1849

1849
Calendario gregoriano1849
MDCCCXLIX
Ab urbe condita2602
Calendario armenio1298
Calendario chinés4545 – 4546
Calendario hebreo5609 – 5610
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat1904 – 1905
 ·  Shaka Samvat1771 – 1772
 ·  Kali Yuga4950 – 4951
Calendario persa1227 – 1228
Calendario musulmán1265 – 1266
Calendario rúnico2099
Década de 1840
1845 1846 1847 1848 1849 1850 1851 1852 1853

Acontecementos

Arte e cultura

Nacementos

Mortes

Outros

Historia ano a ano

14 de marzo

O 14 de marzo é o 73º día do ano do calendario gregoriano e o 74º nos anos bisestos. Quedan 292 días para rematar o ano.

California

California é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América. Situado na costa norte do océano Pacífico, é o estado máis poboado do país, con máis de 38 millóns de habitantes. É tamén o terceiro maior estado en extensión dos Estados Unidos, por detrás só de Alasca e Texas. California é o maior centro comercial e industrial dos Estados Unidos, así como o líder nacional na produción de produtos agropecuarios.

Das vinte maiores cidades de Estados Unidos, catro están localizadas en California: Os Ánxeles, San Jose, San Diego e San Francisco. A súa capital, Sacramento, tamén é unha gran cidade. A rexión sur ten unha alta densidade de poboación, e alí é onde se localizan as catro maiores cidades do estado, mentres que a rexión norte está menos densamente habitada, e Sacramento é a única gran cidade situada nesa rexión setentrional.

Os españois foron os primeiros en explorar e colonizar a área onde actualmente se sitúa o estado de California e, despois da independencia mexicana, tornou parte de México. Os estadounidenses anexionaron California por volta de 1850, despois dunha guerra con México.

O alcume do estado é The Golden State, é dicir, o "estado dourado". Con todo, a orixe deste nome aínda é tema de discusión. Pode proceder da febre dourada de 1849, cando as minas de ouro atraeron decenas de milleiros de persoas de todo o país á rexión. Outra posibilidade é unha referencia á herba nativa do estado, que adquire unha cor dourada na estación seca. Comunmente, o alcume tamén é unha referencia ao seu clima, quente e soleado durante a maior parte do ano. O nome do estado vén dunha novela (Las sergas de Espladián, As aventuras de Espladián) do século XVI, escrita polo español Garci Rodríguez de Montalvo, onde existía un paraíso chamado California.

Década de 1840

A década de 1840 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1840 e remata o 31 de decembro de 1849.

Edgar Allan Poe

Edgar Allan Poe, (/poʊ/) nado como Edgar Poe o 19 de xaneiro de 1809 en Boston e finado o 7 de outubro de 1849 en Baltimore, foi un novelista, ensaísta, editor e crítico literario estadounidense, coñecido pola súa poesía e as súas historias curtas, en particular os seus contos de misterio e terror. Está amplamente considerado unha das figuras principais do romanticismo escuro nos Estados Unidos e na literatura estadounidense no seu conxunto, e foi un dos primeiros escritores de historias curtas do seu país. Poe considérase xeralmente o inventor do xénero de ficción de detectives e acredítaselle unha contribución ó xénero emerxente da ciencia ficción. Foi o primeiro escritor estadounidense con certa fama en tentar gañarse a vida só coa escritura, pasando por mor disto diversas dificultades económicas na súa vida e carreira profesional.

Ivan Pavlov

Ivan Petrovič Pavlov, nado en Riazan o 14 de setembro de 1849 e finado en San Petersburgo o 27 de febreiro de 1936, foi un médico fisiólogo ruso.

James Knox Polk

James Knox Polk, nado en Pineville (Carolina do Norte) o 2 de novembro de 1795 e finado en Nashville (Tennessee) o 15 de xuño de 1849, foi o undécimo presidente dos Estados Unidos.

Máis coñecido como James Polk, á súa lembranza débese o nome da cidade de Knoxville.

O Regueiro, O Irixo

San Pedro do Regueiro é unha parroquia do concello do Irixo na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 57 habitantes, deles 28 eran homes e 29 eran mulleres, o que supón unha diminución de 3 habitantes en relación ao ano anterior, 2006. É limítrofe con O Regueiro, Boborás.

No Diccionario Madoz (1849) aínda non aparece a parroquia constituída como tal, e varias das súas aldeas dependían da parroquia de Parada de Labiote.

Parada de Labiote, O Irixo

San Xulián de Parada de Labiote é unha parroquia do concello do Irixo na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 210 habitantes (100 homes e 110 mulleres), 14 menos ca en 2006.

O Diccionario Madoz (1849) inclúe tamén varios lugares da parroquia do Regueiro, ao non estar esta aínda constituída: Cerdeira (escrito Cendeira por erro tipográico, actualmente Cerdeira de Arriba e Cerdeira de Abaixo), Espiñeiros (escrito Suspiñeiros) e O Paraño (escrito só Paraño).

República Romana

Para os Estados modernos do mesmo nome, véxase República Romana (1798-1799) e República Romana (1849).

A República Romana (Res Publica Romanorum, en latín) foi o goberno representativo de Roma e os seus territorios dende o ano 510 a.C. ata o establecemento do Imperio Romano no 27 a.C.

Valentín Lamas Carvajal

Valentín Lamas Carvajal, nado en Ourense o 1 de novembro de 1849 e finado na mesma cidade o 4 de setembro de 1906, foi un autor e xornalista galego. No ano 1972 dedicóuselle o Día das Letras Galegas. Entre outros feitos, Lamas realizou dúas iniciativas importantes en relación co xornalismo e coa literatura en lingua galega, contando ambas con moi boa acollida: fundar o primeiro semanario en lingua galega, titulado O Tio Marcos d'a Portela, e publicar o Catecismo do labrego.

Zdravljica

Zdravljica (en esloveno: un brinde) é o himno nacional de Eslovenia dende o 27 de setembro de 1989.

É a sétima estrofa da poesía "Zdravljica", escrita en 1844 por France Prešeren (1800-1849), para a que Stanko Premrl realizou unha composición coral co mesmo nome.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.