1792

1792
Calendario gregoriano1792
MDCCXCII
Ab urbe condita2545
Calendario armenio1241
Calendario chinés4488 – 4489
Calendario hebreo5552 – 5553
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat1847 – 1848
 ·  Shaka Samvat1714 – 1715
 ·  Kali Yuga4893 – 4894
Calendario persa1170 – 1171
Calendario musulmán1207 – 1208
Calendario rúnico2042
Década de 1790
1788 1789 1790 1791 1792 1793 1794 1795 1796

Acontecementos

Europa

Francia

  • 25 de abril: Composición da Marseillaise.
  • 25 de abril: Primeira execución na guillotina.
  • 28 de abril: Derrota francesa en Tournai e Quiévrain.
  • 20 de xuño: O pobo ataca as Tullerías, onde reside Luís XVI de Francia.
  • 11 de xullo: A "Patria está en perigo" (11-21 de xullo).
  • 25 de xullo: Manifesto de Brunswick
  • 10 de agosto: Constitución da Comuna insurreccional en París—Toma das Tullerías e derrocamento da monarquía.
  • 10 de agosto: Convocatoria da Convención, establecemento do sufraxio universal (10-11 de agosto).
  • 13 de agosto: A familia real é encarcerada na Prisión do Temple.
  • 2 de setembro: Capitulación de Verdún perante os prusianos.
  • 20 de setembro: Fin da lexislativa, reunión da Convenión.
  • 20 de setembro: Vitoria francesa na batalla de Valmy contra as tropas prusianas. Voluntarios da Garda nacional participaron no combate canda os soldados profesionais do exército real.
  • 21 de setembro: A Convención declara a República. Abolición da monarquía, fin do reinado de Luís XVI de Francia, ano I da primeira república en Francia (ata 1804). Comezo das guerras revolucionarias.
  • En [[setembro, laicismo do estado civil.
  • 19 de novembro: Decreto promovendo a guerra de propaganda.
  • 4 de decembro: Comezo do proceso ó rei.

Alemaña

América

América do Norte

América Latina

Asia

  • O tratado de Jasso pon fin á guerra ruso-turca.
  • Erupción do volcán Unzen, no Xapón, 15 000 mortos (erupción e despois tsunami.
  • O emperador da China Qianlong envía as súas tropas a Lhasa, no Tíbet para expulsa-los invasores nepaleses.

Acontecementos de maior duración

Nacementos

Mortes

Historia ano a ano

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
29 de marzo

O 29 de marzo é o 88º día do ano do calendario gregoriano e o 89º nos anos bisestos. Quedan 277 días para finalizar o ano.

Can

O can (Canis lupus familiaris) é un mamífero carnívoro que pertence á familia Canidae, ao igual que os lobos, raposos e coiotes. En xeral, o termo 'can' emprégase para referirse á raza doméstica (Canis familiaris), a cal crese que descende dun antergo similar ó lobo, segundo distintos indicios, a secuencia do ADN e outros estudos xenéticos.. Con todo, algúns científicos sosteñen que o can é unha subespecie de lobo.

As probas arqueolóxicas demostran que o can estivo en convivencia próxima cos humanos desde hai polo menos 9.000 anos, pero posiblemente desde hai 14.000 anos. As probas fósiles demostran que os antepasados dos cans modernos xa estaban asociados cos humanos hai 100.000 anos.

Neste tempo o can desenvolveu diferentes razas que poden variar moito en tamaño e cor. Por exemplo, están os cans chihuahuas, que miden apenas unhas polgadas, en oposición aos grandes cans San Bernardo ou ao mastín. As cores dos cans varían de branco a negro, con vermello, café ou gris. De igual xeito que os humanos, son unha especie moi sociable e cazan en grupo.

A media de vida é de 12 anos, cada ano do can semella uns sete anos humanos, aínda que non é unha fórmula exacta.

Década de 1790

A década de 1790 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1790 e remata o 31 de decembro de 1799.

Gioachino Rossini

Gioac(c)hino Antonio Rossini, nado en Pesaro o 29 de febreiro de 1792 e finado en Passy (Francia) o 13 de novembro de 1868, foi un compositor musical italiano.

Kentucky

Kentucky é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América, localizado na Rexión Sueste do país. O seu nome oficial é Commonwealth of Kentucky. Kentucky atópase no interior do leste dos Estados Unidos. As súas principais fontes de renda son a manufactura de produtos industrializados e o turismo.

Anteriormente, críase que a orixe do nome do estado viña dunha palabra amerindia, que significa "terreo de caza escuro e sanguento", porque as tribos nativas que vivían na rexión cazaban dentro dos densos bosques do estado, e que, moitas veces, estas tribos loitaban entre si nestes bosques. Porén, actualmente crese que a palabra Kentucky pode ser atribuída a numerosos idiomas indíxenas, con varios significados posibles. Algúns destes significados son "terra do mañá", "terra de cana e pavos" e "pradería".A rexión onde está localizada actualmente Kentucky foi colonizada orixinalmente por colonos da colonia británica de Pensilvania, en 1774, pero pasou a ser controlada por Virxinia durante a Revolución Americana de 1776, e converteuse no décimo quinto estado americano en entrar na Unión, o 1 de xuño de 1792.

