1822

1822
Calendario gregoriano1822
MDCCCXXII
Ab urbe condita2575
Calendario armenio1271
Calendario chinés4518 – 4519
Calendario hebreo5582 – 5583
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat1877 – 1878
 ·  Shaka Samvat1744 – 1745
 ·  Kali Yuga4923 – 4924
Calendario persa1200 – 1201
Calendario musulmán1238 – 1239
Calendario rúnico2072
Década de 1820
1818 1819 1820 1821 1822 1823 1824 1825 1826

Acontecementos

América

Gran marical de ayacucho
Sucre, vencedor en Pichincha

Europa

Ciencia e tecnoloxía

  • 7 de abril - Fúndase en Buenos Aires a Sociedade de Ciencias Físicas e Matemáticas.
  • 6 de xuño - Charles Graham patenta por primeira vez unha dentadura postiza.

Nacementos

Mortes

Outros

Historia ano a ano

1900

1900 foi o último ano do século XIX e o primeiro da década de 1900.

Bandeira do Brasil

A bandeira do Brasil (coñecida co sobrenome de Auriverde) está formada por un rectángulo verde de proporción 7:10. Sobre este rectángulo, aparece un rombo amarelo, e dentro deste, un círculo azul cunha banda branca contén o lema "Ordem e Progresso" en cor verde, así como 27 estrelas de cor branca.

Carcacía, Padrón

San Pedro de Carcacía é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Padrón, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 785 habitantes (360 homes e 425 mulleres). Ten unha extensión aproximada de 1,5 km², e por ela pasa o río Ulla.

Foi concello independente entre 1822 e 1834.

Eduardo Chao

Eduardo Chao Fernández, nado en Ribadavia o 6 de novembro de 1822 e finado en Madrid o 21 de decembro de 1887, foi un xeólogo, naturalista, xornalista, historiador e político galego do Partido Democrático.

Frédéric Passy

Frédéric Passy, nado en París o 20 de maio de 1822 e finado en Neuilly-sur-Seine o 12 de xuño de 1912, foi un economista francés que recibiu o Premio Nobel da Paz en 1901 xunto con Henri Dunant.

Imperio do Brasil

O Imperio do Brasil foi o Estado brasileiro existente entre 1822 e 1889, sendo o seu sistema político unha monarquía constitucional parlamentarista rexido pola constitución do Imperio do Brasil de 1824, a primeira do país. A cabeza do goberno era o Emperador, pertencente á coñecida como Casa Imperial do Brasil, unha ramificación da Casa de Bragança.

Les Corts

Les Corts é un distrito da cidade de Barcelona, en Cataluña. Limita coa cidade de l'Hospitalet de Llobregat ó sur e co distrito de Sants-Montjuïc, ó norte co distrito de Sarrià-Sant Gervasi, ó leste con l'Eixample e ó leste cos concellos de Esplugues de Llobregat e Sant Just Desvern.

O actual distrito corresponde en parte co concello de Les Corts de Sarrià, independente entre 1822 e 1897, cando pasa a pertencer a Barcelona.

Louis Pasteur

Louis Pasteur, nado en Dole (departamento do Jura) o 27 de decembro de 1822 e finado o 28 de setembro de 1895, foi un químico francés cuxos descubrimentos tiveron enorme importancia en diversos campos das ciencias naturais, sobre todo na química e microbioloxía. A el débese a técnica coñecida como pasteurización. A través de experimentos refutou definitivamente a teoría da xeración espontánea e desenvolveu a teoría xerminal das enfermidades infecciosas. Polos seus traballos é considerado o pionero da microbioloxía moderna, iniciando a chamada «Idade de Ouro da Microbioloxía».

Aínda que a teoría microbiana foi moi controvertida nos seus inicios, hoxe en día é fundamental na medicina moderna e a microbioloxía clínica e conduciu a innovacións tan importantes como o desenvolvemento das vacinas, os antibióticos, a esterilización e a hixiene como métodos efectivos de cura e prevención contra a propagación das doenzas infecciosas. Esta idea representa o inicio da medicina científica, ao demostrar que a enfermidade é o efecto visible (signos e síntomas) dunha causa que pode ser buscada e eliminada mediante un tratamento específico. No caso das enfermidades infecciosas, débese buscar o xerme causante de cada enfermidade para achar un modo de combatelo.

As súas contribucións na química orgánica foron o descubrimento do dimorfismo do ácido tartárico, ao observar ao microscopio que o ácido racémico presentaba dous tipos de cristal, con simetría especular. Foi xa que logo o descubridor das formas dextroxiras e levoxiras que desviaban o plano de polarización da luz co mesmo ángulo pero en sentido contrario.

Rutherford Birchard Hayes

Rutherford B. Hayes, nado o 4 de outubro de 1822 e finado o 17 de xaneiro de 1893, foi o 19º presidente dos Estados Unidos, dende 1877 a 1881.

Ulysses S. Grant

Ulysses Simpson Grant, nado o 27 de abril de 1822 e finado o 23 de xullo de 1885, foi o decimoitavo presidente dos Estados Unidos, entre 1869 e 1877.

Ulysses Grant foi xeneral da Unión durante a guerra de secesión.

William Herschel

Friedrich Wilhelm Herschel, nado en Hannover o 15 de novembro de 1738 e finado en Slough (Berkshire) o 25 de agosto de 1822, foi un astrónomo alemán, descubridor do planeta Urano e doutros numerosos obxectos celestes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.