1845

1845
Calendario gregoriano1845
MDCCCXLV
Ab urbe condita2598
Calendario armenio1294
Calendario chinés4541 – 4542
Calendario hebreo5605 – 5606
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat1900 – 1901
 ·  Shaka Samvat1767 – 1768
 ·  Kali Yuga4946 – 4947
Calendario persa1223 – 1224
Calendario musulmán1261 – 1262
Calendario rúnico2095
Década de 1840
1841 1842 1843 1844 1845 1846 1847 1848 1849

Acontecementos

Nacementos

Mortes

Outros

Historia ano a ano

16 de agosto

O 16 de agosto é o 228º día do ano do calendario gregoriano e o 229º nos anos bisestos. Quedan 137 días para finalizar o ano.

18 de xullo

O 18 de xullo é o 199º día do ano do calendario gregoriano e o 200º nos anos bisestos. Quedan 166 días para finalizar o ano.

1900

1900 foi o último ano do século XIX e o primeiro da década de 1900.

Abanqueiro, Boiro

San Cristovo de Abanqueiro é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Boiro na comarca do Barbanza. Segundo o IGE en 2011 tiña 1745 habitantes (888 mulleres e 857 homes), 132 menos ca en 1999. Ten 11 entidades de poboación.

En 1845 tiña uns 764 habitantes.

Amadeo I de España

Amadeo I de España, nado en Turín o 30 de maio de 1845 e finado na mesma cidade o 18 de xaneiro de 1890, foi un nobre italiano, príncipe da casa de Savoia, con tratamento de Alteza Real, primeiro duque de Savoia, e chegou a ser rei de España desde 1871 ata 1873 a consecuencia de ser elixido como tal polas Cortes do Sexenio Democrático.

Andrew Jackson

Andrew Jackson, nado en Waxhaw en 1767 e finado en Nashville en 1845, foi o sétimo presidente dos Estados Unidos.

Belfast

Belfast (en irlandés: Béal Feirste) é unha cidade irlandesa, capital de Irlanda do Norte e da provincia do Ulster, a súa maior cidade e a segunda da illa de Irlanda. A súa poboación en 2001 era de 276.459 habitantes e de 579.554 na área metropolitana. A cidade está situada na foz do río Lagan entre montañas.

Belfast sufriu o peor do Conflito de Irlanda do Norte porén desde o Acordo do Venres Santo de 1998 produciuse unha maior modernización da cidade. Ten dous aeroportos, o Aeroporto George Best e o Aeroporto Internacional de Belfast. A Universidade Queens de Belfast fundada en 1845 é a maior da cidade e na Universidade do Ulster, fundada en 1984, pódense cursar belas artes, deseño e arquitectura.

Carl Spitteler

Carl Spitteler, nado en Liestal, Suíza, o 24 de abril de 1845 e finado en Lucerna o 29 de decembro de 1924, é un escritor suízo en lingua alemá.

Charles Louis Alphonse Laveran

Charles Louis Alphonse Laveran, nado en París o 18 de xuño de 1845 e finado en París o 18 de maio de 1922, foi un médico francés, premio Nobel de Medicina en 1907.

Florida, Estados Unidos de América

Florida é un estado da rexión Sur dos Estados Unidos, o máis meridional dos 48 estados nos Estados Unidos continental. Limita, ao norte con Alabama e Xeorxia e ao sur co Estreito de Florida, polo cal fai fronteira con Cuba e Bahamas.

Florida foi inicialmente explorada e colonizada por España. Os españois descubriron Florida na estación da Pascua, que se chama Pascua Florida en castelán, de aí o nome do estado. Florida foi controlada polos españois ata 1819, cando foi anexionada polos Estados Unidos.

Gabriel Lippmann

Gabriel Jonas Lippmann, nado en Bonnevoie o 16 de agosto de 1845 e falecido no océano Atlántico o 13 de xullo de 1921, foi un físico luxemburgués e francés, galardoado co Premio Nobel de Física en 1908 polo seu método de reprodución das cores en fotografía, baseado no fenómeno da interferencia. O seu descubrimento permite a reconstitución íntegra do conxunto das lonxitudes de onda reflectidas por un obxecto.

