1585

1585
Calendario gregoriano1585
MDLXXXV
Ab urbe condita2338
Calendario armenio1034
Calendario chinés4281 – 4282
Calendario hebreo5345 – 5346
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat1640 – 1641
 ·  Shaka Samvat1507 – 1508
 ·  Kali Yuga4686 – 4687
Calendario persa963 – 964
Calendario musulmán993 – 994
Calendario rúnico1835
Década de 1580
1581 1582 1583 1584 1585 1586 1587 1588 1589

Acontecementos

  • Oitava guerra de relixión en Francia.
  • A cidade de Antuerpen, Flandres, réndese ás tropas do Imperio español. Boa parte dos seus habitantes emigran, especialmente, para países de Alemaña.
  • Cortes de Monzón : esta asemblea da Coroa de Aragón equipara legalmente a casteláns e aragoneses, en xeral, para o acceso a cargos públicos e eclesiásticos.
  • O rei Filipe II de España, vende o señorío da vila de Noia ao xenovés Baltasar de Lomelín, até entón pertencente ao arcebispo de Santiago. Este novo señorío perdurou até 1636.

Ciencia e tecnoloxía

Mortes

Outros

Historia ano a ano

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Cardeal Richelieu

Armand-Jean du Plessis, máis coñecido como o cardeal Richelieu, nado en París o 9 de setembro de 1585 e finado en París o 4 de decembro de 1642, foi o primeiro ministro do rei de Francia, Luís XIII.

Década de 1580

A década de 1580 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1580 e remata o 31 de decembro de 1589.

Gadolinio

O gadolinio é un elemento químico na táboa periódica. Ten o símbolo Gd e correspóndelle o número atómico 64.

Gregorio XIII, papa

Gregorio XIII (* Bolonia, 7 de xaneiro de 1502 - † Roma, 10 de abril de 1585), Papa n.º 226 da Igrexa católica de 1572 a 1585.

Empeñado na renovación moral da Igrexa, xa no séu primeiro consistorio comunicou aos cardeais a súa intención de facer cumprir estritamente os canons aprobados no Concilio de Trento, mostrándose así mesmo inflexible na obriga dos bispos de residir nas súas respectivas sedes.

Aínda que non existise outra razón para gardar memoria de Gregorio XIII, a reforma do calendario Xuliano, utilizado dende que Xulio César o instaurou no ano 46 a. C., para dar paso ao vixente calendario gregoriano, ao que vai ligado o seu nome, fixo del un personaxe de popular notoriedade.

Instaurado o 4 de outubro de 1582, o novo calendario veu a solucionar o problema que formulaba o feito de que o ano xuliano tiña 11 minutos e 14 segundos máis que o ano solar o que provocara que a diferenza acumulada fixese que o equinoccio de primavera se adiantase en dez días. Gregorio XIII, asesorado polo astrónomo xesuíta Christopher Clavius promulgou, o 24 de febreiro de 1582, a bula Inter gravísimas na que establecía que tras o, xoves 4 de outubro de 1582 seguiría o venres 15 de outubro de 1582.

Guerra anglo-española de 1585-1604

A guerra anglo-española (1585–1604) foi un conflito entre os reinos de Inglaterra, gobernada por Isabel I de Inglaterra, e de España, onde reinaba Filipe II.

A guerra comezou con vitorias inglesas como a de Cádiz en 1587 e a perda da Armada Invencible en 1588, pero diversas vitorias españolas como a da Armada Inglesa en 1589, así como a enorme mellora na escolta da frota de Indias e a rápida recuperación de España ante as perdas, acabaron por debilitar definitivamente a Inglaterra e desembocaron na sinatura dun tratado de paz favorable a España en Londres en 1604.

Imperio Otomán

O Sublime Estado Otomán (en turco otomán: دَوْلَتِ عَلِيّهٔ عُثمَانِیّه, Devlet-i ʿAliyye-yi ʿOsmâniyye, tamén عثمانلى دولتى Osmanlı Devleti, en turco: Yüce Osmanlı Devleti ou Osmanlı İmparatorluğu) foi un imperio que durou dende o 27 de xullo de 1299 até o 29 de outubro de 1923. Foi habitualmente coñecido polos seus contemporáneos como Imperio Otomán, Imperio Turco, a Sublime Porta ou, máis comunmente, Turquía. Dende 1923, úsase preferentemente o nome de Imperio Otomán para non crear confusión coa actual República de Turquía.

No cumio do seu poder, nos séculos XVI e XVII, controlaba territorios no sueste de Europa, suroeste de Asia e norte de África. O Imperio Otomán estaba formado por vinte e nove provincias e numerosos estados vasalos, algúns dos cales chegaron a ser absorbidos completamente polo imperio, mentres que a outros foilles concedido certo grao de autonomía no transcurso dos séculos. O imperio gañou tamén eventualmente autoridade sobre terras estranxeiras afastadas a través de declaracións de lealdade ao Sultán, como por exemplo a declaración do Sultán de Aceh en 1565, ou a través de adquisicións temporais de illas, como por exemplo Lanzarote no océano Atlántico en 1585.

Con Constantinopla (en turco otomán: استنبول, Istanbul e قسطنطينيه, Kostantiniyye) como capital, e control de extensión de terra por todo o mar Mediterráneo durante o reinado de Suleimán o Magnífico (dirixente de 1520 a 1566), o imperio foi o centro de interaccións entre o mundo Occidental e Oriental durante seis séculos. O imperio chegou á súa fin, como réxime baixo a monarquía imperial, o 1 de novembro de 1922, rematando a súa existencia de iure o 24 de xullo de 1923 baixo o Tratado de Lausana. Foi sucedido pola República de Turquía, que foi oficialmente proclamada o 29 de outubro dese mesmo ano.

Sisto V, papa

Felice Peretti, nado en Grottammare o 13 de decembro de 1520 e morto en Roma o 27 de agosto de 1590, foi o papa número 227, elixido papa o 1 de maio de 1585, escollendo o nome pontifical de Sisto V (en latín Sixtus V ou Systus V).

XIII
 
XIV
 
XV
 
Século XVI
 
XVII
 
XVIII
 
XIX
Década de 1600
Década de 1590
Década de 1580
Década de 1570
Década de 1560
Década de 1550
Década de 1540
Década de 1530
Década de 1520
Década de 1510
Década de 1500

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.