1566

1566
Calendario gregoriano1566
MDLXVI
Ab urbe condita2319
Calendario armenio1015
Calendario chinés4262 – 4263
Calendario hebreo5326 – 5327
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat1621 – 1622
 ·  Shaka Samvat1488 – 1489
 ·  Kali Yuga4667 – 4668
Calendario persa944 – 945
Calendario musulmán974 – 975
Calendario rúnico1816
Década de 1560
1562 1563 1564 1565 1566 1567 1568 1569 1570

Acontecementos

Arte e cultura

  • Comeza a usarse o Nosopai como oración.

Ciencia e tecnoloxía

Nacementos

Mortes

Outros

Historia ano a ano

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Bartolomé de las Casas

Bartolomé de las Casas, nado en Sevilla o 24 de agosto de 1484 e finado en Madrid o 17 de xullo de 1566, foi un historiador, reformador social e frade dominicano español. Foi o primeiro bispo de Chiapas, e o primeiro en ser oficialmente nomeado "Protector dos Indios". Escribiu numerosas obras, as máis famosas foron Brevísima relación de la destrucción de las Indias e Historia de las Indias, crónica das primeiras décadas da colonización española nas Antillas e centrado especialmente nas atrocidades cometidas polos colonizadores contra os pobos indíxenas. Las Casas está considerado un dos primeiros defensores dos dereitos humanos.

Década de 1560

A década de 1560 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1560 e remata o 31 de decembro de 1569.

Imperio Otomán

O Sublime Estado Otomán (en turco otomán: دَوْلَتِ عَلِيّهٔ عُثمَانِیّه, Devlet-i ʿAliyye-yi ʿOsmâniyye, tamén عثمانلى دولتى Osmanlı Devleti, en turco: Yüce Osmanlı Devleti ou Osmanlı İmparatorluğu) foi un imperio que durou dende o 27 de xullo de 1299 até o 29 de outubro de 1923. Foi habitualmente coñecido polos seus contemporáneos como Imperio Otomán, Imperio Turco, a Sublime Porta ou, máis comunmente, Turquía. Dende 1923, úsase preferentemente o nome de Imperio Otomán para non crear confusión coa actual República de Turquía.

No cumio do seu poder, nos séculos XVI e XVII, controlaba territorios no sueste de Europa, suroeste de Asia e norte de África. O Imperio Otomán estaba formado por vinte e nove provincias e numerosos estados vasalos, algúns dos cales chegaron a ser absorbidos completamente polo imperio, mentres que a outros foilles concedido certo grao de autonomía no transcurso dos séculos. O imperio gañou tamén eventualmente autoridade sobre terras estranxeiras afastadas a través de declaracións de lealdade ao Sultán, como por exemplo a declaración do Sultán de Aceh en 1565, ou a través de adquisicións temporais de illas, como por exemplo Lanzarote no océano Atlántico en 1585.

Con Constantinopla (en turco otomán: استنبول, Istanbul e قسطنطينيه, Kostantiniyye) como capital, e control de extensión de terra por todo o mar Mediterráneo durante o reinado de Suleimán o Magnífico (dirixente de 1520 a 1566), o imperio foi o centro de interaccións entre o mundo Occidental e Oriental durante seis séculos. O imperio chegou á súa fin, como réxime baixo a monarquía imperial, o 1 de novembro de 1922, rematando a súa existencia de iure o 24 de xullo de 1923 baixo o Tratado de Lausana. Foi sucedido pola República de Turquía, que foi oficialmente proclamada o 29 de outubro dese mesmo ano.

Nostradamus

Nostradamus, nado o 14 de decembro de 1503 e finado o 2 de xullo de 1566, foi un médico e consultor astrolóxico provenzal de orixe xudía. Está considerado un dos máis célebres autores de profecías. A súa obra profética foi publicada por vez primeira en 1555.

Boa parte dos seus seguidores afirman con rotundidade que Nostradamus foi quen de predicir todas as catástrofes do mundo, dende as acontecidas na súa época até as do vindeiro ano 3797 da nosa era, data en que supuxo que terá lugar a fin do mundo. Así mesmo, o autor colaborou coa aristocracia francesa, elaborando horóscopos para a raíña Catarina de Medici, predicindo sorprendentemente a morte do rei Henrique II e, ao cabo, sendo asignado como médico da corte real por Carlos IX.

Pío V, papa

Antonio Michele Ghislieri, nado en Bosco Marengo (Alessandria) o 17 de xaneiro de 1504 e finado en Roma o 1 de maio de 1572, foi o 225° Papa da Igrexa católica desde 1566 até a súa morte, co nome de Pio V. Foi canonizado por Clemente XI no 24 de maio de 1712.

Suleiman I

Suleiman I (Otomán: سليمان Sulaymān, Turco: Süleyman), nado o 6 de novembro de 1494 e finado o 6 de setembro de 1566, foi sultán do Imperio Otomán (1520-1566), coñecido como Suleiman o Magnífico en Occidente e Suleiman o Lexislador no mundo islámico. Durante o seu reinado o Imperio Otomán acadou o máximo prestixio e esplendor, adaptou as institucións ás necesidades do seu vasto imperio, reafirmou a súa autoridade militar tanto en Oriente como en Occidente que estendeu o seu dominio dende a fronteira con Austria ao Golfo Pérsico e dende o mar Negro a Marrocos. O reinado de Suleiman tamén destacou pola intensa actividade cultural que se desenvolveu no seu Imperio, unha auténtica idade de ouro.

