1843

1843
Calendario gregoriano1843
MDCCCXLIII
Ab urbe condita2596
Calendario armenio1292
Calendario chinés4539 – 4540
Calendario hebreo5603 – 5604
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat1898 – 1899
 ·  Shaka Samvat1765 – 1766
 ·  Kali Yuga4944 – 4945
Calendario persa1221 – 1222
Calendario musulmán1259 – 1260
Calendario rúnico2093
Década de 1840
1839 1840 1841 1842 1843 1844 1845 1846 1847

Acontecementos

África

  • 12 de maio - Os británicos anexionan Natal á Provincia do Cabo. Os boers emprenden un segundo trek, cruzando as montañas de Drakensberg.

América do Sur

Oceanía

Europa

Arte e cultura

Ciencia e tecnoloxía

  • Astrofotografía : daguerrotipos do espectro solar tomados por Draper.
  • O astrónomo alemán Samuel Schwabe descobre o ciclo das manchas solares.
  • O físico británico James Prescott Joule descobre experimentalmente o equivalente mecánico da calor.
  • O escocés James Nasmyth inventa o martelo mecánico a vapor.
  • Invención da maquina de escribir por Charles Thurber.
  • O químico sueco Carl Gustav Mosander descobre o elemento químico erbio.

Nacementos

Mortes

Outros

Historia ano a ano

1920

1920 foi Ano Santo Xacobeo.

21 de maio

O 21 de maio é o 141º día do ano do calendario gregoriano e o 142º nos anos bisestos. Quedan (224) días para finalizar o ano.

Bertha von Suttner

Bertha Felicitas Sophie, nada co nome de Kinsky von Chinic und Tettau en Praga o 9 de xuño de 1843 e finada en Viena o 21 de xuño de 1914, foi unha pacifista e escritora austrohúngara.

Camillo Golgi

Bartolomeo Camillo Emilio Golgi, nado en Corteno Golgi (Italia) o 7 de xullo de 1843 e finado en Pavía o 21 de xaneiro de 1926, foi un médico e citólogo italiano.

Charles Albert Gobat

Charles Albert Gobat, nado o 21 de maio de 1843 e finado o 16 de marzo de 1914, foi un avogado, administrador educativo e político suízo, que recibiu, xunto co Élie Ducommun, o Premio Nobel da Paz de 1902, por súa lideranza na Oficina Internacional pola Paz, a máis antiga federación pola paz do mundo.

Cherrueix

Cherrueix (en bretón: Kerruer, en galó: Chaéruér) é unha comuna francesa do departamento de Ille e Vilaine, na Bretaña.

Louis Renault

Louis Renault, nado en Autun o 21 de maio de 1843 e falecido en Barbizon o 8 de febreiro de 1918, foi un xurista e educador francés. En 1907, xunto con Ernesto Teodoro Moneta, gañou o Premio Nobel da Paz.

Marcelo Macías

Marcelo Macías García, nado en Astorga o 1 de xullo de 1843 e finado en Ourense o 8 de marzo de 1941, foi sacerdote, profesor e doutor en filosofía e letras, arqueólogo e numismático.

Portland, Oregón

Portland é a maior cidade do estado de Oregón, no noroeste dos Estados Unidos. Situada á beira do río Willamette na súa confluencia co Columbia, é un importante porto fluvial, centro comercial, industrial e de servizos. Conta cunha poboación de seu de 583.776 habitantes (censo de 2010) cunha área metropolitana de máis de dous millóns.

En terras ocupadas durante séculos polos indios chinook e coñecida dos colonos, comerciantes e trampeiros brancos dende 1829 coma The Clearing (unha pequena parada na ruta do noroeste pola costa) foi fundada entre 1843 e 1845 polos pioneiros W. Overton, A. Lovejoy e F.W. Pettygrove, este último natural de Portland (Maine) noutro extremo do país, e por quen foi nomeada.

Creceu coma centro de fornecemento dos buscadores de ouro durante as febres do ouro California (1850) e Alasca (1890). O ferrocarril transcontinental, que a partir de 1880 a conectaba co leste dos Estados Unidos, favoreceu a súa industrialización.

