17 de xuño

O 17 de xuño é o 168º día do ano do calendario gregoriano e o 169º nos anos bisestos. Quedan 197 días para finalizar o ano.

<< Xuño >>
Lu Ma Xo Ve Do
1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
2019
Todos os días

Acontecementos

Nacementos

Igor Stravinsky Essays
Igor Stravinskii.

Mortes

Martín M de Güemes chica
Martín Miguel de Güemes.

Festas e celebracións

Outros

Os 366 días do ano

1937

1937 foi Ano Santo Xacobeo.

2009

2009 (MMIX) comezou un xoves no calendario gregoriano o designado ano do boi, segundo o horóscopo chinés.

Adeodato II, papa

Adeodato II, nado en Roma e finado o 17 de xuño de 676, foi o Papa nº 77 da Igrexa católica de 672 a 676.

Arthur Harden

Sir Arthur Harden, nado en Manchester (Inglaterra) o 12 de outubro de 1865 e finado en Bourne End, Buckinghamshire o 17 de xuño de 1940, foi un bioquímico e profesor universitario inglés galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1929.

Donald James Cram

Donald James Cram, nado o 22 de abril de 1919 en Chester (Vermont, Estados Unidos) e finado o 17 de xuño de 2001 en Palm Desert (California), foi un químico e profesor universitario estadounidense que compartiu o Premio Nobel de Química de 1987 por "sintetizar moléculas tridimensionales que poden mimetizar o funcionamento das molécular naturais". Tamén gañou o Premio da Academia Nacional Estadounidense de Ciencias na área de ciencias químicas.

El Pueblo Gallego

El Pueblo Gallego, subtitulado Diario de la mañana e posteriormente Al servicio de los intereses de Galicia, foi un xornal que se editou en Vigo entre 1924 e 1979.

Mint Car

"Mint Car" é unha canción da banda inglesa de rock alternativo The Cure, editada como sinxelo do seu álbum Wild Mood Swings o 17 de xuño de 1996. A canción acadou o número 31 na lista británica de sinxelos e o 14 na Modern Rock Tracks da Billboard estadounidense.

Real Sociedad de Fútbol

A Real Sociedad de Fútbol, S.A.D., coñecida en éuscaro como Reala ou Erreala, é un club de fútbol fincado na capital de Guipúscoa, Donostia (País Vasco, España). Con máis de 25.000 socios, ten unha longuísima traxectoria na historia do balompé español.

Gañou dous campionatos da Liga española de fútbol, unha Copa do Rei e unha Supercopa de España, así como diversos subcampionatos en devanditas competicións e múltiples participacións europeas ao longo da súa historia, tres na Liga de Campións. Tras 40 tempadas consecutivas na Primeira División Española (1967-2007), o 17 de xuño de 2007, na última xornada da tempada 2006-07, perdeu a categoría, co que pasou a xogar en Segunda División. A tempada 2009-10 volve lograr o ascenso.

Ocupa o posto nº 8 na Clasificación histórica da Primeira División e o nº 184 na clasificación histórica mundial da IFFHS. É, ademais, o sexto equipo que máis internacionais achegou á Selección española de fútbol e ostenta o récord de xornadas consecutivas sen perder en Primeira.

O Athletic Club é o rival histórico da Real Sociedad por excelencia. Os dous equipos manteñen unha rivalidade desde os seus comezos, entre outras cousas porque son os dous principais equipos do País Vasco.

Segunda división española 2000/01

A tempada 2000–01 da Segunda División de España de fútbol foi a 70ª edición desta competición. Comezou o 2 de setembro de 2000 e finalizou o 17 de xuño de 2001.

Segunda división española 2006/07

A tempada 2006–07 da Segunda División de España de fútbol (coñecida como Liga BBVA por razóns de patrocinio) foi a 76ª edición desta competición. Comezou o 27 de agosto de 2006 e finalizou o 17 de xuño de 2007.

xaneiro
febreiro
marzo
abril
maio
xuño
xullo
agosto
setembro
outubro
novembro
decembro

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.