1772

1772
Calendario gregoriano1772
MDCCLXXII
Ab urbe condita2525
Calendario armenio1221
Calendario chinés4468 – 4469
Calendario hebreo5532 – 5533
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat1827 – 1828
 ·  Shaka Samvat1694 – 1695
 ·  Kali Yuga4873 – 4874
Calendario persa1150 – 1151
Calendario musulmán1186 – 1187
Calendario rúnico2022
Década de 1770
1768 1769 1770 1771 1772 1773 1774 1775 1776

Acontecementos

Arte e cultura

  • A tenda do anticuario, cadro de Luís Paret.

Ciencia e tecnoloxía

  • O físico escocés Daniel Rutherford descobre o nitróxeno.

Nacementos

Mortes

Outros

Historia ano a ano

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Década de 1770

A década de 1770 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1770 e remata o 31 de decembro de 1779.

Lviv

Lviv (oficialmente en ucraíno: Львів; en polaco: Lwów; antigamente en alemán: Lemberg) é unha cidade do oeste de Ucraína, capital da provincia (oblast) do mesmo nome. É un importante centro cultural, Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Ten 808 900 habitantes. Conta cun aeroporto internacional e dúas universidades.

Lviv foi fundada a mediados do século XIII. Os polacos conquistárona en 1340. En 1772 pasa a ser a capital do Reino de Galicia e Lodomeria, no Imperio Austríaco.

Ata a Segunda Guerra Mundial formou parte de Polonia. A poboación polaca refuxiouse na cidade de Wroclaw e as autoridades soviéticas repoboárona con poboación ucraína.

Martín Sarmiento

Pedro Xosé García Balboa, máis coñecido como frei Martín Sarmiento, nado en Vilafranca do Bierzo o 9 de marzo de 1695 e finado en Madrid o 7 de decembro de 1772, foi un relixioso beneditino e escritor galego. É un dos pais da filoloxía románica en xeral e da galega en particular. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas en 2002.

Nitróxeno

O nitróxeno, tamén chamado de xeito popular azote, é un elemento químico de número atómico 7, con símbolo N e de masa atómica 14,00674 u. En condicións normais forma un gas diatómico, incoloro, inodoro, insípido e principalmente inerte, que constitúe o 78,08% do ar atmosférico. Pertence á familia das pnicóxenos. O nitróxeno foi descuberto polo médico escocés Daniel Rutherford no ano 1772, como compoñente separable do ar.

O nitróxeno é un elemento común no Universo. Estímase que é o sétimo elemento máis abundante na Vía Láctea e no Sistema Solar. É sintetizado pola fusión de carbono e hidróxeno nas supernovas. Debido á volatilidade do nitróxeno elemental e dos seus compostos máis habituais, o nitróxeno é moito menos común nos planetas rochosos do sistema solar interior, ademais de ser un elemento relativamente raro na Terra en xeral. Con todo, do mesmo xeito que na Terra, o nitróxeno e os compostos do nitróxeno teñen unha gran presenza na atmosfera dos planetas e satélites que o teñen.

Moitos compostos de importancia industrial, como o amoníaco, o ácido nítrico, os nitratos orgánicos (propelentes e explosivos) así como os cianuros, conteñen nitróxeno. O enlace extremadamente forte do nitróxeno elemental domina a química do nitróxeno, facendo que resulte difícil tanto para os organismos como para a industria transformar o N2 en compostos útiles, liberando grandes cantidades de enerxía cando estes compostos se quéiman ou se degradan en gas nitróxeno. O amoníaco e os nitratos producidos sintéticamente son importantes fertilizantes industriais. Os nitratos fertilizantes son contaminantes que teñen un papel clave na eutrofización dos sistemas acuáticos.

Separadamente dos seus usos principais como fertilizantes e stocks de enerxía, o nitróxeno forma compostos orgánicos versátiles. O nitróxeno forma parte de materiais tan diversos como o kevlar e a supercola de cianoacrilato. O nitróxeno é parte integral das moléculas de todas as grandes clases de medicamento, incluíndo os antibióticos. Moitos medicamentos imitan ou son profármacos de moléculas de señalización que conteñen nitróxeno. Por exemplo, a nitroglicerina e o nitroprusiato, ambos nitratos orgánicos, controlan a presión sanguínea o metabolizarse en óxido nítrico natural. Os alcaloides vexetais (que a miúdo son substancias de defensa) conteñen nitróxeno por definición. Así pois, moitos fármacos importantes que conteñen nitróxeno, como a cafeína e a morfina, son ou ben alcaloides ou mímicos sintéticos que actúan (do mesmo xeito que moitos alcaloides vexetais) sobre os receptores dos neurotransmisores dos animais (por exemplo, as anfetaminas sintéticas).

O nitróxeno está presente en todos os seres vivos. É un elemento constituente dos aminoácidos, e xa que logo das proteínas, así como dos ácidos nucleicos (o ADN e a ARN). O corpo humano contén aproximadamente o 3% de nitróxeno do seu peso. Trátase do cuarto elemento máis abundante no corpo despois do osíxeno, o carbono e o hidróxeno. O ciclo do nitróxeno describe o movemento deste elemento desde a atmosfera cara á biosfera e os compostos orgánicos e a volta de novo cara á atmosfera.

Século XVIII

século XVII < século XVIII > século XIX

Tempo que transcorre entre o 1 de xaneiro de 1701 e o 31 de decembro de 1800. Coñecido como o século da Ilustración.

XV
 
XVI
 
XVII
 
Século XVIII
 
XIX
 
XX
 
XXI
Década de 1800
Década de 1790
Década de 1780
Década de 1770
Década de 1760
Década de 1750
Década de 1740
Década de 1730
Década de 1720
Década de 1710
Década de 1700

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.