1595

1595
Calendario gregoriano1595
MDXCV
Ab urbe condita2348
Calendario armenio1044
Calendario chinés4291 – 4292
Calendario hebreo5355 – 5356
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat1650 – 1651
 ·  Shaka Samvat1517 – 1518
 ·  Kali Yuga4696 – 4697
Calendario persa973 – 974
Calendario musulmán1003 – 1004
Calendario rúnico1845
Década de 1590
1591 1592 1593 1594 1595 1596 1597 1598 1599

Acontecementos

Asia

América

  • Fundación da cidade de Santo Tomé de Guayana en Venezuela por Diego Hernández de Serpa.

Europa

Oceanía

Oriente Próximo

Arte e cultura

Ciencia e tecnoloxía

Nacementos

Mortes

Outros

Historia ano a ano

Antonio I de Portugal

Antonio I de Portugal, nado en Lisboa no ano 1531 e finado o 26 de agosto de 1595 en París, máis coñecido polo alcume de O Prior do Crato (e, máis raramente, como O Determinado, O Loitador ou O Independentista, pola énfase posta no recobro da independencia de Portugal), foi fillo do Infante Luís e neto de Manuel I, pretendente ao trono durante a crise sucesoria de 1580 e, segundo algúns historiadores, rei de Portugal (durante un breve espazo de tempo en 1580, no continente, e dende entón ata 1583, confinado nos Azores). Non consta xeralmente na lista de reis de Portugal, malia que reinou de facto, durante un curto período de tempo. Coa invasión dos Azores por tropas españolas, en 1583, dá fin o reinado de Antonio I, que se refuxia en París, onde faleceu. Deixou vasta descendencia.

Chamaeleon

Chamaeleon ou Camaleón é unha constelación menor do Sur. A constelación foi unha das vinte constelacións creadas por Pieter Dirkszoon Keyser e Frederick de Houtman entre os anos de 1595 e 1597, e a súa primeira aparición foi no libro Uranometria de Johann Bayer de 1603.

Dorado

Dorado ou Peixe Dourado é unha constelación austral, creada por Pieter Dirkszoon Keyser e Frederick de Houtman entre 1595 e 1597, e listada por primeira vez na Uranometria de Johann Bayer de 1603; coñecida tamén como Xiphias ou Peixe Espada, recibe o seu nome en realidade do mahi-mahi, Coryphaena hippurus, un peixe comestible orixinario de América e que recibe o nome castelán de delfín dorado. Nela é visible meirande parte da Gran Nube de Magallanes.

Década de 1590

A década de 1590 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1590 e remata o 31 de decembro de 1599.

Grus

Grus ou Grou é unha constelación austral. É unha das 20 constelacións creadas por Pieter Dirkszoon Keyser e Frederick de Houtman entre os anos 1595 e 1597, e a súa primeira aparición é no libro Uranometria de Johann Bayer no 1603. Un nome alternativo (obsoleto na actualidade) para esta constelación era, Phoenicopterus (Latin para flamengo), que foi usado en Inglaterra durante o século XVII.

Hydrus

Hydrus ou Hidra macho é unha constelación austral. É unha das 12 constelacións creadas por Pieter Dirkszoon Keyser e Frederick de Houtman entre os anos de 1595 e 1597, e a súa primeira aparición é no libro Uranometria de Johann Bayer no 1603.

Non debe confundirse con Hydra. A constelación de Hydra representa á Hydra de Lerna da mitoloxía grega, unha serpe-mostro de auga que lle podían medrar varias cabezas cando unha delas era cortada.

Luís de Camões

Luís Vaz de Camões, nado cara a 1524 e finado o 10 de xuño de 1580, foi un poeta portugués, considerado decote como o maior poeta de lingua portuguesa e dos maiores da Humanidade. O seu xenio é comparábel ao de Homero, Virxilio, Dante e Shakespeare. Das súas obras, a epopea Os Lusíadas é a máis significativa.

Musca

Musca ou Mosca é unha das constelacións menores do Sur. A constelación foi unha das doce creadas por Pieter Dirkszoon Keyser e Frederick de Houtman entre o 1595 e o 1597, e a súa primeira aparición foi na Uranometria de Johann Bayer de 1603.

Pavo (constelación)

Pavo ou Pavón é unha constelación do Hemisferio sur. A constelación foi unha das doce constelacións creadas por Pieter Dirkszoon Keyser e Frederick de Houtman entre 1595 e 1597, e apareceu por primeira vez no libro Uranometria de Johann Bayer do 1603.

Tucana

Tucana ou Tucano, é unha constelación do hemisferio sur celeste. É unha das 88 constelacións aceptadas pola Unión Astronómica Internacional. Foi creada polos navegantes holandeses Pieter Dirkszoon Keyser e Frederick de Houtman entre 1595 e 1597, coma resultado das súas exploracións polos mares do hemisferio sur. Apareceu por primeira vez na obra Uranometria (1603), de Johann Bayer. Representa o tucano, unha especie de ave tropical oriúnda de Suramérica.

Universidade Nacional Autónoma de México

A Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM) é unha universidade pública de México. Está considerada unha das 100 mellores universidades do mundo segundo The Times Higher Education.As súas orixes están na Real y Pontificia Universidad de México,​ fundada o 21 de setembro de 1551​ co nome de Real Universidad de México, inaugurando os cursos o 25 de xaneiro de 1553, a partir de 1595 pasou a chamase «Real y Pontificia», mediante bula concedida polo papa Clemente VIII en Frascati (Italia), o 7 de outubro de 1595.

Volans

Volans ou Peixe voador, é unha constelación que só se pode ver, practicamente, dende lugares localizados no hemisferio sur terrestre (a excepción de algúns lugares no hemisferio norte, próximos ó ecuador). Esta foi unha das creacións dos navegantes neerlandeses Pieter Dirkszoon Keyser e Frederick de Houtman entre os anos 1595 e 1597. Apareceu por primeira vez nos mapas estelares preparados polo astrónomo alemán Johann Bayer publicados na Uranometria de (1603).

Álvaro de Mendaña

Álvaro de Mendaña y Neira, nado en Congosto, no Bierzo, contra 1542 e falecido nas illas Santa Cruz o 8 de outubro de 1595, foi un explorador español do océano Pacífico.

XIII
 
XIV
 
XV
 
Século XVI
 
XVII
 
XVIII
 
XIX
Década de 1600
Década de 1590
Década de 1580
Década de 1570
Década de 1560
Década de 1550
Década de 1540
Década de 1530
Década de 1520
Década de 1510
Década de 1500

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.