1813

1813
Calendario gregoriano1813
MDCCCXIII
Ab urbe condita2566
Calendario armenio1262
Calendario chinés4509 – 4510
Calendario hebreo5573 – 5574
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat1868 – 1869
 ·  Shaka Samvat1735 – 1736
 ·  Kali Yuga4914 – 4915
Calendario persa1191 – 1192
Calendario musulmán1228 – 1229
Calendario rúnico2063
Década de 1810
1809 1810 1811 1812 1813 1814 1815 1816 1817

Acontecementos

Nacementos

Mortes

Outros

Historia ano a ano

Asiria

Asiria foi un país da antigüidade situado no suroeste asiático na antiga Mesopotamia, no val do río Tigris cuxos límites foron: ó norte das montañas de Armenia, ó sur Caldea (Babilonia), ó leste a Media e ó oeste Mesopotamia.

A cidade máis importante achábase ás beiras do Tigris, ó lado do templo da súa principal divindade Assur; a cidade tamén se chamaba Assur ou El-Assur e o país tomou o mesmo nome denominándose Asiria. Outras cidades importantes foron Nínive, Harran, Nimrud, Dur-Sarrukîn (actualmente chamada Khorsabad). A civilización asiria é moi antiga. Así o confirman os achados arqueolóxicos que apareceron entre as dunas de Nimrud e Khorsabad.

Christoph Martin Wieland

Christoph Martin Wieland (nado o 5 de setembro de 1733 en Oberholzheim; morto o 20 de xaneiro de 1813 en Weimar), foi un poeta, tradutor e editor alemán da época do Aufklärung.

Wieland foi, con Gotthold Ephraim Lessing e Georg Christoph Lichtenberg, un dos escritores con máis capacidade de reflexión mo ámbito de lingua alemá da época e o máis vello dos representantes do cuarteto de Weimar, que compuxo con Johann Gottfried Herder, Johann Wolfgang von Goethe e Friedrich Schiller).

Giuseppe Verdi

Giuseppe Fortunino Francesco Verdi, máis coñecido como Giuseppe Verdi (pronuncia italiana [d͡ʒuˈzɛppe ˈverdi] (AFI)), nado en Roncole (Busseto) o 10 de outubro de 1813 e finado en Milán o 27 de xaneiro de 1901, foi un compositor italiano. A súa obra supón a culminación de toda a tradición operística italiana. A súa obra e a súa persoa foron, ademais, un símbolo na loita pola unificación do país. Grande amante de Shakespeare, tres das súas obras (Macbeth, Otello ou Falstaff) están baseadas en obras do escritor inglés.

Tras uns irregulares inicios, Verdi alcanza madurez e popularidade na súa segunda etapa, e o seu afán por narrar con continuidade e precisión as historias vaino aproximando ás teorías de Richard Wagner. Rigoletto é un bufón dun nobre que ten unha dobre vida: facer rir a xente (pública) e protexer a súa filla (privada). En La traviata (baseada en A dama das camelias de Alexandre Dumas (fillo)) estabelece unhas fondas relacións psicolóxicas entre os personaxes: Violeta Valéry (moza mantida) e Alfredo Germont (o seu namorado, un mozo da alta sociedade).

Foi un símbolo da unificación italiana, moitas das súas óperas tiñan un contexto político, na estrea de Nabucco, cando os escravos hebreos cantaban o coro “Va pensiero” os asistentes identificáronos co pobo italiano dominado por Austria, o que provocou unha certa axitación. Berrar “Viva Verdi!” era berrar “Viva Vittorio Emmanuele Re D’Italia!”.

Il signor Bruschino

Il signor Bruschino, ossia Il figlio per azzardo (en galego O señor Bruschino, ou o fillo por azar) é unha ópera nun acto con música de Gioachino Rossini e libreto en italiano de Giuseppe Maria Foppa baseado na obra teatral cómica francesa Le fils par hasard, ou ruse et folie de Alissan de Chazet e E.T.M. Ourry. A súa estrea tivo lugar o 27 de xaneiro de 1813 no Teatro San Moisè de Venecia.

Esta ópera rara vez se representa na actualidade, aparecendo nas estatísticas de Operabase con só 8 representacións no período 2005-2010, sendo a 76ª en Italia e a 10ª de Rossini.

Joseph Louis Lagrange

Joseph Louis Lagrange, nado en Turín o 25 de xaneiro de 1736 e finado en París o 10 de abril de 1813, foi un matemático, físico e astrónomo italiano que despois viviu en Prusia e Francia.

Lagrange traballou para Federico II de Prusia, en Berlín, durante vinte anos. Demostrou o teorema do valor medio ou teorema de Lagrange, desenvolveu a mecánica lagrangiana e tivo unha importante contribución en astronomía.

La scala di seta

La scala di seta (en galego A escada de seda) é unha farsa nun acto con música de Gioachino Rossini e libreto en italiano de Giuseppe Maria Foppa. A súa estrea tivo lugar no Teatro San Moisè de Venecia o 22 de maio de 1813.

Esta ópera é pouco representada, aparecendo nas estatísticas de Operabase con só 4 representacións no período 2005-2010.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.