1803

1803
Calendario gregoriano1803
MDCCCIII
Ab urbe condita2556
Calendario armenio1252
Calendario chinés4499 – 4500
Calendario hebreo5563 – 5564
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat1858 – 1859
 ·  Shaka Samvat1725 – 1726
 ·  Kali Yuga4904 – 4905
Calendario persa1181 – 1182
Calendario musulmán1218 – 1219
Calendario rúnico2053
Década de 1800
1799 1800 1801 1802 1803 1804 1805 1806 1807

Acontecementos

Rusia

  • O tsar Alexandre I anexiona o territorio de Xeorxia aproveitando a morte de Xurxo XII, que no 1799 conseguira do tsar Paulo I o seu recoñecemento como rei. O tsar nomea gobernador a Tzitziánov, e este responde expulsando a familia real. O longo deste mesmo ano iniciase a colonización da península de Alasca (na América do Norte) que fora explorada por trampeiros tempos atrás.

Suíza

  • Napoleón Bonaparte promulga a Acta de Mediación para este país, unha nova Constitución que asegura os 19 cantóns unha ampla soberanía, o tempo que respecta o débil poder central. A acta foi aprobada un 19 de febreiro e resultaba un paso máis para o establecemento dun auténtico Estado federal. A Constitución levaría consigo a restauración case completa dos 13 cantóns de antes de 1798 (con excepción de Xenebra e Mulhouse -este derradeiro, correspondente a Francia-) e a creación de 6 novos cantóns. Sumase a todo isto unha solución federalista, que deixa a cada cantón o seu réxime, cunha Dieta federal para a política exterior, que sería anulada no 1813.

Alemaña

  • O 25 de febreiro ocorre na rexión de Frankfurt e derrubamento do Sacro Imperio Xermánico. Para indemniza-los príncipes alemans despoxados da beira esquerda do río Rhin polo tratado de Luneville, vólvense a distribuír os 300 Estados alemáns, orixinados no tratado de Westfalia (do ano 1648) que ía favorecer os principados eclesiásticos, na contra das cidades libres e dos pequenos señoríos. En total, menos de 40 Estados, entre os que estaban, Prusia, Baviera, Wurtemberg, Baden, Hesse-Darmstadt, Nassau e Saxonia.
  • O 23 de marzo a deputación do Reich confirma a aprobación da resolución tratada o 25 de febreiro cunhas lixeiras reformas que, na práctica, fai desaparece definitivamente o Sacro Imperio. A aprobación faise na cidade de Ratisbona e, aínda que foi elaborado en Francia, ten como medida inmediata a redución do número de estados alemáns; o número de cidades libres limitase a seis (noutrora eran 51) e secularizase os estamentos eclesiásticos do imperio. Ca reorganización do Reich como consecuencia directa das guerras nas que os príncipes alemáns foran derrotados polo franceses. O único príncipe eclesiástico que se mantén é o de Maguncia que se ve na obriga de traslada-la súa sede a Ratisbona. En termos xerais o acordo favorece os príncipes protestantes a vez que vai na contra dos católicos.

India

  • Durante a guerra maratha, provocada polo tratado de Bassein (asinado o 31 de decembro 1802), no que se estende o protectorado inglés sobre o Oeste do Decán. Os marathas, axudados polos franceses, son derrotados por Lake en Delhi no setembro, en Assaye 23 de setembro por Wellington e no Lasvari en novembro. Pero novas vitorias británicas ocorridas nos anos 1817/18, logran por fin a influencia francesa.

Irlanda

  • O 23 de xullo un movemento de emancipación dos católicos e para a independencia da corona inglesa leva a cabo unha insurrección, capitaneada por Rober Emmet, contra a Acta de Unión elaborada por Castlereagh e proclamada polo Parlamento de Dublín en xuño de 1800. Trátase dun documento promovido por Pitt no que se establecía unha unión parlamentaria entre Gran Bretaña e Irlanda e que constituía unha resposta política os alzamentos independentistas e republicanos de 1798, que contaran coa axuda de Francia, cuxo continxente desembarcado en Killala foi rapidamente capturado e a revolta estendeuse. Tralo fracaso da revolta o movemento pola independencia e a emancipación dos católicos volveu a cobrar auxe cara o 1815 baixo o liderado de Daniel O'Connell. Este contribuíu eficazmente dende o parlamento, na consecución da emancipación do católicos do 1829, aínda que tódolos seus intentos de consegui-la revogación da Acta de Unión non foron frutíferos.

