1648

1648
Calendario gregoriano1648
MDCXLVIII
Ab urbe condita2401
Calendario armenio1097
Calendario chinés4344 – 4345
Calendario hebreo5408 – 5409
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat1703 – 1704
 ·  Shaka Samvat1570 – 1571
 ·  Kali Yuga4749 – 4750
Calendario persa1026 – 1027
Calendario musulmán1058 – 1059
Calendario rúnico1898
Década de 1640
1644 1645 1646 1647 1648 1649 1650 1651 1652

Acontecementos

Ciencia e tecnloxía

Nacementos

Mortes

Outros

Historia ano a ano

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Bohemia

Bohemia (en checo: Čechy; en alemán: Böhmen) é unha rexión histórica de Europa Central, tendo a súa capital na cidade de Praga. Ocupa 52.750 km² e ten máis de seis millóns de habitantes. Forma parte da República Checa xunto ás rexións de Moravia e Silesia.

Década de 1640

A década de 1640 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1640 e remata o 31 de decembro de 1649.

Estreito de Bering

O estreito de Bering (ruso: Берингов пролив, Béringov proliv) é un brazo de mar localizado entre o extremo oriental de Asia (Siberia) (Uelen) e o extremo norte occidental de América (Alasca) (Tin City). As súas augas comunican o mar de Chukchi, ao norte, co mar de Bering, ao sur. A súa anchura é de 82 km entre as inmediaciones do Cabo Dezhnev na península de Chukchi, en Rusia, que constitúe o punto máis oriental (169° 39' W) do continente de Asia, e as proximidades do Cabo Príncipe de Gales, en Alasca, Estados Unidos, que é o punto máis occidental (168° 07' W) do subcontinente de Norteamérica.

O nome foi posto en honor a Vitus Bering, o explorador danés ao servizo de Imperio ruso que o cruzou en 1728.

Desde polo menos 1562 os xeógrafos europeos sospeitaban que existía un Estreito de Anián entre Asia e Norteamérica. En 1648 Semión Dezhniov probablemente pasou a través do estreito, pero o seu relato non chegou a Europa. A rexión en que se atopa denomínase Berinxia.

Segundo a teoría máis aceptada, o ser humano migrou desde Asia ata América pasando por este estreito, posiblemente aproveitando un período glaciar e a conxelación do mar así como o nivel máis baixo das augas.

Guerra dos Trinta Anos

A guerra dos Trinta Anos foi unha guerra europea librada principalmente na Europa central entre os anos 1618 e 1648. Aínda que inicialmente se tratou dun conflito relixioso entre católicos e protestantes, o motivo central foi a disputa entre as potencias europeas por conseguiren unha situación de equilibrio ou ben, no caso doutras, por conseguiren unha situación de hexemonía (neste caso a casa dos Habsburgo en España e a casa de Austria, que eran católicos). A guerra dos Trinta Anos acabou coa paz de Westfalia e a paz dos Pireneos. Con todo, tamén pode describirse non como unha soa guerra, senón dunha longa serie de conflitos desenvolvidos principalmente en Europa central.

Esta guerra pódese dividir en 4 etapas :

A revolta de Bohemia.

A intervención danesa.

A intervención sueca.

A intervención francesa.

Lev Zalenskyi

Lev Sliubych-Zalenskyi (en ucraíno: Лев Слюбич-Заленський; en polaco: Lew Ślubicz-Załęski; en belaruso: Леў Слюбіч-Заленскі), nado en 1648 en Volinia (Coroa do Reino de Polonia) e finado o 24 de agosto de 1708, foi un eclesiástico grecocatólico ruteno, metropolita de Kiev e Galicia e toda a Rus dende 1695 até a súa morte.

Paz de Westfalia

O termino de Paz de Westfalia refírese aos dous tratados de paz de Osnabrück e Münster, asinados o 15 de maio e 24 outubro de 1648, respectivamente, este último na Sala da Paz do Concello de Münster, na rexión histórica de Westfalia, polos cales finalizou a guerra dos Trinta Anos en Alemaña e a guerra dos Oitenta Anos entre España e os Países Baixos. Nestes tratados participaron o emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, Fernando III (Habsburgo), os Reinos de España, Francia e Suecia, Provincias Unidas e os seus respectivos aliados entre os príncipes do Sacro Imperio Romano Xermánico.

A Paz de Westfalia deu lugar a partir do primeiro congreso diplomático moderno e iniciou unha nova orde no centro de Europa baseado no concepto de soberanía nacional. Até 1806, os regulamentos pasaron a formar parte das leis constitucionais do Sacro Imperio Romano. O Tratado dos Pireneos, asinado en 1659, puxo fin á guerra entre Francia e España e é a miúdo considerada como parte do acordo global.

