16 de novembro

O 16 de novembro é o 320º día do ano no Calendario Gregoriano e o 321º nos anos bisestos. Quedan 45 días para rematar o ano.

<< Novembro >>
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30
2019
Todos os días

Acontecementos

Nacementos

Faustino santalices
Faustino Santalices.
JSJoseSaramago
José Saramago.

Mortes

Clark Gable - publicity
Clark Gable.

Festas e celebracións

Outros

  • Santoral: Santa Xertrude.

Os 366 días do ano

1982

1982 foi Ano Santo Xacobeo.

Anastasio II, papa

Anastasio II, nado en Roma e finado o 16 de novembro de 498, foi o papa número 50 da Igrexa católica, entre os anos 496 e 498.

Henry Taube

Henry Taube, nado o 30 de novembro de 1915 en Neudorf, Saskatchewan (Canadá) e finado o 16 de novembro de 2005 en Palo Alto, California (USA), foi un químico nacido canadense e nacionalizado estadounidense. O seu traballo investigando os mecanismos das reaccións de transferencias de electróns, especialmente entre metais, ou transferencias de electróns na esfera interior, foron recompensados co Premio Nobel de Química en 1983.

José Saramago

José de Sousa Saramago, nado en Azinhaga o 16 de novembro de 1922 e finado na illa canaria de Lanzarote o 18 de xuño de 2010, foi un escritor e xornalista en lingua portuguesa, gañador do Premio Nobel de Literatura no 1998. Tamén gañou o Premio Camões, o máis importante premio literario da lingua portuguesa. Naceu na provincia do Ribatejo, o día 16 de novembro, aínda que o rexistro oficial presente o día 18 como o do seu nacemento.

Saramago, coñecido polo seu ateísmo, foi membro do Partido Comunista Portugués e director do Diário de Notícias.

Patrimonio da Humanidade

O título de Patrimonio da Humanidade (ás veces Patrimonio Mundial) é concedido pola UNESCO, organización das Nacións Unidas para a Cultura, Ciencia e Educación, a sitios específicos do planeta (exemplos: bosques, cordilleiras, lagos, desertos, edificios, complexos ou cidades) que foron nomeados e confirmados para a súa inclusión na lista mantida polo Programa Patrimonio da Humanidade.

O programa de clasificación adícase a catalogar e preservar lugares de excepcional importancia cultural ou natural, como patrimonio común da humanidade. Os lugares da lista poden obter fondos do World Heritage Fund baixo determinadas condicións.

O programa foi fundado pola Convención sobre a Protección do Patrimonio Cultural e Natural, adoptado pola Conferencia Xeral da UNESCO de 16 de novembro de 1972.

En xullo de 2018, estaban catalogados un total de 1.092 sitios (845 culturais, 209 naturais e 38 mixtas) en 167 países diferentes. Italia, con 54 sitios, ten máis que calquera país, seguido da China (53), España (47), Francia (44), Alemaña (44), India (37) e México (35).

Tiberio

Tiberio Claudio Nerón (en Latín: Tiberius Claudius Nero), nado en Roma o 16 de novembro de 42 a. C. e finado o 16 de marzo de 37 d. C. na súa vila de Lúculo, foi un emperador romano da Dinastía Xulio-Claudia.

UNESCO

A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, UNESCO (en inglés United Nations Educational, Scientific and Cultural Organization e en francés: Organisation des Nations unies pour l'éducation, la science et la culture) é un organismo especializado das Nacións Unidas. Fundouse o 16 de novembro de 1945 co obxectivo de contribuír á paz e á seguridade no mundo mediante a educación, a ciencia, a cultura e as comunicacións. A constitución firmada ese día entróu en vigor o 4 de novembro de 1946, ratificada por vinte países. En 1958 inaugurouse a súa sede principal, no distrito VII de París. A súa directora xeral é a francés Audrey Azoulay. A 21 de setembro de 2015 conta con 195 estados membros e oito membros asociados.

Valentino, papa

Valentino I, nado en Roma e morto o 16 de novembro de 827, foi o papa nº 100 da Igrexa católica, que ocupou o seu cargo no ano 827.

xaneiro
febreiro
marzo
abril
maio
xuño
xullo
agosto
setembro
outubro
novembro
decembro

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.