1715

1715
Calendario gregoriano1715
MDCCXV
Ab urbe condita2468
Calendario armenio1164
Calendario chinés4411 – 4412
Calendario hebreo5475 – 5476
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat1770 – 1771
 ·  Shaka Samvat1637 – 1638
 ·  Kali Yuga4816 – 4817
Calendario persa1093 – 1094
Calendario musulmán1127 – 1128
Calendario rúnico1965
Década de 1710
1711 1712 1713 1714 1715 1716 1717 1718 1719

Acontecementos

América

  • 6 de febreiro : Portugal obtén a Colonia do Sacramento na marxe esquerda do río da Prata, como consecuencia da guerra de Sucesión de España.

Europa

Arte e cultura

Nacementos

Mortes

Outros

Historia ano a ano

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Década de 1710

A década de 1710 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1710 e remata o 31 de decembro de 1719.

Karlsruhe

Karlsruhe é unha cidade do sueste de Alemaña cunha poboación de 307.755 habitantes, no Bundesland de Baden-Württemberg, localizada preto da fronteira con Francia.

Fundada en 1715 coma o Pazo de Karlsruhe, arredor da cidade construíronse dous dos máis altos tribunais en Alemaña, o Tribunal Constitucional Federal (Bundesverfassungsgericht) cuxas decisións teñen forza de lei, e o Tribunal Federal de Xustiza (Bundesgerichtshof), o máis alto tribunal de apelacións en materia de dereito civil e dereito penal. Polo tanto é considerada o berce da xustiza en Alemaña.

Luís XIV de Francia

Luís XIV de Borbón (en francés Louis XIV), nado en Saint-Germain-en-Laye o 5 de setembro de 1638 e finado en Versalles o 1 de setembro de 1715, foi rei de Francia e de Navarra dende o 14 de maio de 1643 até a súa morte con case 77 anos de idade e 72 de reinado. Cando era menor de idade, unha revolta da nobreza francesa e do Parlamento de París puxo en perigo o seu trono. Aínda que a revolta foi sufocada polo 1º ministro o cardeal Mazarino, cando Luís XIV accedeu ao trono decidiu reforzar a autoridade monárquica.

Coñecido como o Rei Sol (le Roi Soleil) ou Luís o Grande (Louis le Grand), foi o primoxénito e sucesor de Luís XIII e de Ana de Austria (filla do rei Filipe III de España). Luís XIV incrementou o poder e a influencia francesa en Europa, combatendo en tres grandes guerras: a guerra de Holanda, a guerra dos Nove Anos e a guerra de Sucesión española.

Baixo o seu mandato, Francia non só conseguiu o poder político e militar, senón tamén o dominio cultural con personaxes coma Molière, Racine, Boileau, La Fontaine, Lully, Rigaud, Le Brun e Le Nôtre. Estes logros culturais contribuíron ao prestixio de Francia, do seu pobo, da súa lingua e do seu rei. Luís XIV, un dos máis destacados reis da historia francesa, conseguiu crear un réxime absolutista e centralizado, até o punto de que o seu reinado é considerado o prototipo da monarquía absoluta na Europa. A frase "L'État, c'est moi" ("O estado son eu") atribúeselle frecuentemente, aínda que é considerada polos historiadores como unha imprecisión histórica (se se fai caso ás datas, Luís tería cinco anos cando o dixo), sendo máis probable que a devandita frase fose forxada polos seus inimigos políticos para resaltaren unha visión estereotipada do absolutismo político que Luís representaba. En contraposición a esa cita apócrifa, Luís XIV dixo antes de morrer a causa das queimaduras do Sol, algo moi común na súa época: "Je m'en vais, mais l'État demeurera toujours." ("Marcho, mais o Estado sempre permanecerá").

Pedro II de Rusia

Pedro II de Rusia (en ruso: Пётр II Алексеевич ou Pyotr II Alekseyevich), nado o 23 de outubro de 1715, e finado o 30 de xaneiro de 1730, foi o Emperador de Rusia dende 1728 até a súa morte. Foi o único fillo do tsarévich Aleksei Petrovich, fillo de Pedro o Grande e da súa dona Eudoxia lupokhina. Foi o único home na liña sucesoria directa de Pedro o Grande.

Pedro naceu en San Petersburgo o 18 de outubro de 1715 polo calendario xuliano. Dende a súa infancia, o orfo Gran Duque foi estritamente apartado do seu cargo. O seu avó, Pedro o Grande, ignorouno sistematicamente. A súa educación correu a cargo, nos primeiros anos, por parte dun capitán chamado Norman, o cal lle ensinou as bases da navegación, cando se fixo máis grande, a súa educación continuou a cargo dun refuxiado húngaro, Janos Zeikin.

Durante o reinado de Catalina I, Pedro seguía sendo ignorado, pero xusto despois da morte de Catalina Pedro deuse conta do poder que acumulaba na súa persoa. A maioría da nación e tres cuartas partes da nobreza apoiábano, mentres que o seu primo (e rival), o Emperador Carlos IV, através do seu embaixador en San Petersburgo, persistía nas súas demandas para obter o poder. O problema sucesorio arranxouse entre os dous enviados das partes litigantes, Aleixandre Danilovich Menshikov e Andrei Osterman.

O 18 de maio de 1727, Pedro foi proclamdo como Soberano Autócrata de todos os rusos

A coronación levouse a cabo en Moscova, o 25 de febreiro de 1728.

Pedro morreu o 30 de xaneiro de 1730 por causa dunha rubeola

Século XVIII

século XVII < século XVIII > século XIX

Tempo que transcorre entre o 1 de xaneiro de 1701 e o 31 de decembro de 1800. Coñecido como o século da Ilustración.

Yason Smohozhevskyi

Yason Smohozhevskyi (en ucraíno: Ясон Смогожевський; en polaco: Jason Smogorzewski; en belaruso: Ясон Смагаржэўскі), nado o 3 de maio de 1715 e finado o 1 de novembro de 1788 en Varsovia (Voivodato de Mazovia, Coroa do Reino de Polonia), foi un eclesiástico grecocatólico ruteno, metropolita de Kiev e Galicia e toda a Rus dende 1780 até a súa morte.

XV
 
XVI
 
XVII
 
Século XVIII
 
XIX
 
XX
 
XXI
Década de 1800
Década de 1790
Década de 1780
Década de 1770
Década de 1760
Década de 1750
Década de 1740
Década de 1730
Década de 1720
Década de 1710
Década de 1700

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.