1857

1857
Calendario gregoriano1857
MDCCCLVII
Ab urbe condita2610
Calendario armenio1306
Calendario chinés4553 – 4554
Calendario hebreo5617 – 5618
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat1912 – 1913
 ·  Shaka Samvat1779 – 1780
 ·  Kali Yuga4958 – 4959
Calendario persa1235 – 1236
Calendario musulmán1274 – 1275
Calendario rúnico2107
Década de 1850
1853 1854 1855 1856 1857 1858 1859 1860 1861

Acontecementos

Nacementos

Mortes

Outros

Historia ano a ano

22 de febreiro

O 22 de febreiro é o 53º día do ano do calendario gregoriano . Quedan 312 días para finalizar o ano, 313 nos anos bisestos.

2 de xuño

O 2 de xuño é o 153º día do ano do calendario gregoriano e o 154º nos anos bisestos. Quedan 212 días para finalizar o ano.

3 de agosto

O 3 de agosto é o 215º día do ano do calendario gregoriano e o 216º nos anos bisestos. Quedan 150 días para finalizar o ano.

7 de maio

O 7 de maio é o 127º día do ano do calendario gregoriano e o 128º nos anos bisestos. Quedan 238 días para finalizar o ano.

9 de agosto

O 9 de agosto é o 221º día do ano do calendario gregoriano e o 222º nos anos bisestos. Quedan 144 días para finalizar o ano.

Afonso XII de España

Afonso XII, alcumado O Pacificador, nado en Madrid o 28 de novembro de 1857 e falecido en El Pardo (Madrid) o 25 de novembro de 1885, foi Rei de España entre 1875 e 1885.

Era fillo da raíña Isabel II e do seu curmán, o príncipe Francisco de Asís de Borbón, aínda que diversas fontes apunta a que o seu proxenitor verdadeiro é o capitán de tenentes Henrique Puig Moltó, coñecido amante da súa nai.

Charles Lucien Bonaparte

Charles Lucien Jules Laurent Bonaparte, coñecido como Charles Lucien Bonaparte, nado en París o 24 de maio de 1803 e finado o 29 de abril de 1857 na mesma cidades, foi un naturalista, político e ornitólogo francés.

Fillo de Lucien Bonaparte e, por tanto, sobriño do emperador Napoleón I, foi príncipe do Imperio en 1815, despois da reconciliación de Lucien e o seu irmán Napoleón, herdou os títulos pontificios de seu pai á morte deste, e foi así o segundo príncipe romano de Canino, de Musignano e Bonaparte en 1840, e príncipe Bonaparte en virtude do estatuto da familia imperial adoptado por Napoleón III.

Charles Scott Sherrington

Sir Charles Scott Sherrington, GBE, nado en Londres, Gran Bretaña, o 27 de novembro de 1857 e finado en Eastbourne, Gran Bretaña, o 4 de marzo de 1952, foi un médico neurofisiólogo británico, premio Nobel de Medicina, que estudou as funcións da cortiza cerebral.

Henrik Pontoppidan

Henrik Pontoppidan, nado en Fredericia o 24 de xullo de 1857 e finado en Copenhaguen o 21 de agosto de 1943, foi un novelista dinamarqués, gañador do Premio Nobel de Literatura en 1917.

Julius Wagner-Jauregg

Julius Wagner Jauregg, nado en Wels, Austria, o 7 de marzo de 1857 e finado en Viena, Austria, o 27 de setembro de 1940, foi un médico austríaco.

Karl Gjellerup

Karl Adolph Gjellerup, nado en Roholte o 2 de xuño de 1857 e finado en Klotzsche o 13 de outubro de 1919, foi un dramaturgo e novelista danés.

L'Abergement-Clémenciat

L'Abergement-Clémenciat é unha vila francesa do departamento do Ain, na rexión de Auvernia-Ródano-Alpes.

A vila actual é froito da fusión das antigas parroquias de L'Abergement e de Clémenciat en 1857.

Pablo Pérez Costanti

Pablo Pérez Costanti Ballesteros, nado en Santiago de Compostela o 2 de decembro de 1857 e finado na mesma cidade o 19 de setembro de 1938, foi un arquiveiro e escritor galego.

Pío XI, papa

Pío XI, nado en Desio o 31 de maio de 1857 e finado en Roma o 10 de febreiro de 1939, foi o 259º papa da Igrexa católica entre 1922 e 1939, bispo de Roma e soberano da Cidade do Vaticano desde 1922 ata a súa morte.

Ronald Ross

Sir Ronald Ross, nado en Almora (India) o 13 de maio de 1857 e finado en Londres o 16 de setembro de 1932, foi un naturalista, médico, matemático, zoólogo, entomólogo escocés, quen relacionou a malaria cos mosquitos.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.