15 de xuño

O 15 de xuño é o 166º día do ano do calendario gregoriano e o 167º nos anos bisestos. Quedan 199 días para finalizar o ano.

<< Xuño >>
Lu Ma Xo Ve Do
1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
2019
Todos os días

Acontecementos

Nacementos

Mikel Laboa abeslaria
Mikel Laboa.

Mortes

Eminescu
Mihai Eminescu.

Outros

Os 366 días do ano

1971

1971 foi Ano Santo Xacobeo.

Boys Don't Cry (sinxelo)

"Boys Don't Cry" é o segundo sinxelo editado pola banda inglesa The Cure, aparecido o 15 de xuño de 1979. Gravouse ao mesmo tempo que o seu álbum de estrea Three Imaginary Boys, pero ao igual que os sinxelos "Killing an Arab" e "Jumping Someone Else's Train", non foi incluído no disco. Porén si aparecería na súa reedición estadounidense, Boys Don't Cry.

Eleccións xerais de España de 1977

As eleccións xerais en España de 1977 tiveron lugar o 15 de xuño dese ano. Os españois e españolas maiores de idade foron chamados ás urnas corenta e un anos dende as últimas eleccións celebradas en democracia.

Nestas eleccións o Presidente do Goberno, Adolfo Suárez, nomeado polo Rei en 1976, chega ao Centro Democrático y Social, para lideralo e así crear a Unión de Centro Democrático, que gaña as eleccións quedando a poucos escanos da maioría absoluta.

John Fenn

John Bennett Fenn, nado o 15 de xuño de 1917 en Nova York e finado o 10 de decembro de 2010 en Richmond, Virxinia, foi un químico e profesor universitario estadounidense galardoado co Premio Nobel de Química do ano 2002.

Kenneth G. Wilson

Kenneth Geddes Wilson, nado en Waltham, Massachusetts o 8 de xuño de 1936 e finado o 15 de xuño de 2013 en Saco, Maine, foi un físico estadounidense.

Martinica

A illa de Martinica (en francés Martinique) é un departamento de ultramar francés localizado ao norte de Trinidad e Tobago, en augas do Mar Caribe (como tal, constitúe unha rexión ultraperiférica da Unión Europea). Esta illa pertence ás Pequenas Antillas Francesas do leste do mar Caribe, unha das illas de Barlovento. É montañosa e de orixe volcánico. Cristovo Colón foi o primeiro navegante en descubrir a illa o 15 de xuño de 1502 mais, excepto en 3 ocasións en que foi ocupada brevemente por outras nacións, a illa permaneceu baixo dominio francés desde a súa colonización no ano de 1635. Martinica está dominada polo Monte Pelée, o cal fixo erupción o 8 de maio de 1902 destruíndo completamente o primeiro asentamento europeo na illa (Saint Pierre) e matando a máis de 30.000 persoas.

UEFA

A Unión de Asociacións de Fútbol Europeas (en inglés: Union of European Football Associations), máis coñecida como UEFA, é a organización administrativa e de control do fútbol europeo. Representa as asociacións nacionais de Europa, organizando nove competicións entre nacións e entre clubs en Europa, controlando os premios, regulamentos e dereitos desas competicións. É unha das seis confederacións continentais da FIFA.

Das confederacións, de longo é a mais forte en termos financeiros e de influencia no escenario internacional. Virtualmente todos os mellores xogadores do mundo xogan en campionatos europeos, particularmente en Inglaterra, Francia, Italia, España e Alemaña. Moitas das seleccións de maior forza están na UEFA. Dos 32 equipos participantes no Mundial de Suráfrica de 2010, 13 pertencen á UEFA.

A UEFA foi fundada o 15 de xuño de 1954 en Basilea, Suíza, como consecuencia de discusións entre as confederacións de Francia, Italia e Bélxica. A sede ficou en París ata 1959, cando a organización se mudou a Berna. Henri Delaunay foi o primeiro Secretario Xeral e Ebbe Shwartz o presidente. O seu centro administrativo dende 1995 é Nyon (Suíza). Foi inicialmente composta por 25 confederacións; actualmente son 53.

Vilasantar

Vilasantar é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Betanzos.

Wendell Meredith Stanley

Wendell Meredith Stanley, nado o 16 de agosto de 1904 en (Ridgeville, Indiana, Estados Unidos e finado o 15 de xuño de 1971 en Salamanca, España foi un químico, bioquímico e profesor universitario norteamericano galardoado co Premio Nobel de Química no ano 1946.

xaneiro
febreiro
marzo
abril
maio
xuño
xullo
agosto
setembro
outubro
novembro
decembro

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.