Arabia

  • Saúd o Grande, soberano wahhabí de Dariyya que se mantería no poder ata 1814. Introduce a doutrina de Abd al Wahhab (que comenzara a aparecer o redor de 1740) en Arabia, onde destruirá as tumbas dos fundadores do Islam. Pero será expulsado do país por Muhammad Alí (segundo outros autores Mehmet Alí). O seu fillo Abd Allah, (que reinaría do 1814 ó 1819), será executado pola rebeldía. E os seus sobriños Turki e Faisal restaurarán o poder saudita en Riad. Pero a dinastía será suplantada no ano 1902 pola familia vasala de Ibn Rashid.

Francia

  • O 28 de marzo (7 xerminal do ano XI, no calendario republicano francés), a Banca de Francia obtén o "privilexio exclusivo da emisión de papel moeda (billetes)".
  • No maio prodúcese unha rebelión dos chuanes, que así eran denominados os labradores realistas das rexións do Maine, Bretaña e Normandía. Tamén o 17 de maio, Napoleón Bonaparte rompe a Paz de Amiens (que fora aprobada o 27 de marzo do ano anterior) e inicia novas guerras.

Haití

  • O xeneral Jean-Jacques Dessalines, que fora xefe dos escravos haitianos, logra liberar a illa de A Española (que noutrora se chamara a Española, e noutros tempos tamén se chamaría Saint-Domingue) da ocupación francesa, e que recupera o seu antigo nome indíxena de Haití. A guerra deixou a terra en cinzas; aínda que Haití será independente, non se recuperará nunca a perda das plantacións da poderosa industria do azucre cimentada sobre o traballo escravo, que xa florece en Cuba. Mentres Haití nace libre, morre na prisión dun castelo de Francia o xeneral Toussaint Louverture; escravo que desempeñara o oficio de cocheiro nunha plantación, logo combatera os colonos franceses e chegou a converterse nun líder da insurrección negra que estalara no ano 1791. No 1794 pactou con Francia, despois de que fora decretada a manipulación de escravos, e no 1795 fixo aplica-lo tratado de Basilea, polo que a illa enteira pasaba a dominio francés. Firmou así mesmo un tratado cos países de Inglaterra e Estados Unidos, que Francia aceptou. Pero no ano 1801 Bonaparte decidía restablece-lo antigo orde e enviaba 20 000 soldados o mando do seu cuñado (o xeneral Leclerc). Toussaint, derrotado no Barranco das Cobras, detido e trasladado a Francia. Pero a guerrillas negras escarallan os franceses, sen respecta-lo xeneral Leclerc que no ano 1803 acaban índose. A independencia deste país non será recoñecida oficialmente ata o ano 1804. Haití constituirá de este modo un caso afastado dunha república negra emancipada nas colonias de América e permanecerá illada dos movementos e tendencias do século XIX.

Gran Bretaña

  • O inglés Johnn Dalton (nado no ano 1766, finado no ano 1844) propón unha teoría atómica da materia na que postula que tódolos elementos e compostos están formados por átomos e moléculas.
  • O 26 de xullo entra en servizo, entre as localidades de Wandsworth e Croydon, a primeira vía de ferrocarril público. A concesión, aprobada polo parlamento remontábase a 1801. Os viaxantes teñen que poñer os seus propios cabalos e vehículos.

Italia

  • O 8 de outubro, morre na cidade de Florencia, o escritor Vittorio Alfieri. Vittorio nacera na vila de Asti no 1749 e foi autor de numerosas traxedias, nas que, como moitos outros autores románticos da Italia da época, tratou de cuestións políticas modernas con traxe antigo. As súas traxedias falan de conflitos que padecen os seus apaixonados personaxes e, na que se expresan ideas republicanas liberais. O autor sentía un profundo malestar pola situación política e artística que reinaba no país, polo que defendía a liberdade do individuo e o pobo baseada nos valores éticos. As comedias son máis sinxelas en tódolos sentidos que as traxedias e nelas apunta aínda máis, se cabe, a tendencia política xa que resultan pobres en inventiva e a comicidade non ten niveis aceptables. Máis interese ten a súa autobiografía, escrita en tons inxenuos e que foi, basicamente, o único a que se adicou nos derradeiros anos, nos que caeu en estado de depresión de signo melancólico. Se ven se lle asignan algunhas traducións dos clásicos, sendo notable as de Salustino. As súas obras corresponden, polo tanto, a un crecente despertar da conciencia nacional. Os problemas de Italia son o dominio estranxeiro que dende fai moito tempo exercen os franceses e os austríacos, a desunión afecta a tódolos pequenos estados. Os poetas italianos loitan entón pola liberdade, a unidade e o seus obxectivos son máis ben políticos que literarios.