Ilya Ilyich Mechnikov

Ilya Ilyich Mechnikov, ou en cirílico Илья Ильич Мечников, tamén coñecido como Elías Metchnikoff, nado en Kharkiv o 16 de maio de 1845 e finado en París o 16 de xullo de 1916, foi un microbiólogo ucraíno de orixe xudía, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina en 1908.

José Ogea

José Ogea Otero, as veces José Ojea Otero, nado en Cortegada o 16 de agosto de 1845 e finado no mesmo concello o 3 de decembro de 1909, foi un político e escritor galego, membro numerario da Real Academia Galega desde a súa fundación.

Portland, Oregón

Portland é a maior cidade do estado de Oregón, no noroeste dos Estados Unidos. Situada á beira do río Willamette na súa confluencia co Columbia, é un importante porto fluvial, centro comercial, industrial e de servizos. Conta cunha poboación de seu de 583.776 habitantes (censo de 2010) cunha área metropolitana de máis de dous millóns.

En terras ocupadas durante séculos polos indios chinook e coñecida dos colonos, comerciantes e trampeiros brancos dende 1829 coma The Clearing (unha pequena parada na ruta do noroeste pola costa) foi fundada entre 1843 e 1845 polos pioneiros W. Overton, A. Lovejoy e F.W. Pettygrove, este último natural de Portland (Maine) noutro extremo do país, e por quen foi nomeada.

Creceu coma centro de fornecemento dos buscadores de ouro durante as febres do ouro California (1850) e Alasca (1890). O ferrocarril transcontinental, que a partir de 1880 a conectaba co leste dos Estados Unidos, favoreceu a súa industrialización.

Rjana Łužica

Rjana Łužica (en alto sorabo) e Rědna Łužyca (en baixo sorabo) é o himno nacional dos sorabos de Lusacia. Foi escrito polo poeta Handrij Zejler. A letra foi publicada por vez primeira o 24 de agosto de 1827, na revista de Leipzig Serbska Nowina. A música foi composta en 1845 por Korla Awgust Kocor (alemán: Karl August Katzer).

Santiago Casares Paz

Santiago Casares Paz, nado en Santiago de Compostela en 1845 e finado en Donostia o 23 de xuño de 1920, foi un político galego.

Texas

Texas é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América, o segundo maior estado e o maior estado norteamericano dos Estados Unidos continental. Tamén é o segundo estado máis populoso do país (por detrás de California); con aproximadamente 22 millóns de habitantes, e unha poboación crecendo rapidamente debido á inmigración.

Chámaselle Lone Star State, por causa da estrela solitaria na bandeira. A palabra Texas deriva da palabra indíxena que significa "amigos".

Xeograficamente, Texas é un estado de contrastes. Mentres as partes norte e leste do estado están cubertas por varios ríos, lagos e bosques, que posúen un clima propicio á agricultura, as partes sur e oeste do estado posúen un clima máis árido, desértico en varias rexións. Foron nestas áreas, escasamente poboadas, onde xurdiron os cowboys, coa misión de coidar o gando da rexión e defendelo dos ataques da poboación nativa. Os cowboys tornáronse rapidamente un símbolo do estado, e ata hoxe aínda existen en varias áreas rurais do estado.

Texas foi explorado e colonizado inicialmente polos españois. Pasou ao control mexicano cando México se independizou de España, en 1821. A crecente migración de norteamericanos a Texas fixo que crecesen movementos pro-secesión de Texas do México. En 1836, unha rebelión en El Álamo foi extinguida polos mexicanos, que mataron a todos os norteamericanos participantes desta rebelión - con excepción de algunhas mulleres, meniños e escravos. Xa no mesmo ano, Texas independizouse de México, converténdose nunha república e, nove anos despois, nun estado norteamericano, sendo admitido como o vixésimo oitavo estado norteamericano da Unión en 29 de decembro de 1845.

Actualmente, a economía de Texas posúe un importante papel na economía norteamericana. Inicialmente un estado agropecuario, desde o inicio do século XX a economía do estado diversificouse, e hoxe son as industrias petrolífera e aerospacial, así como o sector financeiro, os que posúen maior importancia na economía de Texas.

Wilhelm Röntgen

Wilhelm Conrad Röntgen, nado en Remscheid o 27 de marzo de 1845 e falecido en Múnic o 10 de febreiro de 1923, foi un físico alemán, coñecido por ser o inventor dos raios X

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.