1582

1582
Calendario gregoriano1582
MDLXXXII
Ab urbe condita2335
Calendario armenio1031
Calendario chinés4278 – 4279
Calendario hebreo5342 – 5343
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat1637 – 1638
 ·  Shaka Samvat1504 – 1505
 ·  Kali Yuga4683 – 4684
Calendario persa960 – 961
Calendario musulmán990 – 991
Calendario rúnico1832
Década de 1580
1578 1579 1580 1581 1582 1583 1584 1585 1586

Acontecementos

Arte e cultura

  • O Greco pinta o "Martirio de san Mauricio".

Nacementos

Mortes

Outros

Historia ano a ano

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
11 de outubro

O 11 de outubro é o 284º día do ano do calendario gregoriano (285º nos anos bisestos). Quedan 81 días para finalizar o ano.

4 de outubro

O 4 de outubro é o 277º día do ano do calendario gregoriano(278º nos anos bisestos). Quedan 88 días para finalizar o ano.

Aninovo

O Aninovo é a festa que conmemora o inicio dun novo ano. A data en que se realiza esta celebración depende do tipo de calendario utilizado, sendo a máis común a do 1 de xaneiro, data segundo o calendario gregoriano, que foi instaurado polo papa Gregorio XIII en 1582 e utilízase na maioría dos países do mundo.

Ano bisesto

O ano bisesto é aquel que posúe un día a máis cós anos comúns. O obxectivo é manter o calendario utilizado en sincronía cos eventos estacionais relacionados coas estacións do ano. No caso do calendario gregoriano, asígnaselle 1 día extra cada 4 anos no mes de febreiro, que pasa a ter 29 días (e o ano 366 días) en vez de 28 como nos anos comúns de 365 días, co fin de equilibrar a duración do ano solar co calendario.

Calendario gregoriano

O calendario gregoriano é un calendario de orixe europea utilizado en Europa, as súas antigas colonias e en boa parte do resto do mundo. Recibe este nome por ser o seu promotor o papa Gregorio XIII, e substituíu en 1582 ao calendario xuliano, utilizado desde que Xulio César o instaurara no ano 46 a. C.

Dinastía de Avis

A Dinastía de Avis (ou Avís), ou Dinastía Xoanina, foi a segunda dinastía a reinar en Portugal, entre 1385 e 1581-1582. Tivo inicio a finais da crise de 1383-1385, cando o mestre da Orde de Avis, Xoán, fillo natural de el-rei Pedro I, foi aclamado rei nas Cortes de Coimbra.

Antes disto, e para permitir isto, dérase a derrota do partido favorable á raíña destronada, Beatriz, muller de Xoán I de Castela, definitivamente vencida na batalla de Aljubarrota o 14 de agosto de 1385.

A Casa de Avis, sucesora familiar da anterior dinastía Afonsina, reinou no territorio peninsular de Portugal entre 1385 e 1581, cando Antonio é vencido e destronado na batalla de Alcántara, sendo aclamado no seu lugar o estranxeiro Filipe I nas Cortes de Tomar dese ano, baixo a ameaza do seu exército que xa ocupara Lisboa. Pero reina aínda nas Azores ata 1582, coa caída de Angra do Heroísmo, cando a Illa Terceira e as restantes illas azorianas réndense á armada invasora do Marqués de Santa Cruz.

A Dinastía de Avis é substituída pola unión entre as coroas de Portugal e de todos os demais reinos de Felipe II, que deu comezo á dinastía dos Habsburgo ou Dinastía de Austria.

Década de 1580

A década de 1580 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1580 e remata o 31 de decembro de 1589.

Filipe III de España

Filipe III de España e II de Portugal, tamén coñecido como Filipe III de Habsburgo, nado en Madrid o 14 de abril de 1578 e finado o 31 de marzo de 1621, foi rei de Castela, Aragón e Portugal.

Gregorio XIII, papa

Gregorio XIII (* Bolonia, 7 de xaneiro de 1502 - † Roma, 10 de abril de 1585), Papa n.º 226 da Igrexa católica de 1572 a 1585.

Empeñado na renovación moral da Igrexa, xa no séu primeiro consistorio comunicou aos cardeais a súa intención de facer cumprir estritamente os canons aprobados no Concilio de Trento, mostrándose así mesmo inflexible na obriga dos bispos de residir nas súas respectivas sedes.

Aínda que non existise outra razón para gardar memoria de Gregorio XIII, a reforma do calendario Xuliano, utilizado dende que Xulio César o instaurou no ano 46 a. C., para dar paso ao vixente calendario gregoriano, ao que vai ligado o seu nome, fixo del un personaxe de popular notoriedade.

Instaurado o 4 de outubro de 1582, o novo calendario veu a solucionar o problema que formulaba o feito de que o ano xuliano tiña 11 minutos e 14 segundos máis que o ano solar o que provocara que a diferenza acumulada fixese que o equinoccio de primavera se adiantase en dez días. Gregorio XIII, asesorado polo astrónomo xesuíta Christopher Clavius promulgou, o 24 de febreiro de 1582, a bula Inter gravísimas na que establecía que tras o, xoves 4 de outubro de 1582 seguiría o venres 15 de outubro de 1582.

Tareixa de Ávila

Tareixa de Ávila ou Tareixa de Xesús, nada como Teresa de Cepeda y Ahumada en Ávila o 28 de marzo de 1515, e finada en Alba de Tormes o 4 de outubro de 1582, foi unha relixiosa, doutora da Igrexa católica, mística e escritora española. Foi a fundadora da Orde dos Carmelitas Descalzos.

Xunto con san Xoán da Cruz, é considerada o cumio da mística experimental cristiá e unha das grandes mestras da vida espiritual da Igrexa católica.

Universidade de Edimburgo

A Universidade de Edimburgo (en inglés: University of Edinburgh, en gaélico: Oilthigh Dhùn Èideann), fundada en 1582, é un centro de renome no mundo da ensinanza e da investigación situado na cidade de Edimburgo, Escocia. A universidade foi a sexta en crearse nas illas británicas, e a cuarta de Escocia. A Universidade de Edimburgo conta con 24.000 estudantes, e se atopa entre as más prestixiosas do Reino Unido.

XIII
 
XIV
 
XV
 
Século XVI
 
XVII
 
XVIII
 
XIX
Década de 1600
Década de 1590
Década de 1580
Década de 1570
Década de 1560
Década de 1550
Década de 1540
Década de 1530
Década de 1520
Década de 1510
Década de 1500

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.