15 de setembro

O 15 de setembro é o 258º día do ano do calendario gregoriano e o 259º nos anos bisestos. Quedan 107 días para finalizar o ano.

<< Setembro >>
Lu Ma Xo Ve Do
1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30
2019
Todos os días

Acontecementos

Nacementos

Marco Polo
Marco Polo.
Curros - henriquez
Manuel Curros Enríquez.

Mortes

JohnBlakeDillon
John Blake Dillon.

Outros

Os 366 días do ano

1926

1926 foi Ano Santo Xacobeo.

1937

1937 foi Ano Santo Xacobeo.

1976

1976 foi Ano Santo Xacobeo.

Canal 24 Horas

O Canal 24 Horas é unha canle de televisión pertencente a Televisión Española, que emite noticias de xeito ininterrompido para España e o mundo. Comezou as súas emisións ás 14 horas do 15 de setembro de 1997, dentro da plataforma de televisión por satélite Vía Dixital, sendo a primeira canle de información continua en España.

A programación estrutúrase en bloques de noticias de media hora de duración que comprenden información sobre a actualidade nacional e internacional, sociedade, cultura, economía, deportes e información meteorolóxica.

Eugenio Arbones Castellanzuelo

Eugenio Arbones Castellanzuelo, nado en Ponteareas en 1884 e falecido en Vigo o 15 de setembro de 1936, foi un médico e político, asasinado polos sublevados ó comezo da guerra civil.

Manuel Curros Enríquez

Manuel Curros Enríquez, nado en Celanova o 15 de setembro de 1851 e finado na Habana o 7 de marzo de 1908, foi un poeta e xornalista galego, un dos tres principais representantes do Rexurdimento da literatura galega, xunto a Rosalía de Castro e Eduardo Pondal. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas en 1967.

Murray Gell-Mann

Murray Gell-Mann, nado en Nova York o 15 de setembro de 1929 e finado en Santa Fe o 24 de maio de 2019, foi un físico estadounidense, galardoado co Premio Nobel de Física no ano 1969.

O Carril, Vilagarcía de Arousa

Santiago do Carril é unha parroquia que se localiza no concello de Vilagarcía de Arousa. Segundo o IGE, no 2016 a súa poboación era de 1 757 habitantes (901 mulleres e 856 homes), o que representa un aumento respecto ós anos 2010, cando tiña 1 607 veciños, e 2005, cando eran 1 568.

O primeiro ferrocarril de Galiza foi inaugurado o 15 de setembro de 1873, entre esta localidade e Cornes (Conxo).

O Carril foi concello de seu até 1913, cando se integrou no concello de Vilagarcía de Arousa.

Primeira división española 1957/58

A tempada 1957/58 da Primeira división española de fútbol, que foi a 27ª edición do campionato, disputouse entre o 15 de setembro de 1957 e o 21 de abril de 1958.

O Real Madrid revalidou o título conquistado a tempada anterior.

Primeira división española 1963/64

A tempada 1963/64 da Primeira división española de fútbol, que foi a 33ª edición do campionato, disputouse entre o 15 de setembro de 1963 e o 26 de abril de 1964.

O Real Madrid proclamouse campión por cuarta tempada consecutiva, marca insólita ata ese momento. Os merengues quedáronse o seu segundo trofeo ligueiro en propiedade.

Rudolf Eucken

Rudolf Christoph Eucken, nado en Aurich o 5 de xaneiro de 1846 e finado en Jena o 15 de setembro de 1926, foi un filósofo alemán, premio Nobel de Literatura en 1908.

Xogos Olímpicos de 2000

Os XXIV Xogos Olímpicos de Sidney, Australia, realizados entre o 15 de setembro e o 1 de outubro do ano 2000 e tamén coñecidos como Xogos do Milenio, foron os maiores organizados até o de entón, con 10.651 atletas de 199 países competindo en 300 eventos deportivos. Sucedéronse nunha atmosfera pacífica e estiveron ben organizados.

Australia, país anfitrión, preparouse para os seus Xogos coa intención de tornarse unha potencia olímpica e conquistou a espectacular marca de 58 medallas, sendo 16 de ouro, ficando na cuarta posición no cadro de medallas final dos Xogos, a mellor participación da súa historia.

xaneiro
febreiro
marzo
abril
maio
xuño
xullo
agosto
setembro
outubro
novembro
decembro

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.