1598

1598
Calendario gregoriano1598
MDXCVIII
Ab urbe condita2351
Calendario armenio1047
Calendario chinés4294 – 4295
Calendario hebreo5358 – 5359
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat1653 – 1654
 ·  Shaka Samvat1520 – 1521
 ·  Kali Yuga4699 – 4700
Calendario persa976 – 977
Calendario musulmán1007 – 1008
Calendario rúnico1848
Década de 1590
1594 1595 1596 1597 1598 1599 1600 1601 1602

Acontecementos

Nacementos

Mortes

Outros

Historia ano a ano

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Boris Godunov

Boris Fedorovich Godunov (en ruso: Борис Фёдорович Годунов), nado en 1551 e finado o 23 de abril de 1605, foi un nobre ruso, rexente de facto de Rusia desde 1584 ata 1598 e posteriormente converteuse no primeiro tsar non pertencente a dinastía Rurik, exercendo o poder desde 1598 ata a súa morte no 1605.

Dinastía filipina

Portugal baixo a casa de Austria —denominado pola historiografía portuguesa como dinastía filipina ou terceira dinastía— é o período histórico comprendido entre 1580 e 1640 no que Portugal constituíu unha unión dinástica aeque principaliter xunto cos demais dominios que compuñan a Monarquía Hispánica baixo o mesmo soberano de casa de Austria, que foron:

Filipe II de España (como Filipe I en Portugal) (r. 1580-1598)

Filipe III de España (como Filipe II en Portugal) (r. 1598-1621)

Filipe IV de España (como Filipe III en Portugal) (r. 1621-1640)Durante a súa existencia, a extensión do bloque territorial ibérico chegou a converterse no imperio máis dilatado do seu tempo debido a que gobernou sobre unha extensa superficie do mundo que abarcaba desde as Indias de América até o extremo oriente de Asia, incluíndo factorías en África e a India.

Década de 1590

A década de 1590 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1590 e remata o 31 de decembro de 1599.

Filipe III de España

Filipe III de España e II de Portugal, tamén coñecido como Filipe III de Habsburgo, nado en Madrid o 14 de abril de 1578 e finado o 31 de marzo de 1621, foi rei de Castela, Aragón e Portugal.

Filipe II de España

Filipe II de España, tamén coñecido como Filipe II de Habsburgo, nado en Valladolid o 21 de maio de 1527 e falecido en El Escorial, Madrid, o 13 de setembro de 1598, foi rei de España entre 1556 e 1598 e de Portugal e os Algarves, (Filipe I de Portugal) entre 1580 e 1598.Fillo e herdeiro de Carlos I de España e Isabel de Portugal, e neto por vía paterna de Xoana I de Castela e de Filipe de Habsburgo (Filipe o Fermoso), e de Manuel I de Portugal e María de Aragón por vía materna. Chamado o rei prudente, realizou a ansiada unión dinástica con Portugal, que durou sesenta anos. Foi así mesmo rei de Inglaterra, entre 1554 e 1558, polo seu matrimonio con María I de Inglaterra.

Desde a súa morte foi presentado polos seus defensores como arquetipo de virtudes, e como un monstro fanático e despótico polos seus inimigos. Esta dicotomía entre a Lenda Negra e a Lenda Branca ou Rosa foi favorecida por el mesmo, xa que se negou a que se publicaran biografías súas en vida, e ordenou a destrución da súa correspondencia.[Cómpre referencia]Aínda hoxe en día, a historiografía anglosaxoa e protestante presenta a Filipe II como un ser fanático, despótico, criminal, imperialista e xenocida. As súas vitorias foron minimizadas até o anecdótico (salvo uns poucos exemplos, como a Batalla de Lepanto) e as súas derrotas magnificadas en exceso, a pesar de que non supuxeron grandes cambios políticos ou militares, como a perda dunha parte da Grande y Felicísima Armada (a Armada Invencible) debido a un forte temporal que ademais os historiadores anglosaxóns "transformaron" nunha vitoria inglesa.[Cómpre referencia]Durante o seu goberno, o Imperio español dirixiu a exploración global e a extensión colonial a través do Atlántico e do Océano Pacífico, converténdose durante moito tempo no principal país e potencia europea e de todo o mundo. O seu imperio converteuse no primeiro imperio global, porque por primeira vez un imperio abarcaba posesións en todos os continentes, as cales, a diferenza do que ocorrera no Imperio romano ou no Carolinxio, non se comunicaban por terra as unhas coas outras.