Leopoldo II de Habsburgo

Leopoldo II de Habsburgo, nado en Viena o 5 de maio de 1747 de finado o 1 de marzo de 1792, foi arquiduque de Austria (desde o seu nacemento) e gran duque de Toscana (1765-1790), e emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, e rei de Hungría e de Bohemia (1790-1792) ao falecer o seu irmán Xosé II.

Lista de monarcas de Francia

Os monarcas de Francia gobernaron desde o establecemento do Reino dos Francos no 486 ata a caída do Segundo Imperio Francés en 1870. A primeira dinastía de reis foi a merovinxia, que estivo no poder ata o 751, seguida da dinastía carolinxia, que gobernou ata o 987 (con algunhas interrupcións). A terceira das dinastías gobernantes foi a capetiana, procedente dos descendentes directos por vía masculina de Hugo Capeto, que gobernou entre o 987 ata 1792 e de novo entre 1814 e 1848. As ramas desta dinastía que gobernaron desde 1328, reciben xeralmente nomes específicos, como Valois (ata 1589) e Borbón (ata 1848).

Coa Casa de Bonaparte e a Restauración dos Borbóns no século XIX, o título pasou a ser coñecido como Rei dos Franceses e Emperador dos Franceses, entre 1814 e 1870.

Ademais dos monarcas indicados máis abaixo, a lista de monarcas británicos desde 1340-60 e 1369-1801 tamén foron pretendentes ao trono de Francia.

Durante un breve período de tempo, isto tivo a súa base nos termos do Tratado de Troyes en 1420, cando Carlos VI de Francia recoñeceu ao seu xenro Henrique V de Inglaterra como rexente e herdeiro. Henrique V finou antes que Carlos VI e polo tanto, Henrique VI de Inglaterra, sucedeu ao seu avó Carlos VI como Rei de Francia. A maior parte do norte de Francia estivo en mans inglesas ata 1435, pero en 1453 os ingleses xa foran expulsados de case toda a zona salvo de Calais, que acabaría volvendo a Francia en 1558. Porén, os monarcas ingleses, e máis tarde os británicos, continuaron reclamando o seu dereito ao trono de Francia ata a creación do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda en 1801.

Primeira República Francesa

A Primeira República Francesa (en francés: Republique française) foi fundada o 22 de setembro de 1792, pola Convención Nacional. A Primeira República estivo vixente ata a proclamación do Primeiro Imperio Francés en 1804 baixo Napoleón. Este período está caracterizado pola caída da monarquía, o establecemento da Convención Nacional e o famoso Reinado do Terror, e a creación do Consulado Francés coa subida ó poder de Napoleón.

Pío IX, papa

Beato Pío IX tamén coñecido como Pío Nono, nado en Senigallia o 13 de maio de 1792 e finado en Roma o 7 de febreiro de 1878, foi un relixioso italiano, Sumo Pontífice, derradeiro soberano temporal dos Estados Pontificios, bispo de Roma e papa número 255 da Igrexa católica dende o 16 de xuño de 1846 ata a súa morte.

Antes da súa elección, o seu nome era Giovanni Maria Mastai Ferretti. O seu pontificado de 31 anos e medio foi o máis longo da historia da Igrexa católica, exceptuando a tradición de que San Pedro, o apóstolo, estivo a cargo da Igrexa por un período de entre 34 e 37 anos.

Sardiña

A sardiña, Sardina pilchardus (Walbaum, 1792), é un peixe osteíctio mariño da familia dos clupeidos, dentro da orde dos clupeiformes, sendo o único representante do xénero Sardina.

Cando as sardiñas son pequenas denomínanse xoubas nas Rías Baixas (máis ou menos, de Fisterra para abaixo), e parrochas nas Rías Altas (máis ou menos, de Fisterra para arriba).

A sardiña captúrase con artes de cerco e de enmalle ou deriva (como o xeito), durante a noite, e destínase a consumo en fresco, afumada, salgada ou en conserva. Abunda en todas as costas españolas e foi precisamente a riqueza en sardiña das augas galegas no que se baseou a industria conserveira galega, iniciada na segunda metade do século XVIII polos chamados fomentadores da pesca cataláns, e hoxe diversificada noutras especies de peixes e moluscos.

XV
 
XVI
 
XVII
 
Século XVIII
 
XIX
 
XX
 
XXI
Década de 1800
Década de 1790
Década de 1780
Década de 1770
Década de 1760
Década de 1750
Década de 1740
Década de 1730
Década de 1720
Década de 1710
Década de 1700

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.