16 de outubro

O 16 de outubro é o 289º día do ano do calendario gregoriano (290º nos anos bisestos). Quedan 76 días para finalizar o ano.

<< Outubro >>
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31
2019
Todos os días

Acontecementos

Nacementos

Günter Grass, 2004
Günter Grass

Mortes

  • 1342 - Luís de Sicilia, rei de Sicilia (13421355).
  • 1553 - Lucas Cranach o Vello, pintor alemán (nado en 1472).
  • 1555 - Hugh Latimer, mártir británico.
  • 1555 - Nicholas Ridley, mártir británico.
  • 1591 - Gregorio XIV, Papa da Igrexa Católica.
  • 1602 - Eugenio de Salazar, escritor español.
  • 1628 - François de Malherbe, poeta lírico francés.
  • 1776 - Jean Étienne Bernard Ogier de Clugny, estadista francés.
  • 1793 - María Antonieta, raíña de Francia (n. 1755).
  • 1793 - John Hunter, cirurxián e anatomista británico.
  • 1796 - Vítor Amadeo III de Savoia, duque de Savoia e rei de Sardeña (1773: 1796).
  • 1810 - Najman de Breslav, fundador do movemento xasídico.
  • 1855 - Antonio García Reyes, político e periodista chileno.
  • 1857 - Miguel Teurbe Tolón, separatista cubano, creador da bandeira e o escudo de Cuba.
  • 1881 - Marcial del Adalid, compositor español.
  • 1909 - Jakub Bart-Ćišinski, escritor alemán, considerado o máis importante e completo poeta en idioma sórabo.
Auguste Beernaert(03)
Auguste Beernaert

Festas e celebracións

Outros

  • Santoral:

Os 366 días do ano

1982

1982 foi Ano Santo Xacobeo.

Gregorio XIV, papa

Gregorio XIV (en latín Gregorius XIV, en italiano Gregorio XIV), nado co nome de Niccolò Sfondrati en Somma (Lombardía) o 11 de febreiro de 1535 e finado en Roma o 16 de outubro de 1591, foi un relixioso italiano, elixido papa o 5 de decembro de 1590.

En 1591, confirma a excomunicación de Henrique IV, rei de Francia e de Navarra.

India

A India (en hindi: Bharat), oficialmente a República da India (Bharat Ganrajya), é un estado situado en Asia Meridional. É o sétimo país do mundo en superficie, o segundo máis poboado e a democracia máis poboada do mundo con máis de 1,2 miles de millóns de habitantes. Rodeado polo océano Índico ao sur, o mar de Arabia ao suroeste e a baía de Bengala ao sueste, a India conta cunha costa de 7 517 km de extensión. Comparte fronteiras con Paquistán ao oeste; a China, o Nepal e Bután ao nordés; e Myanmar e Bangladesh ao leste. O Goberno da India tamén considera que comparte fronteiras con Afganistán, xa que considera toda Caxemira como parte do seu territorio, porén existe controversia ao respecto e a propia parte da fronteira afgá está controlada polo Estado de Paquistán. No océano Índico, a India atópase nas proximidades de Sri Lanka e as Maldivas, ademais as Illas Andaman e Nicobar comparten fronteira marítima con Tailandia e Indonesia. A súa capital é a cidade de Nova Deli.

Orixe da civilización do Val do Indo e rexión de históricas rutas comerciais e vastos imperios, o subcontinente indio foi sempre identificado pola súa riqueza comercial e cultural ó longo da súa extensa historia.

