1774

1774
Calendario gregoriano1774
MDCCLXXIV
Ab urbe condita2527
Calendario armenio1223
Calendario chinés4470 – 4471
Calendario hebreo5534 – 5535
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat1829 – 1830
 ·  Shaka Samvat1696 – 1697
 ·  Kali Yuga4875 – 4876
Calendario persa1152 – 1153
Calendario musulmán1188 – 1189
Calendario rúnico2024
Década de 1770
1770 1771 1772 1773 1774 1775 1776 1777 1778

Acontecementos

América

Ciencia e tecnoloxía

Nacementos

Mortes

Outros

Historia ano a ano

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Clemente XIV, papa

Giovanni Vincenzo Antonio (en relixión Lorenzo) Ganganelli (Santarcangelo dei Romagna, preto de Rimini, 31 de outubro 1705 - Roma, 22 de setembro 1774), elixido papa o 19 de maio de 1769 baixo o nome de Clemente XIV (en latín Clemens XIV, en italiano Clemente XIV).

O conclave que se abriu á morte de Clemente XIII en 1769 encontrou a Igrexa nunha situación difícil, atacada do interior polo galicanismo e o xansenismo, e do exterior polo febronianismo e o racionalismo. Portugal falaba dun patriarcado; Francia ocupaba Avignon; Nápoles ocupaba Pontecorvo e Bénévent; España estaba en revolta; Parma era hostil e Venecia agresiva; Polonia consideraba restrinxir os dereitos do nuncio. Pero a cuestión ardente era a dos xesuítas: en Francia e na Península Ibérica a súa orde fora suprimida e desexábase que o novo papa a abolise oficialmente.

Década de 1770

A década de 1770 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1770 e remata o 31 de decembro de 1779.

Luís XV de Francia

Luís XV de Francia, nado no Palacio de Versalles o 15 de febreiro de 1710 e falecido no mesmo lugar o 10 de maio de 1774, foi rei de Francia e de Navarra e copríncipe de Andorra entre os anos 1715 e 1774. Ademais, ostentou o título de duque de Anjou.

Herdou o trono do seu bisavó Luís XIV á idade de cinco anos, e pasou os seus primeiros anos de reinado en relativa tranquilidade, rodeado de preceptores que o proveron dunha gran cultura, mentres que o poder efectivo foi entregado a varios rexentes. Ao alcanzar a maioría de idade confioulle o goberno ao cardeal Fleury, o seu antigo preceptor.

A diferenza de Luís XIV non tivo contacto directo coa vida política do seu país: reuníase con pouca frecuencia cos seus ministros e actuou en contra das súas expectativas, tramando unha rede de diplomáticos e espías. O seu desinterese pola política e a constante sucesión de ministros que debilitaban o poder de Francia en Europa contribuíron en sentar as bases para a Revolución Francesa.

Ao inicio do seu reinado foi amado polo pobo, que rapidamente o alcumou como O Ben Amado (en francés, Le Bien-Aimé). Porén, cos anos, a súa debilidade na toma de decisións e a constante e intrigante presenza das súas amantes dinamitou a súa popularidade, producíndose en París algunhas celebracións á súa morte. Por iso houbo de celebrarse en segredo o seu funeral, para evitar que se produciran burlas públicas ante o seu cadaleito, tal e coma ocorrera co seu predecesor.

Baixo o seu reinado, Francia logrou grandes éxitos militares, como a anexión do Ducado de Lorena e Córsega; porén, perdeu gran parte do seu imperio colonial en favor de Gran Bretaña.

Mykhailo Levytskyi

Mykhailo Levytskyi (en ucraíno: Михайло Левицький; en polaco: Michał Lewicki), nado o 16 de agosto de 1774 en Lanchyn e finado o 14 de xaneiro de 1858 no mosteiro de Univ, foi un eclesiástico grecocatólico ruteno, arcebispo de Lviv e metropolita de Galicia dende 1815 até a súa morte.

Netorra

A netorra Russula virescens, é unha especie de fungo basidiomiceto, pertencente á familia Russulaceae. Atopámolo en Galiza. É comestíbel.

Subachoque

Subachoque é un dos 116 concellos do departamento de Cundinamarca, Colombia. Atópase na Provincia de Sabana Occidente, a 45 km de Bogotá. Limita polo leste con Zipaquirá, Tabio e Tenjo, polo norte con Pacho e Zipaquirá, polo sur con El Rosal e Madrid, e polo oeste con Supatá e San Francisco de Sales. Fundouno Jacinto Roque Salgado o 16 de marzo de 1774. En 1861 foi o escenario da batalla de Subachoque, no que o exército de Tomás Cipriano de Mosquera derrotou ó de Mariano Ospina Rodríguez. Tradicionalmente, a rexión forneceu de produtos alimenticios a Bogotá e a outras poboacións da sabana. Nas últimas décadas do século XX desenvolveuse a sementeira intensiva de flores para a exportación.

XV
 
XVI
 
XVII
 
Século XVIII
 
XIX
 
XX
 
XXI
Década de 1800
Década de 1790
Década de 1780
Década de 1770
Década de 1760
Década de 1750
Década de 1740
Década de 1730
Década de 1720
Década de 1710
Década de 1700

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.