Estados Unidos

  • No 30 de abril prodúcese a compra de Luisiana polos Estados Unidos. Vendida, por 80 millóns de francos, por Bonaparte, o primeiro cónsul, que a considera indefendible contra os ingleses. Con iso pasa a se o 18.º Estado, escravista, da Unión do ano 1812.

Nacementos

Mortes

Outros

Breves

Historia ano a ano

23 de setembro

O 23 de setembro é o 266º día do ano do calendario gregoriano e o 267º nos anos bisestos. Quedan 99 días para finalizar o ano.

Charles Lucien Bonaparte

Charles Lucien Jules Laurent Bonaparte, coñecido como Charles Lucien Bonaparte, nado en París o 24 de maio de 1803 e finado o 29 de abril de 1857 na mesma cidades, foi un naturalista, político e ornitólogo francés.

Fillo de Lucien Bonaparte e, por tanto, sobriño do emperador Napoleón I, foi príncipe do Imperio en 1815, despois da reconciliación de Lucien e o seu irmán Napoleón, herdou os títulos pontificios de seu pai á morte deste, e foi así o segundo príncipe romano de Canino, de Musignano e Bonaparte en 1840, e príncipe Bonaparte en virtude do estatuto da familia imperial adoptado por Napoleón III.

Hector Berlioz

Louis Hector Berlioz, nado o 11 de decembro de 1803 en La Côte-Saint-André e finado o 8 de marzo de 1869 en París, foi un compositor francés. Foi unha figura destacada no desenvolvemento do romanticismo, é moi coñecido pola súa Sinfonía fantástica, estreada en 1830, e o Réquiem, estreado en 1837, así como pola súa extraordinaria utilización da orquestra sinfónica que incluía catro grupos de metais "antifonais". É considerado o primeiro músico romántico de Francia e o creador da instrumentación moderna. Co Grand traité de l'instrumentation et d'orchestration modernes (1842-43) influíu sobre as xeracións posteriores, e especialmente sobre os músicos rusos do Grupo dos Cinco.

A música e a vida de Berlioz encarnan os ideais románticos máis que os de calquera outro compositor, excepto Liszt. A súa orixinal imaxinación, as súas concepcións grandiosas e a súa extraordinaria calidade para orquestra achegaron unha nova cor á música. Berlioz, o primeiro gran compositor que non era intérprete, converteuse nun dos primeiros directores modernos, e nun crítico perspicaz.

Separadamente da Sinfonía fantástica, as obras de Berlioz escoitáronse moi pouco ata a década de 1880, cando en Francia recuperáronse como antídoto contra Wagner. A partir de 1960 escoitouse moito a súa música, aínda que as dificultades loxísticas aínda impiden a interpretación normal dalgunhas das súas obras.

Iridio

O iridio é un elemento químico de número atómico 77 que se sitúa no grupo 9 da táboa periódica dos elementos. O seu símbolo é Ir. Foi descuberto en 1803 polo químico Smithson Tennant. Trátase dun metal de transición, duro, fráxil, pesado, de cor branco prateada. Emprégase en aliaxes de alta resistencia que poden soportar altas temperaturas. É un elemento pouco abundante e atópase na natureza en aliaxes con platino e osmio. É o elemento máis resistente á corrosión. Emprégase en contactos eléctricos, aparatos que traballan a altas temperaturas, e como axente endurecedor do platino.

James Beattie

James Beattie, nado en Laurencekirk en 1735 e finado en 1803, foi un escritor e filósofo escocés.

José Cornide Saavedra

José Andrés Cornide de Folgueira y Saavedra, señor de Cebreiro, de Madiz e de Saa, nado na Coruña o 25 de abril de 1734 e finado en Madrid o 22 de febreiro de 1803, foi un xeógrafo, naturalista e humanista galego, membro sobranceiro do movemento ilustrado.

Ohio

Ohio (pronunciado [oʊˈhaɪoʊ]) é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América, situado na zona dos Grandes Lagos, e un dos seus principais centros industriais. Localizado na Rexión Medio Oeste dos Estados Unidos —a rexión máis industrializada do país— Ohio ten á industria como a súa principal fonte de ingresos. Outras fontes de ingresos importantes son as finanzas, a minería do carbón —que axudou a facer de Ohio unha das principais potencias industriais do país— a agricultura e o turismo.

