1643

1643
Calendario gregoriano1643
MDCXLIII
Ab urbe condita2396
Calendario armenio1092
Calendario chinés4339 – 4340
Calendario hebreo5403 – 5404
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat1698 – 1699
 ·  Shaka Samvat1565 – 1566
 ·  Kali Yuga4744 – 4745
Calendario persa1021 – 1022
Calendario musulmán1053 – 1054
Calendario rúnico1893
Década de 1640
1639 1640 1641 1642 1643 1644 1645 1646 1647

Acontecementos

Europa

Oceanía

Arte e cultura

Nacementos

Mortes

Outros

Historia ano a ano

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Afonso VI de Portugal

Afonso VI de Portugal, nado en Lisboa o 21 de agosto de 1643 e finado na mesma cidade o 12 de setembro de 1683, foi rei de Portugal dende o 6 de novembro de 1656 ata a súa morte, se ben deixou de gobernar dende 24 de novembro de 1667, sendo rexido polo seu irmán, príncipe Pedro. Recibiu o alcume de O Vitorioso, por que no seu reinado Portugal venceu a España en varias batallas da Guerra da Restauración Portuguesa. Morreu sen descendencia.

Claudio Monteverdi

Claudio Giovanni Antonio Monteverdi, nado o 15 de maio de 1567 en Cremona e finado o 29 de novembro de 1643 en Venecia, marcou a transición entre a tradición polifónica e madrigalista do século XVI e o nacemento do drama lírico e da ópera no século XVII. É a figura máis importante na transición entre a música do Renacemento e do Barroco.

Década de 1640

A década de 1640 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1640 e remata o 31 de decembro de 1649.

Edda poética

A Edda poética ou Edda maior é unha colección de poemas escritos en antigo nórdico preservados inicialmente no manuscrito medieval islandés coñecido como Codex Regius. Xunto coa Edda prosaica de Snorri Sturluson, a Edda poética é a fonte existente máis importante sobre mitoloxía escandinava e lendas heroicas xermanas.

O Codex Regius foi escrito no século XIII pero non se soubo nada do seu paradeiro ata 1643 cando parou nas mans de Brynjólfur Sveinsson, bispo de Skálholt. Daquela, as versións da Edda de Snorri eran ben coñecidas en Islandia, pero os estudosos especulaban que había outra, unha Edda maior que contiña os poemas pagáns que Snorri cita no seu libro. Cando se descubriu o Codex Regius creuse que esta fora probada. Brynjólfur atribuíu o manuscrito a Sæmundr o sabio, un sacerdote islandés do século XII. Porén, aínda que esta atribución é rexeitada polos eruditos modernos, o título Edda de Sæmundar aínda pode verse en ocasións.

O bispo Brynjólfur enviou o Codex Regius como agasallo ó rei dinamarqués, e de aí o nome. Fora gardado durante séculos na Biblioteca Real Danesa pero no ano 1971 foi devolto a Islandia.

Isaac Newton

Isaac Newton, nado en Woolsthorpe, Lincolnshire, o 4 de xaneiro de 1643 (día de Nadal de 1642 segundo o calendario xuliano) e finado en Londres o 31 de marzo de 1727, foi un físico, matemático e astrónomo inglés. A súa contribución máis notable foi a lei da gravitación universal, sobre a que Lagrange escribiu: "o sistema do mundo descóbrese unha soa vez". Pero a obra de Newton, pola súa contribución capital á ciencia moderna, ten unha importancia moito maior. Foi un dos creadores, xunto con Leibniz, do cálculo infinitesimal. Tamén foi descubridor de varias leis da física, entre elas a lei da gravidade. Para el, a función da ciencia era descubrir leis universais e enuncialas de forma precisa e racional.

Luís XIII de Francia

Luís XIII de Francia, chamado o Xusto, nado en Fontainebleau o 27 de setembro de 1601 e finado en Saint-Germain-en-Laye o 14 de maio de 1643, Rei de Francia e de Navarra (1610–1643), co-príncipe de Andorra (1610-1643) e conde de Barcelona (Luís I) (1641-43). En 1641, trala sublevación de Cataluña, o principado púxose baixo a protección de Francia e nomeou conde de Barcelona a Luís XIII. Era fillo de Henrique IV de Francia e III de Navarra e de María de Médici e foi o pai de Luís XIV, alcumado como o «Rei Sol».

Luís XIV de Francia

Luís XIV de Borbón (en francés Louis XIV), nado en Saint-Germain-en-Laye o 5 de setembro de 1638 e finado en Versalles o 1 de setembro de 1715, foi rei de Francia e de Navarra dende o 14 de maio de 1643 até a súa morte con case 77 anos de idade e 72 de reinado. Cando era menor de idade, unha revolta da nobreza francesa e do Parlamento de París puxo en perigo o seu trono. Aínda que a revolta foi sufocada polo 1º ministro o cardeal Mazarino, cando Luís XIV accedeu ao trono decidiu reforzar a autoridade monárquica.

Coñecido como o Rei Sol (le Roi Soleil) ou Luís o Grande (Louis le Grand), foi o primoxénito e sucesor de Luís XIII e de Ana de Austria (filla do rei Filipe III de España). Luís XIV incrementou o poder e a influencia francesa en Europa, combatendo en tres grandes guerras: a guerra de Holanda, a guerra dos Nove Anos e a guerra de Sucesión española.

Baixo o seu mandato, Francia non só conseguiu o poder político e militar, senón tamén o dominio cultural con personaxes coma Molière, Racine, Boileau, La Fontaine, Lully, Rigaud, Le Brun e Le Nôtre. Estes logros culturais contribuíron ao prestixio de Francia, do seu pobo, da súa lingua e do seu rei. Luís XIV, un dos máis destacados reis da historia francesa, conseguiu crear un réxime absolutista e centralizado, até o punto de que o seu reinado é considerado o prototipo da monarquía absoluta na Europa. A frase "L'État, c'est moi" ("O estado son eu") atribúeselle frecuentemente, aínda que é considerada polos historiadores como unha imprecisión histórica (se se fai caso ás datas, Luís tería cinco anos cando o dixo), sendo máis probable que a devandita frase fose forxada polos seus inimigos políticos para resaltaren unha visión estereotipada do absolutismo político que Luís representaba. En contraposición a esa cita apócrifa, Luís XIV dixo antes de morrer a causa das queimaduras do Sol, algo moi común na súa época: "Je m'en vais, mais l'État demeurera toujours." ("Marcho, mais o Estado sempre permanecerá").

María Pita

Mayor Fernández da Cámara Pita, máis coñecida como María Pita,, nada en Sigrás contra 1560 e finada no mesmo lugar en 1643, foi unha heroína galega na defensa da Coruña contra o ataque da Armada Británica acontecido no ano 1589.

Século XVII

século XVI < século XVII > século XVIII

Tempo que transcorre entre o 1 de xaneiro de 1601 e o 31 de decembro de 1700.

Acontecementos importantes

Guerra dos Trinta Anos

É o século do Barroco.

A pataca comeza a cultivarse en IrlandaPersonaxes destacadas

Luís XIV de Francia, o rei Sol

Isaac Newton

Galileo Galilei

Carlos I de Inglaterra

Carlos II de Inglaterra

René Descartes

XIV
 
XV
 
XVI
 
Século XVII
 
XVIII
 
XIX
 
XX
Década de 1700
Década de 1690
Década de 1680
Década de 1670
Década de 1660
Década de 1650
Década de 1640
Década de 1630
Década de 1620
Década de 1610
Década de 1600

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.