Pedro II de Portugal

Pedro II de Portugal, nado en Lisboa o 26 de abril de 1648 e finado na mesma cidade o 9 de decembro de 1706, foi un nobre portugués, rei de Portugal dende 1683 ata a súa morte.

Era fillo de Xoán IV de Portugal. Sucedeu ao seu irmán Afonso VI de Portugal, aínda que xa exercía as funcións de rexente do reino dende 1668, debido á inestabilidade mental do seu irmán.

Alcumado O Pacífico, porque durante a súa rexencia asinouse a paz con España (en 1668). A súa longa xestión foi de importantes realizacións. En 1671 concedeu liberdade de comercio para os ingleses residentes en Portugal e deu inicio ao establecemento de manufacturas téxtiles. Obtivo autorización papal para a elevación do Bispado da Baía á categoría de arcebispado, e a creación dos bispados en Olinda e no Río de Xaneiro no 1676. En 1677 foi creado o bispado do Maranhão, subordinado directamente ao arcebispado de Lisboa. En 1686, por decreto do Rexemento de Misións, foron restrinxidos os privilexios dos xesuítas no norte do Brasil.

Morreu con 58 anos na Quinta de Alcántara ou Palacio da Palhavã, catro días despois de enfermar de apoplexía.

Sacro Imperio Romano Xermánico

O Sacro Imperio Romano Xermánico ou sinxelamente Sacro Imperio (en alemán: Heiliges Römisches Reich Deutscher Nation "Sacro Imperio Romano da Nación Alemá", en latín: Sacrum Romanum Imperium Nationis Germaniae "Sacro Imperio Romano das Nacións Xermánicas") foi a unión política dun conglomerado de estados da Europa central, que se mantivo dende a Idade Media até inicios da Idade Contemporánea.

Formado en 962 da parte oriental das tres en que se repartiu o reino franco de Carlomagno en 843 mediante o tratado de Verdún, o Sacro Imperio foi a entidade predominante de Europa central durante case un milenio, até a súa disolución en 1806 por Napoleón Bonaparte.Á elección como emperador de Carlos V (28 de xuño de 1519) ademais dos territorios alemáns e de Holstein e Prusia, que con Riga chegaba até o golfo de Finlandia, o Sacro Imperio comprendía Bohemia, Moravia e Silesia, alcanzando con Krajina as costas do mar Adriático; polo oeste, pertencían a el, o condado libre de Borgoña (ou Franco Condado) e Savoia, aos que se sumaban Xénova, Lombardía e Toscana en terras italianas. Tamén estaban integrados no Imperio a maior parte dos Países Baixos, coa excepción do Artois e Flandres, ao oeste do río Escalda. Partindo do norte dos Alpes, levaba todo un mes atravesar o territorio imperial en sentido norte-sur ou leste-oeste.A denominación do Sacro Imperio variou considerabelmente ao longo dos séculos. En 1034 utilizábase a fórmula Imperio Romano para referirse ás terras baixo dominio de Conrado II e non foi até 1157, durante o reinado de Federico I Barbarroxa, en que se empezou a usar o termo Sacro Imperio. Doutra banda, o uso do termo Emperador Romano facía referencia aos gobernadores das terras europeas do norte e comezou a usarse con Otón II (emperador entre 973 e 983). Os emperadores anteriores, dende Carlomagno (morto en 814) até Otón I o Grande (emperador entre 962 e 973), utilizaran simplemente o título de Imperator Augustus (Emperador Augusto). O termo Sacro Imperio Romano comeza a ser utilizado a partir de 1254; e o termo Sacro Imperio Romano Xermánico data de 1512, logo de moitas variacións nos últimos anos do século XV.

Século XVII

século XVI < século XVII > século XVIII

Tempo que transcorre entre o 1 de xaneiro de 1601 e o 31 de decembro de 1700.

Acontecementos importantes

Guerra dos Trinta Anos

É o século do Barroco.

A pataca comeza a cultivarse en IrlandaPersonaxes destacadas

Luís XIV de Francia, o rei Sol

Isaac Newton

Galileo Galilei

Carlos I de Inglaterra

Carlos II de Inglaterra

René Descartes

XIV
 
XV
 
XVI
 
Século XVII
 
XVIII
 
XIX
 
XX
Década de 1700
Década de 1690
Década de 1680
Década de 1670
Década de 1660
Década de 1650
Década de 1640
Década de 1630
Década de 1620
Década de 1610
Década de 1600

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.