17 de maio

O 17 de maio é o 137º día do ano do calendario gregoriano e o 138º nos anos bisestos. Quedan 228 días para finalizar o ano.

<< Maio >>
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31
2019
Todos os días

Acontecementos

Nacementos

Manuel Murguía, Almanaque Gallego para 1900, p. 17
Manuel Murguía.

Mortes

Sandro Botticelli 083
Sandro Botticelli.

Festas e celebracións

Outros

  • Santoral: Santos Pascual Bailón e Basilisa.

Os 366 días do ano

2018

2018 (MMXVIII) é un ano común do calendario gregoriano dentro do século XXI.

Afonso XIII de España

Afonso XIII, nado en Madrid o 17 de maio de 1886 e finado en Roma o 28 de febreiro de 1941, foi rei de España. Fillo póstumo de Afonso XII e de María Cristina de Habsburgo-Lorena, foi coroado rei no seu nacemento e reinou até 1931. A súa nai exerceu a rexencia da coroa durante a súa infancia.

Día das Letras Galegas

O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro.

Ata 2019, ano dedicado a Antón Fraguas, 59 autores (4 mulleres e 55 homes) foron homenaxeados nas 57 edicións do Día das Letras Galegas, posto que 1998 foi o único ano en que houbo unha homenaxe colectiva (en concreto, a tres trobadores ligados á Ría de Vigo).

Far Away

"Far Away" é o sinxelo nº 15 da cantante xaponesa Ayumi Hamasaki, lanzado o mercado o 17 de maio do ano 2000 baixo o selo avex trax.

Gonzalo Rodríguez Mourullo

Gonzalo Rodríguez Mourullo, nado en Balcaide (Calo, Teo) o 17 de maio de 1935, é un escritor, avogado e xurista galego.

Honda na Fórmula 1

O fabricante xaponés de automóbiles Honda participou na Fórmula Un, como equipo, construtor e fornecedor de motores entre 1964 e 2008. A participación de Honda na F1 comezou na tempada de 1964, a súa retirada en 1968 foi causada pola morte do piloto de Honda Jo Schlesser durante o Gran Premio de Francia de 1968. Retornaron na tempada de Fórmula Un de 1983 como fornecedor de motores, un papel que terminou en 1992. Volveron de novo na tempada de Fórmula Un de 2000, proporcionando motores para British American Racing (BAR). A finais de 2005 compraron o equipo BAR, con sede en Brackley, Reino Unido, e cambiaron o seu nome ao de Honda Racing.

O 5 de decembro de 2008 anunciouse que Honda sairía da Fórmula Un con efecto inmediato debido á crise financeira mundial. E buscaba vender o seu equipo o 27 de febreiro de 2009 anunciouse que o director do equipo Ross Brawn liderara a compra do equipo de Brackley. O equipo competiu con éxito como Brawn GP en 2009, e foi posteriormente vendido a Daimler-Benz AG que cambiou o nome a Mercedes GP para a tempada 2010.

O 17 de maio 2013 Honda anunciou a súa intención de volver ao deporte na tempada 2015 en virtude dun acordo de empresa con McLaren para fornecer unidades de motor V6 e KERS.

INaturalist

iNaturalist é un proxecto científico e cidadán e unha rede social conectada de naturalistas, científicos e biólogos co obxectivo de construír e mapear a biodiversidade en todo o globo compartindo observacións. As observacións poden ser engadidas a través da páxina web ou dende unha aplicación móbil. As observacións achegan valiosos datos abertos a unha gran variedade de proxectos investigadores científicos, museos, xardíns botánicos, parques, e outras organizacións. Os usuarios de iNaturalist contribuíron con máis de dous millóns de observacións dende o súa creación no 2008, e o proxecto foi chamado "un líder das aplicacións móbiles de historia natural". e o proxecto está considerado como "líder entre as aplicacións móbiles de historia natural."

Liberio, papa

Liberio I, nado en Roma, converteuse no 36º papa o 17 de maio de 352.

As polémicas mantidas cos arianos comportaron a elección de Fiz II como antipapa.

Liberio promoveu a construción da Basílica de Santa María a Maior de Roma, edificada sobre o perímetro que el mesmo trazou logo dunha nevada un 5 de agosto.

Faleceu o 24 de setembro de 366.

Odd Hassel

Odd Hassel, nado en Oslo (Noruega) o 17 de maio de 1897 e finado o 11 de maio de 1981, foi un físico, químico e profesor universitario noruegués galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1969.

Sermos Galiza

Sermos Galiza é un xornal semanario de comunicación xeral e de ámbito galego, publicado en Santiago de Compostela e dirixido por María Obelleiro. O seu primeiro número impreso saíu á rúa o 17 de maio de 2012. As súas linguas de edición son o galego e o portugués. O deseño do seu sitio web corre a cargo da empresa compostelá Sacauntos Cooperativa Gráfica.En novembro de 2017, o xornal anunciou a saída dun diario impreso para 2019, que levará o nome de Nós Diario.

Xogos Olímpicos de 1928

Os Xogos da IX Olimpíada realizáronse en 1928 na cidade de Ámsterdan (Países Baixos), nun clima de paz e prosperidade que viría a anteceder vinte anos de guerras e incertezas económicas, entre o 17 de maio e o 12 de agosto, coa participación de 3014 atletas, entre eles 290 mulleres, representando a 46 países, dous máis que os Xogos anteriores, disputando dezasete modalidades deportivas.

Nestes Xogos, as mulleres puideron finalmente competir no Atletismo.

O nivel de competividade aumentou, coa volta ós Xogos Olímpicos dos países derrotados na Primeira Guerra Mundial e até entón prohibidos de participaren: Alemaña, Austria, Hungría e Bulgaria.

Os Xogos de Ámsterdan marcan os primeiros Xogos sen a presenza e a lideranza de Pierre de Coubertin, que, doente, non compareceu, permanecendo no seu refuxio en Suíza.

A cerimonia de apertura foi realizada de maneira grandiosa no belo estadio Olympisch, construído para os Xogos, con lugar para 65.000 espectadores. O mundo viu por primeira vez a chama olímpica no estadio, traída de Olímpia especialmente para a ocasión.

xaneiro
febreiro
marzo
abril
maio
xuño
xullo
agosto
setembro
outubro
novembro
decembro

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.