre o Norte e o Sur. En 1860, Abraham Lincoln, un republicano contrario á escravitude, venceu as eleccións presidenciais americanas. Lincoln, ao asumir o posto, alcumou os Estados Unidos "Casa Dividida".

En 1861, ano do inicio da guerra, o país consistía en 19 estados libres, onde a escravitude estaba prohibida, e 15 estados onde a escravitude era permitida. Ata o 4 de marzo, día en que Lincoln asumiu o posto de presidente, 11 estados escravistas declararan a súa separación da Unión, e crearon un novo país, os Estados Confederados de América. A guerra comezou cando forzas confederadas atacaron o Fort Sumter, un posto militar americano en Carolina do Sur, o 12 de abril de 1861, e rematou o 28 de xuño de 1865, coa rendición das últimas tropas da Confederación.

Durante a guerra civil, disputáronse 391 batallas en 28 estados da Unión, deixando un saldo de aproximadamente 620.000 mortos.

A Guerra Civil foi o episodio máis traumático da historia dos Estados Unidos de América. As cicatrices non se pecharon por completo ata o día de hoxe. Tódalas guerras posteriores en que participou Estados Unidos tiveron lugar moi alén das súas fronteiras, pero este conflito devastou o sur e someteu esa rexión á ocupación militar. O país perdeu máis homes nesta guerra que en calquera outra.

A guerra resolveu dous problemas fundamentais que dividiran a Estados Unidos desde 1776: puxo fin á escravitude, que foi completamente abolida pola Emenda 13 da Constitución en 1865; e decidiu, dunha vez por todas, que Estados Unidos non é unha colección de estados semi-independentes senón unha soa nación indivisible. Logo de catro amargos anos de guerra, conservouse a Unión e liberáronse os escravos.

Aínda que a vitoria do norte na Guerra Civil asegurou a integridade de Estados Unidos como nación indivisible, moitas cousas destruíronse no curso do conflito, e o obxectivo secundario da guerra, a abolición do sistema de escravitude, logrouse só de xeito imperfecto. Para os negros, foi unha loita longa e penosa en busca da igualdade. Moitos trasladáronse ás cidades do norte, só para afrontar novas dificultades. Pero un crecente movemento en prol dos dereitos civís continúa traballando en contra de teimudos sistemas sociais e económicos co fin de garantir igualdade de oportunidades para os negros en materia de vivenda, educación e traballo.

Na guerra compuxéronse cancións coma When Johnny Comes Marching Home.

Italia

Italia ( pronunciación ) (en italiano: Italia, [iˈtaːlja] (AFI), escoitar), oficialmente República Italiana ( pronunciación ) (en italiano: Repubblica Italiana), é unha república parlamentaria cuxo territorio está en Europa meridional (99,97%) e no norte de África (0,03%). O territorio europeo confórmano a maior parte da península Itálica, o val do río Po e dúas grandes illas no mar Mediterráneo: Sicilia e Sardeña. O territorio africano fórmano as pequenas illas de Lampedusa, Lampione e Pantelaria.

No norte está flanqueado polo arco alpino onde limita, de leste a oeste, con Eslovenia, Austria, Suíza e Francia. O resto do territorio está circundado polos mares Lígur, Tirreno, Xónico e Adriático. Os pequenos estados da Cidade do Vaticano e San Marino son enclaves dentro do territorio italiano. Á súa vez Campione d'Italia é un concello italiano que forma un pequeno enclave en territorio suízo. A superficie total é de 301.340 km2, cunha poboación de 60,8 millóns de habitantes. A súa capital desde os tempos do Imperio romano é Roma, e foi durante séculos o centro político e cultural da civilización occidental

Ten sido o fogar de moitas culturas europeas coma a civilización de Nuraga, os etruscos, os gregos e os romanos. Despois da caída do Imperio Romano de Occidente, a Italia medieval foi invadida e sometida á dominación de pobos xermánicos coma os Ostrogodos, os Longobardos e os Normandos. Isto non impediu que a Península, coa revitalización comercial das comunas medievais, chegara a se-lo berce do capitalismo. No século XV, coa difusión do Renacemento por toda Europa, convértese no centro cultural do mundo occidental; mais despois das guerras do século XVI cae baixo a soberanía de potencias estranxeiras, coma Francia, España e Austria. Durante o Risorgimento combate pola independencia e pola unidade, ata que en 1861 foi proclamado o Reino de Italia. A ditadura fascista, iniciada en 1922, rematou coa derrota na segunda guerra mundial e a guerra de liberación. En 1946, logo dun referendo institucional, o Estado italiano convértese nunha república parlamentaria regulada pola Constitución de 1948.