Gian Lorenzo Bernini

Gian Lorenzo Bernini, nado o 7 de decembro de 1598 en Nápoles e finado o 28 de novembro de 1680 en Roma, foi un prominente escultor e arquitecto na Roma do século XVII.

Hermigua

Hermigua é un municipio español pertencente á provincia de Santa Cruz de Tenerife. Está situado no norte da illa de La Gomera (Canarias).

Ten unha extensión de 39,67 km² e unha poboación de 2.170 habitantes (INE, xaneiro de 2007). A súa altitude é de 210 metros sobre o nivel do mar e ten unha Lonxitude de costa de 8,35 km

Algúns lugares de interese do municipio son o Convento de San Pedro (1598), a Igrexa da Encarnación e o Museo Etnográfico. Un dos casaríos de Hermigua é El Cedro, situado nos límites do Parque Nacional de Garajonay e dentro do bosque do mesmo nome caracterizado pola presenza de laurisilva.

Reino de Portugal

Reino de Portugal foi a denominación de Portugal baixo a gobernación dun réxime monárquico, e ao comezo aínda sen o Reino dos Algarves.

Este reino localizábase no oeste da Península Ibérica, Europa. Existiu de 1139 a 1910, tendo 771 anos de duración, 35 monarcas e 4 dinastías, tendo a primeira (Afonsina ou Borgonha): 9; a de Avis: 9; a Filipina: 3 e a de Bragança: 14.

Tras a proclamación da república portuguesa o 5 de outubro de 1910, foi substituído por unha república, pola Primeira República Portuguesa que tiña dato os primeiros pasos para a súa implantación co rexicidio de 1908 e, definitivamente implantada, tras a revolución do 5 de outubro de 1910.

Teodoro I de Rusia

Teodoro I Ivanovich (en ruso: Фёдор I Иванович, "Fedor I Ivanovich"), nado o 31 de maio de 1557 e finado o 7 de xaneiro de 1598, foi tsar de Rusia desde 1584 ata 1598.

Foi fillo do tsar Iván o Terrible e de Anastasia Romanovna Zakharina. No ano 1580 contrae matrimonio con Irene Godúnovna irmá de Boris Godunov. Tiña un carácter piadoso e pasou a maior parte do seu tempo rezando.

Ó morrer o seu pai, herdou unha terra destruída polas atrocidades deste, non moi interesado nas tarefas de goberno, deixou esta tarefa ó seu irmán político Boris Godunov. Ó morrer a súa única filla, o tsar caeu nunha gran depresión.

Tras a morte de Teodoro I, remata o goberno da dinastía Rúrika.

Tetrápodos

Os tetrápodos (Tetrapoda) (do grego τετραπόδηs tetrӑpódēs, latinizado tetrapoda, "de catro pés, o de catro patas") é unha superclase de animais vertebrados con catro extremidades empregadas no desprazamento ou a manipulación. Dado que os anfibios, réptiles, mamíferos e aves son tetrápodos, (incluíndo a píntegas ápodas e serpentes, por cuestións taxonómicas), o termo é especialmente útil para describir os membros máis primitivos do grupo, que irradiaron dende os sarcopterixios (peixes de "aletas lobuladas") aos primeiros anfibios do período devoniano.

William Shakespeare

William Shakesperare, nado en Stratford-upon-Avon, bautizado o 26 de abril de 1564, e finado o 23 de abril de 1616, foi un poeta e dramaturgo inglés, considerado desde hai tempo por moitos como o meirande escritor en lingua inglesa e un dos máis célebres da literatura universal. A súa obra é tal que moitas das súas personaxes aínda son obxecto de cuantiosos estudos. Unha das características máis salientables da mesma é a profunda e complexa definición psicolóxica das súas personaxes.

XIII
 
XIV
 
XV
 
Século XVI
 
XVII
 
XVIII
 
XIX
Década de 1600
Década de 1590
Década de 1580
Década de 1570
Década de 1560
Década de 1550
Década de 1540
Década de 1530
Década de 1520
Década de 1510
Década de 1500

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.