15 de xullo

O 15 de xullo é o 196º día do ano do calendario gregoriano e o 197º nos anos bisestos. Quedan 169 días para finalizar o ano.

<< Xullo >>
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31
2019
Todos os días

Acontecementos

Nacementos

Rembrandt Self portrait in a fur coat with gold chain and earring
Rembrandt.
Walter Benjamin vers 1928
Walter Benjamin.

Mortes

Rosalía Castro de Murguía por Luis Sellier
Rosalía de Castro.
Chekhov 1898 by Osip Braz
Anton Chekhov.

Outros

  • Santoral:

Os 366 días do ano

Notas

  1. Adiós a Roberto Bolaño
.ve

.ve é o Dominio de Nivel Superior xeográfico (ccTLD) para Venezuela, creado o 7 de marzo de 1991 e actualizado o 15 de xullo de 2015.O Centro de Información de Rede de Venezuela (NIC.VE) é o responsable da administración do espazo de nomes de dominio asignado para a República Bolivariana de Venezuela (VE), onde se mantén un sistema electrónico de rexistro de nomes de dominio e opérase unha rede de servidores, que provén á comunidade de usuarios de Internet dunha plataforma sólida e de confianza para manter a súa presenza na rede global de Internet.

2018

2018 (MMXVIII) é un ano común do calendario gregoriano dentro do século XXI.

Bertram Brockhouse

Bertram Neville Brockhouse, nado en Lethbridge (Alberta) o 15 de xullo de 1918 e fiando o 13 de outubro de 2003, foi un físico canadense gañador do Premio Nobel de Física.

Chipre

Chipre ( pronunciación ) (en grego: Κύπρος/Kýpros, en turco: Kıbrıs), oficialmente República de Chipre ( pronunciación ) (en grego: Κυπριακή Δημοκρατία, en turco: Kıbrıs Cumhuriyeti) é un república que abrangue o territorio da illa homónima, situada ó leste do mar Mediterráneo, 113 km ao sur de Turquía, 120 km ao oeste de Siria e 150 km ao leste da illa grega de Kastellorizo. Chipre ingresou como membro das Nacións Unidas o 20 de setembro de 1960 e foi un dos fundadores do Movemento de Países Non Aliñados até o seu ingreso na Unión Europea o 1 de maio de 2004.

Segundo a lei internacional, a illa no seu todo é un estado independente, mais de facto atópase dividida dende o 15 de xullo de 1974 en dúas partes. Os dous terzos do sur forman o Chipre propiamente dito e o resto da illa, o terzo norte, é a coñecido como a República Turca do Norte de Chipre, baixo protección turca e sen recoñecemento internacional. Ámbolos dous territorios teñen a súa capital en Nicosia.

Hermann Emil Fischer

Hermann Emil Fischer, nado en Euskirchen o 9 de outubro de 1852 e finado en Berlín o 15 de xullo de 1919, foi un químico alemán gañador do Premio Nobel de Química de 1902.

Inquisición

A chamada Inquisición foi un tribunal relixioso que velou pola ortodoxia da relixión católica en España e noutros países europeos. Xurdiu en 1184 na zona de Languedoc (no sur de Francia) para combater as chamadas herexías (ou sexa, as opinións teolóxicas diverxentes da doutrina oficial do catolicismo). O fin da inquisición en todo o mundo deuse no ano 1834, cando España a declarou formalmente abolida o 15 de xullo dese ano.

Houbo 4 inquisicións na historia, que sempre tiveron algunha relación entre si: a Inquisición Medieval, a Inquisición española, a Inquisición Portuguesa, e a Inquisición Romana.

Leon Lederman

Leon Max Lederman, nado en Nova York, EUA o 15 de xullo de 1922, e finado o 3 de outubro de 2018 foi un físico e profesor universitario estadounidense galardoado co Premio Nobel de Física do ano 1988 polos seus traballos sobre os neutrinos.

Les Masies de Roda

Les Masies de Roda é un concello da provincia de Barcelona, en Cataluña, pertencente á comarca de Osona. Está situado xunto ao río Ter.

Estivo unido con Roda de Ter ata o 15 de xullo de 1805, formando o concello de Sant Pere de Roda. Tiña en 2014 unha poboación de 737 habitantes agrupados en 5 entidades de poboación: les Cases Noves, Disseminats, l'Esquerda, Fontanelles e el Vicenç.

Robert Bruce Merrifield

Robert Bruce Merrifield nado en Fort Worth (Texas) o 15 de xullo de 1921 e finado en Cresskill (Nova Jersey) o 14 de maio de 2006, foi un bioquímico e profesor universitario estadounidense, galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1984.

xaneiro
febreiro
marzo
abril
maio
xuño
xullo
agosto
setembro
outubro
novembro
decembro

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.