No 2014 Italia, oitava potencia económica mundial e cuarta europea, é un país cun elevado nivel de vida: o índice de desenvolvemento humano é moi alto, 0,872, e a esperanza de vida é de 82,4 anos. É membro fundador da Unión Europea, da OTAN, do Consello de Europa e da OCDE; adherido á ONU e ó tratado de Schengen. É ademais membro do G7, do G8 e do G20; participa no proxecto Nuclear Sharing da OTAN, é unha gran potencia rexional europea, capaz de exercer influencia política sobre opcións e decisións de orde extraeuropeo e internacional, e está en novena posición do mundo por gasto militar. En Roma teñen a súa sede numerosas organización internacionais coma a Organización para a Agricultura e a Alimentación, o Fondo Internacional de Desenvolvemento Agrícola, o Glocal Forum ou o Programa Mundial de Alimentos.

Italia posúe o maior número de sitios declarados patrimonio da Humanidade pola UNESCO. É o quinto país do mundo e terceiro da Unión Europea que máis turistas recibe por ano, sendo Roma a terceira cidade máis visitada. Outras cidades importantes son Milán, centro industrial e finaceiro, e, segundo o "Global Language Monitor", a capital da Moda; Turín, centro da industria automobilística e do deseño industrial, Boloña, coa universidade máis antiga do mundo; as cidades históricas de Venecia, Florencia e Nápoles etc.

Rabindranath Tagore

Rabindranath Tagore ( rəˈbindrəˈnɑ:t ˈtɑ:ɡɔr ), nome anglicizado de Rabíndranáth Thákhur (रवीन्द्रनाथ ठाकुर), nado en Calcuta o 7 de maio de 1861 e finado en Calcuta, India, o 7 de agosto de 1941, foi un polímata indio coñecido tamén co nome de Gurudev. Recibiu o Premio Nobel de Literatura no ano 1913.

Reino de Italia (1861-1946)

O Reino de Italia (en italiano, Regno d'Italia) foi o nome asumido o 17 de marzo de 1861 polo estado surxido trala unificación nacional italiana (1848-1870) liderada por Víctor Manuel II que se coroou Rei de Italia en 1861. A creación do Reino de Italia foi o resultado dos esforzos concertados dos nacionalistas italianos e monárquicos leais á Casa de Savoia, reinante ata ese momento no estado predecesor ao Reino de Italia, o Reino de Sardeña, para establecer un reino unido que abarcase toda a península italiana.

Dende 1922 ata 1943 denominase Italia fascista, xa que é a época do goberno do Partido Nacional Fascista entre 1922 e 1943 con Benito Mussolini como xefe de goberno. Precisamente a súa participación na segunda guerra mundial levouno á súa desaparición, despois de celebrarse un referendo en 1946 no que o sistema republicano saliu gañador debido ao descontento civil e ao desprestixio de este durante a guerra. Finalmente o 2 de xuño de 1946 proclamase a República Italiana, a forma de estado que ten Italia hoxe en día.

Baixo a soberanía do Reino de Italia constituiuse un imperio colonial que comprendía amplos dominios en África oriental, en Libia e o Mediterráneo, e tamén en Tianjin, en China (neste caso de maneira compartida con outras nacións europeas e cos Estados Unidos e Xapón).

Ricardo Mella

Ricardo Mella Cea, nado en Vigo o 23 de abril de 1861 e finado o 7 de agosto de 1925 na mesma cidade, foi un dos primeiros escritores, intelectuais e activistas libertarios de España. Caracterizouse por ser un estudoso e crítico de variados temas, así como falante e tradutor de inglés, francés e italiano.

Foi o pai da activista feminista Urania Mella, que fora represaliada polos sublevados na Guerra civil española xunto co seu marido Humberto Solleiro, e tamén do político socialista Ricardo Mella Serrano

Turín

Turín (en italiano: Torino, en piemontés: Turin) é unha cidade do norte de Italia, capital da rexión do Piemonte, situada na beira do río Po e rodeada polos Alpes. Como residencia oficial da Casa de Savoia, foi a antiga capital do Ducado de Savoia entre 1562 e 1718, posteriormente capital de facto do Reino de Sardeña entre 1720 e 1861, finalmente foi a primeira capital de Italia entre 1861 e 1865. Cunha poboación de 909.205 habitantes (2009), na actualidade Turín é un importante centro cultural, industrial e comercial.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.