1746

1746
Calendario gregoriano1746
MDCCXLVI
Ab urbe condita2499
Calendario armenio1195
Calendario chinés4442 – 4443
Calendario hebreo5506 – 5507
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat1801 – 1802
 ·  Shaka Samvat1668 – 1669
 ·  Kali Yuga4847 – 4848
Calendario persa1124 – 1125
Calendario musulmán1159 – 1160
Calendario rúnico1996
Década de 1740
1742 1743 1744 1745 1746 1747 1748 1749 1750

Acontecementos

  • 16 de abril - A batalla de Culloden, último confronto entre os xacobitas e a casa de Hannover, resulta en decisiva vitoria británica.

Nacementos

Mortes

Outros

Historia ano a ano

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Atanasii Sheptytskyi

Atanasii Sheptytskyi (en ucraíno: Атанасій Шептицький; en polaco: Atanazy Szeptycki; en belaruso: Атанасій Шаптыцкі), nado c. 1686 en Voshchantsi (Voivodato de Rutenia, Coroa do Reino de Polonia) e finado o 12 de decembro de 1746 en Lviv, foi un eclesiástico grecocatólico ruteno, metropolita de Kiev e Galicia e toda a Rus dende 1729 até a súa morte.

Cinc

O cinc ou zinc (do alemán Zink) é un elemento químico de símbolo Zn, número atómico 30 (30 protóns e 30 electróns) con masa atómica 65,4 uma. A temperatura ambiente, o cinc encóntrase en estado sólido. Está situado no grupo 12 (2 B) da clasificación periódica dos elementos.

As aliaxes de cinc teñen sido utilizadas durante séculos (pezas de latón datadas de 1400-1000 a.C. foron encontradas en Palestina), e outros obxectos con até 87% de cinc foron achados na antiga rexión da Transilvania.

A principal aplicación do cinc (cerca de 50% do consumo anual) é na galvanización do aceiro ou ferro para protexelos da corrosión, isto é, o cinc é utilizado como ánodo de sacrificio. Tamén pode ser usado en protectores solares, en forma de óxido, pois ten a capacidade de parar a radiación solar.

O cinc é un elemento químico esencial para as persoas: intervén no metabolismo de proteínas e ácidos nucleicos, estimula a actividade de máis de 100 enzimas, colabora no bo funcionamento do sistema inmunolóxico, é necesario para a cicatrización das feridas, intervén na percepción do sabor e do olfacto e na síntese do ADN.

Foi descuberto en 1746 polo alemán Marggraf.

Cáqueza

Cáqueza é un concello do departamento de Cundinamarca (Colombia), capital da Provincia de Oriente, situado a 39 km de Bogotá. A cabeceira municipal atópase a unha altitude de 1746 m s. n. m., e ten unha temperatura media anual de 21 ºC.

Década de 1740

A década de 1740 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1740 e remata o 31 de decembro de 1749.

Filipe V de España

Filipe V de España, nado no Palacio de Versalles o 19 de decembro de 1683 e finado en Madrid o 9 de xullo de 1746, alcumado o Animoso, era duque de Anjou e neto do rei de Francia Luís XIV e da raíña consorte a infanta de España María Tareixa. Foi rei de España dende o 15 de novembro de 1700 ata a súa morte; sucedeu o seu tío-avó (último monarca da Casa de Habsburgo) Carlos II. Desta maneira vai ser o primeiro monarca da Casa de Borbón.

Francisco de Goya

Francisco José de Goya y Lucientes, nado en Fuendetodos (Zaragoza) o 30 de marzo de 1746 e finado en Bordeos (Francia) o 16 de abril de 1828, foi un pintor e gravador español. A súa obra abarca a pintura de cabalete e mural, o gravado e o debuxo. En todas estas facetas desenvolveu un estilo que inaugura o Romanticismo. A arte goiesca supón, así mesmo, o comezo da Pintura contemporánea, e é considerado o precursor das vangardas pictóricas do século XX.

Tras unha lenta aprendizaxe na súa terra natal, no ámbito estílistico do barroco tardío e as estampas devotas, viaxa a Italia en 1770, onde traba contacto co incipiente neoclasicismo, que adopta cando marcha a Madrid a mediados desa década, xunto cun pintoresquismo costumista rococó derivado do seu novo traballo como pintor de cartóns para os tapices da manufactura real de Santa Bárbara. O maxisterio nesta actividade e noutras relacionadas coa pintura de corte impoñíao Mengs, e o pintor español máis reputado era Francisco Bayeu, que foi cuñado de Goya.

Unha grave enfermidade da que adoece en 1793 lévao a achegarse a unha pintura máis creativa e orixinal, que expresa temáticas menos amables que os modelos que pintara para a decoración dos palacios reais. Unha serie de cadriños en folla de lata, ós que el mesmo denomina de capricho e invención, inician a fase madura da obra do artista e a transición cara a unha estética romántica.

Ademais, a súa obra reflicte o convulso período histórico no que vive, particularmente a Guerra da Independencia, da que a serie de estampas dos Desastres da guerra é case unha reportaxe moderna das atrocidades cometidas e compoñen unha visión exenta de heroísmo onde as vítimas son sempre os individuos de calquera clase e condición.

Gran popularidade ten a súa Maja desnuda, en parte favorecida pola polémica xerada en torno á identidade da bela retratada. De comezos do século XIX datan tamén outros retratos que emprende o camiño cara á nova arte burguesa. Ó final do conflito hispano-francés pinta dous grandes cadros a propósito dos sucesos do levantamento do dous de maio de 1808, que sentan un precedente tanto estético como temático para o cadro de historia, que non só comenta sucesos próximos á realidade que vive o artista, senón que acada unha mensaxe universal.

Pero a súa obra culminante é a serie de pinturas ó óleo sobre o muro seco con que decorou a súa casa de campo (a Quinta do Xordo), as Pinturas Negras. Nelas Goya anticipa a pintura contemporánea e os variados movementos de vangarda que marcarían o século XX.

Universidade de Princeton

A Universidade de Princeton, localizada en Princeton (Nova Jersey) é unha das oito universidades da Ivy League. Foi fundada como College of New Jersei en 1746, e estivo orixinalmente localizada en Elizabeth (Nova Jersey). Está recoñecida como unha das máis prestixiosas universidades do mundo; foi trasladada a Princeton en 1756, mantendo o nome orixinal. O nome foi cambiado oficialmente a Universidade de Princeton ("Princeton University") en 1896. Orixinalmente foi unha institución presbiteriana, actualmente laica.

XV
 
XVI
 
XVII
 
Século XVIII
 
XIX
 
XX
 
XXI
Década de 1800
Década de 1790
Década de 1780
Década de 1770
Década de 1760
Década de 1750
Década de 1740
Década de 1730
Década de 1720
Década de 1710
Década de 1700

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.