Voivodato de Volinia (1566-1795)

O voivodato de Volinia (en polaco: województwo wołyńskie; en lituano: Voluinės vaivadija; en ucraíno: Волинське ваяводзтва) foi unha división administrativa do Gran Ducado de Lituania (dende 1566), cedida a partir de 1569 á Coroa do Reino de Polonia. A súa capital foi a cidade de Łuck (hoxe en Ucraína). Desapareceu coa terceira partición de Polonia en 1795, sendo anexionado polo Imperio Ruso e incorporado á gobernación de Volinia.

Xacobe VI de Escocia e I de Inglaterra

Xacobe Carlos Estuardo , nado en Edimburgo o 19 de xuño de 1566 e finado en Theobalds House o 27 de marzo de 1625, foi rei de Escocia como Xacobe VI desde o 24 de xullo de 1567 ata a súa morte, e rei de Inglaterra e Irlanda como Xacobe I desde o 24 de marzo de 1603 ata a súa morte.

Proclamado rei cun ano de idade, unha serie de rexentes gobernaron no seu nome durante a súa minoría de idade, ata que esta terminou oficialmente en 1578, aínda que non obtivo o verdadeiro control do aparello do Estado ata 1581. En 1603 sucedeu no trono de Inglaterra e Irlanda á última Tudor, Isabel I, que morreu sen descendencia. Rexeu conxuntamente Inglaterra, Escocia e Irlanda por espazo de 22 anos, ata a súa morte aos 58.Aínda que gobernou con acerto en Escocia, atopouse con grandes dificultades en Inglaterra, incluíndo o soado "Complot da Pólvora" en 1605 e sucesivos conflitos co Parlamento, que lle era hostil, especialmente no tocante á subida de impostos. De acordo a unha tradición historiográfica iniciada a mediados do século XVII, a política absolutista de Xacobe, a súa irresponsibilidade financeira e os favores outorgados a favoritos impopulares sentaron as bases da Guerra Civil Inglesa, durante a cal foi axuizado e executado o seu fillo e sucesor, Carlos I. Con todo, en vida do monarca, a situación política de Inglaterra e de Escocia foi relativamente estable, e os historiadores contemporáneos consideran a Xacobe un soberano intelixente e reflexivo.Durante o seu reinado continuou a "Era Dourada" do drama e a literatura sabelinos, con grandes escritores como William Shakespeare, John Donne, Ben Jonson e Francis Bacon, aos que o rei patrocinou, contribuíndo ao florecemiento cultural. Apaixonado pola teoloxía, o rei ordenou a tradución da Biblia que leva o seu nome, a King James, que aínda é a oficial da Igrexa Anglicana. Probablemente xamais houbo tal concentración de talento literario baixo patronazgo da Coroa inglesa. O propio Xacobe era un erudito de considerable talento, autor de poesía, traducións e un tratado sobre poesía, así como obras condenando a bruxería e o tabaco (Daemonologie [1597] e A Counterblaste to Tobacco [1604]), meditacións e comentarios sobre as Sagradas Escrituras, obras de teoría política (The True Law of Free Monarchies [1598] e Basilikon Doron [1599]), e discursos para o Parlamento. Sir Anthony Weldon afirmou que Xacobe fora chamado "o bobo máis sabio da Cristiandade", e desde entón asociouse o epíteto a este monarca.

Xogos Olímpicos de 1984

Os Xogos Olímpicos de 1984 foron realizados na cidade dos Ánxeles, EUA, entre o 28 de xullo e 12 de agosto de 1984, sen a participación dos países da Europa Oriental, liderados pola URSS, ademais de países comunistas como Cuba, Corea do Norte e Etiopía, en resposta ó boicot liderado polos norteamericanos ós Xogos de Moscova, realizados catro anos antes.

A pesar do boicot, que prexudicou o nivel técnico de varias modalidades dominadas polos europeos do leste e polos cubanos, Os Ánxeles –candidata única á realización destes Xogos, debido ó receio xeral provocado polos grandes prexuízos económicos sufridos por Montreal nos seus Xogos Olímpicos de 1976- recibiu a presenza dun número récord de atletas, 6.829 (1566 mulleres, outro récord) de 140 países e foi cuberto por máis de 9.000 xornalistas de todo mundo.

A rica e suntuosa cerimonia de apertura, oficialmente feita polo presidente Ronald Reagan, un nativo do estado de California, sede dos Xogos, ocorreu no mesmo estadio olímpico, o Memorial Colyseum completamente remodelado, onde foron realizados xa os Xogos Olímpicos de 1932 e contou coa emoción da entrada da chama olímpica cargada pola neta de Jesse Owens, o máis emblemático dos heroes olímpicos americanos e gran nome dos Xogos Olímpicos de 1936 de Berlín, alén da inesquecible participación do home-foguete, nunha demostración da tecnoloxía dos anfitrións.

Mais o feito máis importante destes Xogos foi o anuncio, feito polo Presidente do Comité Organizador Peter Ueberroth meses após do seu término, de que deran un beneficio de 200 millóns de dólares, alén do lucro indirecto á propia cidade, o que significaba que os Xogos Olímpicos poderían ser economicamente viables, afastando a sombra dunha extinción provocada pola imposibilidade económica que vagaba sobre eles.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.