Nos seguintes milenios, comezaron a compoñerse as escrituras máis antigas asociadas ó hinduísmo. A estratificación social, baseada en castas, naceu no primeiro mileino BCE, e desenvolvéronse o budismo e o xainismo. As primeiras consolidacións políticas producíronse baixo os imperios Maurya e Gupta, os posteriores Reinos medios da India influíron culturas tan afastadas como as do Sueste asiático. Catro relixións de carácter global naceron neste territorio: o hinduísmo, o budismo, o xainismo e o sikhismo, ademais no primeiro milenio (EC) chegaron o xudaísmo, o zoroastrismo, o cristianismo e o islam, o que contribuíu á formación da diversa cultura da rexión. Gran parte do norte do país caeu baixo o Sultanato de Deli, e o sur uniuse baixo o Imperio Vijayanagara. A economía expandiuse no século XVII no Imperio mogol. Na metade do século XVIII, o subcontinente caeu baixo o goberno da Compañía Británica das Indias Orientais, e logo, a mediados do século XIX, directamente administrada polo Reino Unido. A finais do século XIX naceu un movemento nacionalista, que posteriormente, con Mahatma Gandhi, fíxose famoso pola súa resistencia non violenta e levou á independencia da India en 1947.

En 2016, unha enquisa en World Tourism rankings realizada pola World Tourism Organization das Nacións Unidas indicou que a nación é visitada, aproximadamente, por 14.6 millóns de turistas cada ano (2016), facendo que sexa o 8º país máis visitado en Asia-Pacífico.

En 2017, a economía india foi a sexta máis grande do mundo por PIB nominal e a terceira maior por paridade de poder adquisitivo. A raíz das reformas económicas baseadas na economía de mercado en 1991, a India converteuse nunha das grandes economías de máis rápido crecemento, sendo considerado un país recentemente industrializado. Porén, segue a facer fronte aos desafíos da pobreza, a corrupción, a malnutrición, a desaxeitada sanidade pública e o terrorismo. A nivel militar, é un Estado posuidor de armas nucleares e está considerado unha potencia rexional, tendo ademais o segundo exercito con máis tropas do mundo e sendo o quinto en gasto militar. A nivel político é unha república constitucional federal gobernada baixo un sistema parlamentario consistente en 28 estados e 7 territorios da unión. A India é amplamente recoñecida pola súa desenvolvida industria do cine, a súa rica cociña e a exuberante vida salvaxe e vexetación. É unha sociedade plural, plurilingüística e multi-étnica. É, ademais, fogar dunha gran diversidade de vida silvestre e espazos naturais protexidos.

Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura

Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO, siglas de Food and Agriculture Organization, o seu nome en inglés) é unha organización especializada da ONU, creada o 16 de outubro de 1945, na cidade de Quebec. A FAO reagrupa 192 membros (191 estados máis a Unión Europea). A súa sede está na cidade de Roma, Italia desde 1951, anteriormente tiña a sede en Washington, D.C.. O seu obxectivo supremo é axudar a conseguir un mundo sen fame e o seu lema é fiat panis (pan para todos)

A FAO realiza programas para elevar os niveis de nutrición e de vida, mellora a eficiencia da produción, elaboración, comercialización e distribución dos alimentos e produtos agropecuarios de granxas, bosques e pesqueiras, promovendo o desenvolvemento e mellora da poboación rural.

Este organismo prepara ás nacións en desenvolvemento para facer fronte a situacións de urxencia alimentaria e, en caso necesario, presta socorro emerxente. Promove investimentos na agricultura, o perfeccionamento da produción agrícola, a cría de gando e a transferencia de tecnoloxía ós países en desenvolvemento. Tamén fomenta a conservación dos recursos naturais estimulando o desenvolvemento da pesca, acuicultura e as fontes de enerxía renovables.

The Walt Disney Company

The Walt Disney Company, ou simplemente Disney, é unha das meirandes compañías de medios de comunicación e entretemento do mundo en ingresos. Fundada o 16 de outubro de 1923 por Walt Disney e Roy Disney, co paso do tempo converteuse nun dos maiores estudios de filmes de Hollywood. Ademais opera e licenza parques temáticos e diversas cadeas de televisión en aberto e por cable, como ABC, Disney Channel e ESPN. As oficinas coporativas atópanse concentradas principalmente en The Walt Disney Studios en Burbank, California. A compañía cotiza na Bolsa de Valores de Nova York, desde o 6 de maio de 1991.

Unha das creacións animadas máis vellas da compañía, Mickey Mouse, serve como a mascota oficial de The Walt Disney Company.

xaneiro
febreiro
marzo
abril
maio
xuño
xullo
agosto
setembro
outubro
novembro
decembro

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.