1761

1761
Calendario gregoriano1761
MDCCLXI
Ab urbe condita2514
Calendario armenio1210
Calendario chinés4457 – 4458
Calendario hebreo5521 – 5522
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat1816 – 1817
 ·  Shaka Samvat1683 – 1684
 ·  Kali Yuga4862 – 4863
Calendario persa1139 – 1140
Calendario musulmán1175 – 1176
Calendario rúnico2011
Década de 1760
1757 1758 1759 1760 1761 1762 1763 1764 1765

Acontecementos

Nacementos

Mortes

Notas

  1. "Bourgelat and Henry Bertin". World Veterinary Year (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 31 de xaneiro de 2011. Consultado o 07 de febreiro de 2019.

Outros

Historia ano a ano

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
7 de abril

O 7 de abril é o 97º día do ano do calendario gregoriano e o 98º nos anos bisestos. Quedan 268 días para finalizar o ano.

Cosme Damián Churruca

Cosme Damián Churruca y Elorza, nado en Mutriku o 27 de setembro de 1761, e finado na batalla de Trafalgar o 21 de outubro de 1805, foi un científico, mariño e militar español, brigadier da Real Armada e alcalde de Mutriku.

Distinguiuse na batalla de Trafalgar ó mando do navío de liña San Juan Nepomuceno, a bordo do cal atopou a morte.

Década de 1760

A década de 1760 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1760 e remata o 31 de decembro de 1769.

John Moore

John Moore, nado en Glasgow o 13 de novembro de 1761 e finado na Coruña o 16 de xaneiro de 1809, foi un militar e xeneral británico que faleceu na batalla de Elviña loitando contra o exército francés do mariscal Soult durante a guerra peninsular.

Pío VIII, papa

Pio VIII (Cingoli, Italia, 20 de novembro de 1761 - Roma, 30 de novembro de 1830), papa da Igrexa católica entre 1829 e 1830.

O seu nome era Francisco Saverio Castiglioni e nacera no seo dunha familia nobre. Instruído en Dereito Canónico e Teoloxía, vicario xeral en Anagni e Fano. Consagrado bispo de Montalto (1800) por Pío VII, instou a este, trala súa ruptura con Napoleón, a permanecer firme na defensa dos dereitos da Santa Sé. Tal actitude lle valería, por parte do Emperador, o desterro e a persecución. Máis tarde foi nomeado cardeal, bispo de Cesena (1816), de Frascati (1821) e Gran Penitenciario da Curia Pontificia. En Roma, secundou as iniciativas do cardeal Consalvi, ó que manifestou sempre unha grande admiración.

O seu ascenso ó Pontificado tivo lugar no conclave que seguiu ó falecemento de León XII. Elixido o 31 de marzo de 1829, nos seus actos iniciais proseguiu en diversos aspectos a obra do seu predecesor: ataques contra as correntes liberais e racionalistas, represión do carbonarismo, fomento e impulso da obra misional, prudencia ante os movementos de emancipación civil e política dos católicos en Gran Bretaña, Bélxica e Polonia. A súa defensa da orde constituída e da Europa da Santa Alianza non impediu, porén, o seu asine repulsa ante os intentos de Federico Guillerme III de Prusia de somete-los matrimonios mixtos, celebrados nas súas estados católicos, a unha lexislación protestante, que prescribía o que os fillos lexítimos de tales matrimonios habían de ser educados na relixión paterna. Polo breve Litteris altero abhinc armo, do 25 de marzo de 1830, manifestou que na celebración dos matrimonios mixtos nos que a educación católica dos futuros fillos non estivese previamente establecida, os prelados só permitirían a asistencia pasiva do sacerdote. No seu Traditi humiliati condenou o indiferentismo relixioso, o xansenismo e as sociedades segredas. A Revolución de xullo de 1830, en Francia contra Carlos X provocou nunha vaga de violento anticlericalismo. Pio VIII recoñeceu a Monarquía liberal de Luís Filipe de Orleans e ordenou ó episcopado francés a submisión á nova orde política. Aprobou as resolucións do Concilio de Baltimore. O Pontífice tratou tamén de mellora-la administración temporal dos dominios da Santa Sé e de mellora-las condicións de vida das clases máis humildes.

Século XVIII

século XVII < século XVIII > século XIX

Tempo que transcorre entre o 1 de xaneiro de 1701 e o 31 de decembro de 1800. Coñecido como o século da Ilustración.

XV
 
XVI
 
XVII
 
Século XVIII
 
XIX
 
XX
 
XXI
Década de 1800
Década de 1790
Década de 1780
Década de 1770
Década de 1760
Década de 1750
Década de 1740
Década de 1730
Década de 1720
Década de 1710
Década de 1700

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.