1830

1830
Calendario gregoriano1830
MDCCCXXX
Ab urbe condita2583
Calendario armenio1279
Calendario chinés4526 – 4527
Calendario hebreo5590 – 5591
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat1885 – 1886
 ·  Shaka Samvat1752 – 1753
 ·  Kali Yuga4931 – 4932
Calendario persa1208 – 1209
Calendario musulmán1246 – 1247
Calendario rúnico2080
Década de 1830
1826 1827 1828 1829 1830 1831 1832 1833 1834

Acontecementos

Arte e literatura

Nacementos

Mortes

Outros

Historia ano a ano

Frédéric Mistral

Frédéric Mistral, nado en Maillane (Provenza) o 8 de setembro de 1830 e finado o 25 de marzo de 1914, foi un escritor e lexicógrafo francés en lingua occitana, membro fundador do Félibrige, membro da Academia de Marsella e Premio Nobel de literatura en 1904.

Isabel II de España

Isabel II de España ou de Borbón, nada en Madrid o 10 de outubro de 1830 e finada en París o 9 de abril de 1904, foi raíña de España dende 1833 até 1868.

Paul von Heyse

Paul Johann Ludwig von Heyse, nado en Berlín o 15 de marzo de 1830 e falecido en Múnic o 2 de abril de 1914, foi un escritor alemán.

Estudou linguas clásicas na Universidade de Berlín coa idea de ser profesor de filoloxía; pero o éxito de L'Arrabbiata 1855, levouno a dedicarse á literatura.

Foille concedido o Premio Nobel de Literatura en 1910. Durante a súa estadía en Berlín foi membro do grupo poético Tunnel über der Spree, e en Múnic forma parte do grupo Krokodil, cidade onde morreu o 2 de abril de 1914.

Pío VIII, papa

Pio VIII (Cingoli, Italia, 20 de novembro de 1761 - Roma, 30 de novembro de 1830), papa da Igrexa católica entre 1829 e 1830.

O seu nome era Francisco Saverio Castiglioni e nacera no seo dunha familia nobre. Instruído en Dereito Canónico e Teoloxía, vicario xeral en Anagni e Fano. Consagrado bispo de Montalto (1800) por Pío VII, instou a este, trala súa ruptura con Napoleón, a permanecer firme na defensa dos dereitos da Santa Sé. Tal actitude lle valería, por parte do Emperador, o desterro e a persecución. Máis tarde foi nomeado cardeal, bispo de Cesena (1816), de Frascati (1821) e Gran Penitenciario da Curia Pontificia. En Roma, secundou as iniciativas do cardeal Consalvi, ó que manifestou sempre unha grande admiración.

O seu ascenso ó Pontificado tivo lugar no conclave que seguiu ó falecemento de León XII. Elixido o 31 de marzo de 1829, nos seus actos iniciais proseguiu en diversos aspectos a obra do seu predecesor: ataques contra as correntes liberais e racionalistas, represión do carbonarismo, fomento e impulso da obra misional, prudencia ante os movementos de emancipación civil e política dos católicos en Gran Bretaña, Bélxica e Polonia. A súa defensa da orde constituída e da Europa da Santa Alianza non impediu, porén, o seu asine repulsa ante os intentos de Federico Guillerme III de Prusia de somete-los matrimonios mixtos, celebrados nas súas estados católicos, a unha lexislación protestante, que prescribía o que os fillos lexítimos de tales matrimonios habían de ser educados na relixión paterna. Polo breve Litteris altero abhinc armo, do 25 de marzo de 1830, manifestou que na celebración dos matrimonios mixtos nos que a educación católica dos futuros fillos non estivese previamente establecida, os prelados só permitirían a asistencia pasiva do sacerdote. No seu Traditi humiliati condenou o indiferentismo relixioso, o xansenismo e as sociedades segredas. A Revolución de xullo de 1830, en Francia contra Carlos X provocou nunha vaga de violento anticlericalismo. Pio VIII recoñeceu a Monarquía liberal de Luís Filipe de Orleans e ordenou ó episcopado francés a submisión á nova orde política. Aprobou as resolucións do Concilio de Baltimore. O Pontífice tratou tamén de mellora-la administración temporal dos dominios da Santa Sé e de mellora-las condicións de vida das clases máis humildes.

Simón Bolívar

Simón Bolívar ( pronunciación ), nado en Caracas o 24 de xullo de 1783 e finado en Santa Marta (Colombia) o 17 de decembro de 1830, foi un líder político suramericano. Loitou pola independencia dos territorios baixo o dominio español que hoxe forman Venezuela, Colombia, Ecuador, Perú, Panamá e Bolivia. Reverenciado hoxe como heroe nestes países e tamén en case todo o resto da América Latina xunto con José de San Martín.

XVI
 
XVII
 
XVIII
 
Século XIX
 
XX
 
XXI
 
XXII
Década de 1900
Década de 1890
Década de 1880
Década de 1870
Década de 1860
Década de 1850
Década de 1840
Década de 1830
Década de 1820
Década de 1810
Década de 1800

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.