A palabra "Ohio" significa na lingua iroquesa "Gran Río", "Río Longo" ou "Río Belo", utilizada por este grupo de nativos americanos para describir o río Ohio. O alcume de Ohio é Buckeye State (o Buckeye é un castiñeiro do xénero Aesculus). Os bosques compostos por árbores deste xénero cubrían anteriormente todo Ohio, aínda que moitos destes bosques foron tallados para proporcionar materias primas a diversas industrias, así como para dar espazo á agricultura. Ohio tamén reivindica o alcume de Mother of Modern Presidents (Nai dos Presidentes Modernos), polo feito de que sete dos Presidentes dos Estados Unidos naceron e creceron en Ohio, aínda que este título pertence, de feito, a Virxinia, cun total de oito presidentes. Os presidentes estadounidenses nacidos en Ohio son Ulysses S. Grant, Rutherford B. Hayes, James A. Garfield, Benjamin Harrison, William McKinley, William Howard Taft e Warren G. Harding. Un oitavo Presidente, William Henry Harrison, vivía en Ohio cando foi nomeado Presidente.

Os primeiros exploradores europeos en explorar a rexión foron os franceses. Ata 1763, a rexión de Ohio formaba parte da colonia francesa de Nova Francia, pasando entón a control británico. Coa independencia dos Estados Unidos en 1783, estes pasaron a controlar a rexión. Ohio converteuse no primeiro territorio do Territorio do Noroeste en ser elevado á categoría de estado, e o 17º en entrar na Unión, o 1 de marzo de 1803. A expansión en dirección ao oeste e a construción de numerosas vías férreas no estado, o descubrimento de numerosos xacementos de carbón e unha sólida industria agropecuaria fixeron que Ohio convertésese a mediados do século XIX nunha gran potencia industrial. Ulysses S. Grant, nativo de Ohio, foi un dos principais líderes da Unión durante a Guerra de Secesión.

A rápida industrialización do estado fixo que diversas persoas nativas do estado destacasen polas súas invencións e ideas pioneiras. Thomas Edison naceu en Ohio, e os Irmáns Wright —coñecidos mundialmente por ser os primeiros en voar nun avión (non sen controversias)— tamén creceron aquí. Outro nativo de Ohio mundialmente famoso é Neil Armstrong, a primeira persoa en pisar a Lúa.

Segundo os datos do censo do 2000, residían en Ohio 11.353.140 habitantes, repartidos por unha área de 116.096 km².

Thomas Jefferson

Thomas Jefferson, nado en Shadwell (Virxinia) o 13 de abril de 1743 e finado en Charlottesville (Virxinia) o 4 de xullo de 1826, foi o segundo vicepresidente e o terceiro presidente dos Estados Unidos.

Foi embaixador en Francia de 1785 a 1789. Secretario de Estado (ministro de Exteriores) de Washington de 1790 a 1793, cargo do que dimitiu polas súas desavinzas con Alexander Hamilton.

De 1797 a 1800 ocupou a vicepresidencia baixo o federalista John Adams. As eleccións dese ano (1800) produciron unha rotunda vitoria para o Partido Republicano. O Congreso elixiuno terceiro presidente dos EUA (1801-1804), cargo para o que foi reelixido (1805-1809).

A súa importancia na historia vén dada por que foi o principal autor da Declaración de Independencia dos Estados Unidos de América de 1776. Jefferson foi un dos Pais Fundadores máis influentes, coñecido pola súa promoción dos ideais do republicanismo e do liberalismo nos Estados Unidos. Visulizou a América como a forza detrás dun gran "imperio da liberdade" que promovese a democracia e a loita contra o imperialismo británico.

Os principais acontecementos que tiveron lugar durante a súa presidencia inclúen a Compra da Luisiana (1803) e a Expedición de Lewis e Clark (1804-1806), así como a escalada de tensións con Gran Bretaña e Francia, que conduciron á guerra con Gran Bretaña en 1812, despois de deixar o cargo.

Vaud

Vaud (en arpitano: Vôd, en alemán: Waadt, en italiano: Vaud, en romanche: Vad) é un cantón francófono do leste suízo. Foi adherido á confederación Suíza o 14 de abril de 1803. No ano 2005 vivían nel 647.382 persoas.

Formaba parte orixinalmente das terras de Savoia, conquistadas por Berna, que levou adiante a reforma iniciada por Pierre Viret. Independizouse o 24 de xaneiro de 1798 de man de Napoleón.

Limita ó oeste con Francia; ó norte con Francia e co lago de Neuchâtel; ó sur co lago de Xenebra e o cantón do Valés; ao leste co cantón de Friburgo.

Componse de 381 concellos repartidos en 19 distritos. O concello máis pequeno é o de Rivaz (0,32 km²), e o máis grande o de Château-d'Oex (113,76 km²).

Útica, Cundinamarca

Útica é un concello colombiano do departamento de Cundinamarca, que se atopa na Provincia do Gualivá, a 119 km ó noroeste de Bogotá.

O concello de Útica foi fundado polos irmáns Calixto e Anselmo Gaitán en 1803, e o seu nome foille colocado en recordo da antiga cidade romana do norte de África, Útica.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.