1754

1754
Calendario gregoriano1754
MDCCLIV
Ab urbe condita2507
Calendario armenio1203
Calendario chinés4450 – 4451
Calendario hebreo5514 – 5515
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat1809 – 1810
 ·  Shaka Samvat1676 – 1677
 ·  Kali Yuga4855 – 4856
Calendario persa1132 – 1133
Calendario musulmán1167 – 1168
Calendario rúnico2004
Década de 1750
1750 1751 1752 1753 1754 1755 1756 1757 1758

Acontecementos

Nacementos

Mortes

Outros

Historia ano a ano

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Antlia

Antlia ou Máquina pneumática é unha constelación tamén chamada Antlia Pneumática (máquina pneumática) coma o invento do físico inglés Robert Boyle do século XVII. O seu nome foi reducido na protocolización das 88 constelacións por parte da Unión Astronómica Internacional.

O astrónomo Nicolas-Louis de Lacaille pusolle este nome na época en que estivo traballando no observatorio do Cabo de Boa Esperanza, dende 1750 ata 1754. Despois de observar unhas 10.000 estrelas meridionais, Lacaille fixo unha división do ceo sur con catorce novas constelacións, entre as cales estaba Antlia.

Dióxido de carbono

O dióxido de carbono (antes anhídrido carbónico) é un composto químico constituído por dous átomos de osíxeno e un átomo de carbono. A representación química é CO2. O dióxido de carbono foi descuberto polo escocés Joseph Black en 1754.

Década de 1750

A década de 1750 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1750 e remata o 31 de decembro de 1759.

Francisco Javier Vázquez Varela

Francisco Javier Vázquez Varela, nado en Vigo o 8 de xuño de 1754 e finado en 1818, avogado, foi alcalde de Vigo durante a Guerra da Independencia española.

Luís XVI de Francia

Luís XVI de Borbón, nacido en 1754 en Versalles e executado o 21 de xaneiro de 1793 en París, foi rei de Francia (1774-1789), e despois rei dos Franceses (1789-1792). Era fillo do delfín Luís e de María Xosefa da Saxonia e esposo de María Antonieta de Austria (con quen casou aos 16 anos).

Cando subiu ao trono, as finanzas reais non se encontraban nunha situación favorable, e así permaneceron até a chegada da Revolución Francesa, altura en que Luís XVI foi deposto. Aconsellado por Maurepas, escolleu para ministros homes de talento: Saint-Germain, Turgot, Malesherbes. Reconvocou o Parlamento, mais este volveu a facerlle oposición. O rei tivo que abandonar os seus ministros reformistas (1776), substituíndoos por Necker, tamén destituído despois de ter publicado a Prestación de contas ao rei sobre o estado das finanzas (1781).

Non é capaz de evitar a Revolución, apoiando as reformas económicas e sociais propostas por Turgot e Necker, nin tornarse líder popular, por non comprender as aspiracións do pobo.

A política exterior feita por Vergennes e o Tratado de Versalles restauraron o prestixio de Francia. Mais, no interior do país, a oposición creceu; Calonne, seguido de Loménie de Brienne, tentou en van resolver a crise financeira. Convocou a alta aristocracia na Asemblea dos Notables (1787) e nada conseguiu. Luís XVI tivo que chamar de volta a Necker (1788) e prometer a convocación dos Estados Xerais, que estaban á marxe do goberno desde había 175 anos. Os Estados Xerais, que se reuniron en Versalles en 1789, son a reunión dos tres estamentos da sociedade desde a Idade Media: o nobre que loita (1º estado), o clero que reza (2º estado) e o campesiñado que traballa (3° estado). Estes feitos marcaron o início da Revolución.

Os deputados do Terceiro Estado constituíron a Asemblea Nacional e despois Asemblea Constituínte. A familia real foi levada à forza de Versalles para París (outubro de 1789) e a súa tentativa de fuxir do país foi frustrada en Varennes (20 de xuño de 1791), cando foi feita prisioneira da Comuna insurrecional (10 de agosto). A monarquía foi abolida o 21 de setembro de 1792. Luís XVI, desmoralizado pola súa errada tentativa de fuga e polas súas negociacións co estranxeiro, perdeu completamente a popularidade. Encerrado no Templo e acusado de traizón, foi xulgado pola Convención e condenado a morte, sendo guillotinado o 21 de xaneiro de 1793. A raíña consorte María Antonieta foi executada seis meses despois. A súa morte provocou a unión dos soberanos europeos contra a Francia revolucionaria.

Pénsase que as chamas da Revolución en parte, foron influenciadas polas mentiras que rodearom o famoso escándalo do colar, polo feito do rei dar voz á súa esposa, imprudentemente, sobre asuntos políticos e aínda o odio que moitos membros da nobreza e clero tiñan contra María Antonieta, da liñaxe dos Habsburgo, eternos rivais dos Borbóns e pola súa frivolidade e gusto polo luxo.

Paulo I de Rusia

Paulo I de Rusia (en ruso: Па́вел I Петро́вич; Pável Petróvich). Nado en San Petersburgo o 1 de outubro de 1754 e finado na mesma cidade o 23 de marzo de 1801. Foi o Tsar de Rusia desde 1796 ata o seu asasinato en 1801.

Universidade de Columbia

A Universidade Columbia é unha universidade situada na cidade de Nova York, Estados Unidos de América.

Columbia é unha das oito universidades da Ivy League, sendo as outras Harvard, Princeton, Yale, Pensilvania, Cornell, Dartmouth, e Brown. A escola foi fundada no ano 1754 como King's College (Colexio do Rei). Cando Estados Unidos se declarou independente da Gran Bretaña, a universidade tamén fixo o mesmo. O seu nome mudou a Columbia porque neses anos aquel termo representaba aspiracións patrióticas.

Inicialmente, a universidade foi fundada case no final da illa de Manhattan, na terra da igrexa Trinity Church. No seguinte século mudaría máis ao norte da illa, onde agora se encontra Rockefeller Center, e no ano 1896 mudou unha última vez, desta vez ao barrio de Morningside Heights. Neses anos Morningside Heights era maiormente terra facendeira.

XV
 
XVI
 
XVII
 
Século XVIII
 
XIX
 
XX
 
XXI
Década de 1800
Década de 1790
Década de 1780
Década de 1770
Década de 1760
Década de 1750
Década de 1740
Década de 1730
Década de 1720
Década de 1710
Década de 1700

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.