Reinado de Isabel II de España

O reinado de Isabel II é o período da historia contemporánea de España comprendido entre a morte de Fernando VII en 1833 e o triunfo da Revolución de 1868, que obrigou á raíña a marchar ao exilio. O seu reinado está dividido en dúas grandes etapas: a minoría de idade (1833-1843) durante a que asumiron a rexencia, primeiro a súa nai María Cristina de Borbón e, despois, o xeneral Baldomero Espartero; e o reinado efectivo que comeza coa declaración polas Cortes en 1843 da maioría de idade da raíña adiantada aos trece anos. Ao longo do seu reinado produciuse a configuración do Estado liberal en España.

Tras a morte de Fernando VII o 29 de setembro de 1833, a súa dona María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias asumiu a rexencia co apoio dos liberais, en nome da súa filla e futura raíña, Isabel II. O conflito co seu cuñado, Carlos María Isidro de Borbón, que aspiraba ao trono en virtude dunha pretendida vixencia da Lei Sálica —xa derogada por Carlos IV e o propio Fernando VII— levaron ao país á Primeira Guerra Carlista.

Tras a breve rexencia de Espartero que sucedeu á rexencia de María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias, Isabel II foi proclamada maior de idade con so trece anos por resolución das Cortes Xerais en 1843. Así comezou o reinado efectivo de Isabel II que soe dividirse en catro períodos: a década moderada (1844-1854); o Bienio Progresista (1854-1856); a etapa dos gobernos da Unión Liberal (1856-1863) e a crise final (1863-1868).

O reinado de Isabel II caracterizouse por un intento modernizador de España que se viu contido, porén, polas tensións internas dos liberais, a presión que seguiron exercendo os partidarios do absolutismo máis ou menos moderado, os gobernos totalmente influídos polo estamento militar e o fracaso final ante as dificultades económicas e a decadencia da Unión Liberal que levaron a España á experiencia do Sexenio Democrático. Tamén influíu moito no seu reinado a súa propia personalidade, sen dotes para o goberno e controlada en todo momento polas Cortes, especialmente pola súa propia nai, e tamén polos xenerais Narváez, Espartero e O'Donnell, o que impedíu que se consolidase o tránsito do Antigo Réxime ao Estado Liberal, polo que España chegou ao último terzo do século XIX en condicións desfavorables respecto a outras potencias europeas.

Robert Koch

Robert Koch, nado o 11 de decembro de 1843 en Clausthal e finado o 27 de maio de 1910 en Baden-Baden, foi un médico alemán. É celebre por descubrir a bacteria responsábel da tuberculose que leva o seu nome: «bacilo de Koch». É un dos fundadores da bacterioloxía. Recibiu o Premio Nobel de Medicina no ano 1905.

Terbio

O terbio é un elemento químico da táboa periódica con símbolo Tb, sólido metálico de cor branca e brillo prateado. O seu número atómico é 65, cunha masa atómica de 158,9.

Ten unha densidade de 8,3 g/cm³, cun punto de fusión de 1.360 °C e un punto de ebulición de 3.041 °C. É un metal de transición interna da familia dos lantánidos. Este elemento químico foi descuberto por Carl Gustaf Mosander en 1843 e illado por Georges Urbain en 1905. Atópase habitualmente coma óxido nas terras raras. Forma sales trivalentes de cor branco con solucións incoloras.

William McKinley

William McKinley, nado en Ohio o 29 de xaneiro de 1843 e finado en Buffalo o 14 de setembro de 1901, foi o vixésimo quinto presidente dos Estados Unidos de 1897 a 1901.

Foi presidente durante a Guerra Hispano-Estadounidense de 1898. Co seu mandato comezou un período de dominio do Partido Republicano, durante o cal se fomentou a actividade mercantil e Estados Unidos converteuse nunha potencia mundial tras a súa vitoria na guerra contra España polas últimas colonias de Ultramar.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.