1841

1841
Calendario gregoriano1841
MDCCCXLI
Ab urbe condita2594
Calendario armenio1290
Calendario chinés4537 – 4538
Calendario hebreo5601 – 5602
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat1896 – 1897
 ·  Shaka Samvat1763 – 1764
 ·  Kali Yuga4942 – 4943
Calendario persa1219 – 1220
Calendario musulmán1257 – 1258
Calendario rúnico2091
Década de 1840
1837 1838 1839 1840 1841 1842 1843 1844 1845

Acontecementos

Nacementos

Mortes

Outros

Historia ano a ano

1909

1909 foi Ano Santo Xacobeo.

América Central

América Central ( pronunciación ), tamén chamada Centroamérica, é unha rexión que se atopa no extremo sur de América do Norte e que ás veces é definido como un subcontinente de América. Esta rexión limita con México polo norte, Colombia polo sueste, o mar Caribe polo leste e o océano Pacífico polo oeste e o sur. América Central componse de sete países: Belize, Costa Rica, O Salvador, Guatemala, Honduras, Nicaragua e Panamá. A poboación combinada de América Central estímase entre 41 739 000 (estimacións de 2009) e 42 688 190 (estimacións de 2012).América Central forma parte do punto quente de biodiversidade de Mesoamérica, que se estende dende o norte de Guatemala até o centro de Panamá. Por mor da presenza de diversas fallas xeolóxicas activas e do arco volcánico centroamericano, existe unha grande actividade sísmica na rexión, como erupcións volcánicas e terremotos, que resultaron en mortes, feridos e danos á propiedade.

Na era precolombiana, América Central estaba habitada por pobos indíxenas de Mesoamérica no norte e no oeste e por pobos do istmo colombiano no sur e no leste. Despois das viaxes da expedición de Cristovo Colón a América, España comezou a colonizar América. Dende 1609 até 1821, a maioría dos territorios de América Central (agás os dos futuros Belize e Panamá, e incluíndo o moderno estado mexicano de Chiapas) estaban gobernados polo vicerreinado de Nova España dende Cidade de México como Capitanía Xeneral of Guatemala. O 24 de agosto de 1821, o vicerrei español Juan O'Donojú asinou os Tratados de Córdoba, que estabeleceron a independencia de Nova España respecto de España. O 15 de setembro de 1821, promulgouse a Acta de Independencia de América Central para anunciar a separación de América Central do Imperio Español e prever o estabelecemento dun novo estado de América Central. Algunhas das provincias de Nova España na rexión de América Central (como as que se converterían en Guatemala, Honduras, O Salvador, Nicaragua e Costa Rica) foron anexionadas ó Primeiro Imperio Mexicano; porén, en 1823 separáronse de México para formar a República Federal de América Central, que durou até o ano 1838.

En 1838, Nicaragua, Honduras, Costa Rica e Guatemala convertéronse nos primeiros estados de América Central en ser independentes, seguidos por O Salvador en 1841, Panamá en 1903 e Belize en 1981.

Eduardo VII do Reino Unido

Eduardo VII do Reino Unido (en inglés: Albert Edward) (9 de novembro de 1841 – 6 de maio de 1910) foi Rei do Reino Unido, rei de 15 países da Commonwealth e Emperador da India. Fillo primoxénito da Raíña Vitoria, Eduardo VII foi o primeiro monarca británico da Casa de Saxonia-Coburgo e Gotha. Reinou do 22 de xaneiro de 1901 até a súa morte, o 6 de maio de 1910.

Antes de súa ascensión ao trono, Eduardo foi Príncipe de Gales e é coñecido por ter sido, ata que Carlos de Inglaterra superou a súa marca, o herdeiro do trono durante máis tempo que ninguén en toda a historia británica. O seu reinado viu o primeiro recoñecemento oficial do oficio de primeiro ministro. Converteuse no primeiro monarca británico en visitar Rusia (1908).

Foi sucedido polo seu fillo, Xurxo V do Reino Unido.

Emil Theodor Kocher

Emile Theodor Kocher, nado en Burgdorf, (Cantón de Berna) o 25 de agosto de 1841 e finado en Berna o 27 de xullo de 1917, foi un médico suízo.

Gregorio XVI, papa

Bartolomeo Alberto Cappellari Pagani Gesa , nado en Belluno, Italia, o 18 de setembro de 1765 e finado en Roma o 1 de xuño de 1846, foi Sumo Pontífice, bispo de Roma, soberano dos Estados Pontificios e 254º papa da Igrexa católica dende o 2 de febreiro de 1831 ata a súa morte en 1846.

Himno de Suíza

O Himno de Suíza, tamén coñecido como Cántico Suízo (en alemán: Schweizerpsalm, en francés: Cantique suisse, en italiano: Salmo Svizzero, en romanche: Psalm svizzer) é o himno nacional de Suíza.

A historia do actual himno nacional suízo data de 1841, cando o himno foi composto polo monxe cisterciense da abadía de Wettingen Alberik Zwyssig (1808-1854). Desde entón o himno foi cantado frecuentemente en eventos nacionais. En 1961 foi admitido provisionalmente, ata que foi declarado himno oficial da Confederación o 1 de abril de 1981.

José Antonio Parga Sanjurjo

José Antonio Parga Sanjurjo, nado en Piantón (A Veiga) o 11 de febreiro de 1841 e finado en Viveiro o 12 de setembro de 1917, foi un avogado, xuíz e escritor galego.

Lista de presidentes dos Estados Unidos de América

O Presidente dos Estados Unidos é o xefe de estado dos Estados Unidos de América. Baixo a Constitución estadounidense, o Presidente é tamén o xefe do Goberno Federal dos Estados Unidos e o comandante en xefe das Forzas Armadas dos Estados Unidos de América

Os poderes do Presidente dos Estados Unidos son amplos. Ademais de ser a cabeza do poder executivo do goberno federal, que inclúe ó redor de 4 millóns de funcionarios, entre elas un millón de persoal militar en servizo activo, ten importantes funcións nas áreas lexislativa e xudicial.

É, ademais, o encargado das relacións internacionais do país.

A elección do presidente dos Estados Unidos de América ten unha importancia crucial, xa que afecta directa ou indirectamente a todo o mundo. Unha lexislatura dura 4 anos, reelixible.

Manlleu

Manlleu é un municipio español da provincia de Barcelona, en Cataluña. Pertence á comarca de Osona. Ten unha poboación de máis de 20.000 habitantes e unha superfície de 17,2 km².

O río Ter definiu os límites da paisaxe do término así como o seu desenvolvemento urbano.

A creación do Canal industrial de Manlleu entre os anos 1841 e 1848 impulsou o inicio do desenvolvemento económico da comarca. A actividade industrial, que ocupa preto dun 60% da poboación activa, forxou a personalidade da poboación durante máis de 150 anos.

Naturalista

Naturalista é a denominación coa que se coñeceu aos investigadores que realizaron estudos sobre ciencias naturais ou historia natural desde os séculos XVII ao XIX, aínda que o interese pola descrición da natureza e o seu estudo estímase que se remonta á Grecia clásica.

Desde o século XX é a denominación coa que se designa aos científicos de campo dedicados á investigación e estudo da natureza e protección do ambiente.

Policarpo Sanz

José Policarpo Sanz Souto, nado en Marín o 25 de xaneiro de 1841 e finado en Nova York en 1889, foi un industrial e mecenas galego.

William Henry Harrison

William Henry Harrison, alcumado Old Tippecanoe, nado o 9 de febreiro de 1773 en Charles City (Colonia de Virxinia) e finado o 4 de abril de 1841 en Washington, D.C., foi o noveno presidente dos Estados Unidos.

Morreu tan só trinta días despois de xurar o cargo presidencial sen roupa de abrigo en pleno inverno tras un longo proceso de pneumonía.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.