1565

1565
Calendario gregoriano1565
MDLXV
Ab urbe condita2318
Calendario armenio1014
Calendario chinés4261 – 4262
Calendario hebreo5325 – 5326
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat1620 – 1621
 ·  Shaka Samvat1487 – 1488
 ·  Kali Yuga4666 – 4667
Calendario persa943 – 944
Calendario musulmán972 – 974
Calendario rúnico1815
Década de 1560
1561 1562 1563 1564 1565 1566 1567 1568 1569

Acontecementos

Asia

  • 26 de xaneiro - Batalla de Talikota - O raja hindú de Vijayannagar é derrotado por sultáns musulmáns. Como consecuencia derrúmbase o reino hindú e propíciase a penetración islámica.
Vijayanagara-empire-map
Extensión do reino de Vijayannagar a inicios do século XVI

América

Europa

Arte e cultura

  • Pieter Brueghel o Vello pinta unha serie de cinco cadros co título de "As estacións do ano".
  • En Venecia comeza a construción da igrexa de San Giorgio Maggiore, obra do arquitecto Palladio.

Nacementos

Mortes

Outros

Historia ano a ano

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Década de 1560

A década de 1560 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1560 e remata o 31 de decembro de 1569.

Imperio Otomán

O Sublime Estado Otomán (en turco otomán: دَوْلَتِ عَلِيّهٔ عُثمَانِیّه, Devlet-i ʿAliyye-yi ʿOsmâniyye, tamén عثمانلى دولتى Osmanlı Devleti, en turco: Yüce Osmanlı Devleti ou Osmanlı İmparatorluğu) foi un imperio que durou dende o 27 de xullo de 1299 até o 29 de outubro de 1923. Foi habitualmente coñecido polos seus contemporáneos como Imperio Otomán, Imperio Turco, a Sublime Porta ou, máis comunmente, Turquía. Dende 1923, úsase preferentemente o nome de Imperio Otomán para non crear confusión coa actual República de Turquía.

No cumio do seu poder, nos séculos XVI e XVII, controlaba territorios no sueste de Europa, suroeste de Asia e norte de África. O Imperio Otomán estaba formado por vinte e nove provincias e numerosos estados vasalos, algúns dos cales chegaron a ser absorbidos completamente polo imperio, mentres que a outros foilles concedido certo grao de autonomía no transcurso dos séculos. O imperio gañou tamén eventualmente autoridade sobre terras estranxeiras afastadas a través de declaracións de lealdade ao Sultán, como por exemplo a declaración do Sultán de Aceh en 1565, ou a través de adquisicións temporais de illas, como por exemplo Lanzarote no océano Atlántico en 1585.

Con Constantinopla (en turco otomán: استنبول, Istanbul e قسطنطينيه, Kostantiniyye) como capital, e control de extensión de terra por todo o mar Mediterráneo durante o reinado de Suleimán o Magnífico (dirixente de 1520 a 1566), o imperio foi o centro de interaccións entre o mundo Occidental e Oriental durante seis séculos. O imperio chegou á súa fin, como réxime baixo a monarquía imperial, o 1 de novembro de 1922, rematando a súa existencia de iure o 24 de xullo de 1923 baixo o Tratado de Lausana. Foi sucedido pola República de Turquía, que foi oficialmente proclamada o 29 de outubro dese mesmo ano.

Johann Conrad Gessner

Johann Conrad Gessner, nado o 26 de marzo de 1516 e finado o 13 de decembro de 1565, tamén coñecido como Konrad Gessner, Conrad von Gesner, Conrad Gesner e Conradus Gesnerus (non confundir con Johannes Gessner, 1709-1790), foi un naturalista e bibliógrafo suízo.

A súa Historia Animalium en catro volmes (1551 - 1558) considérase como o fundamento da zooloxía moderna.

Pedro Fernandes de Queirós

Pedro Fernandes de Queirós, coñecido tamén en castelán como Pedro Fernández de Quirós, nado en Évora en 1565 e falecido en Panamá en 1614, foi un mariño e explorador portugués ao servizo da coroa española (por entón España e Portugal formaban un só reino).

Pieter Brueghel o Vello

Pieter Brueghel "o Vello", nado en Breda entre 1525 e 1530 e finado en Bruxelas o 9 de setembro de 1569, foi un pintor flamengo, célebre polos seus cadros retratando paisaxes e escenas campestres.

Pío IV, papa

Giovanni Angelo Medici di Marignano en italiano, nacido en Milán o 31 de marzo de 1499 e finado en Roma o 9 de decembro de 1565, foi papa de 1559 a 1565 baixo o nome de Pío IV (en latín Pius IV, en italiano Pio IV). O seu nome é asociado ao final do concilio de Trento.

Río de Xaneiro

Para o estado homónimo véxase: Estado do Río de Xaneiro.O Río de Xaneiro, (en portugués: Rio de Janeiro), ás veces coñecida simplemente como Río e fundada como São Sebastião do Rio de Janeiro, é a capital do estado do Río de Xaneiro, a segunda cidade máis grande do Brasil e a terceira área metropolitana de América do Sur, con aproximadamente 6,5 millóns de habitantes (2017) na súa área municipal e 12,3 millóns na área metropolitana, converténdoa na sexta cidade de América e a vixésimo sexta do mundo. É o principal destino turístico internacional no Brasil, de América Latina e de todo o hemisferio sur. A capital fluminense é a cidade brasileira máis coñecida no exterior, funcionando como un "espello", ou "retrato" nacional, ora positiva ora negativamente. Parte da cidade está considerada como lugar Patrimonio da Humanidade pola UNESCO dende o 1 de xullo de 2012 na categoría de paisaxes culturais coa denominación Río de Xaneiro: paisaxes cariocas entre a montaña e o mar. O himno da cidade leva por nome Cidade Maravilhosa e os seus habitantes chámanse cariocas (tamén son fluminenses, aínda que este xentilicio é máis amplo e refírese aos habitantes do Estado do Río de Xaneiro).

Fundada en 1565 polos portugueses, a cidade foi inicialmente a sede da Capitanía do Río de Xaneiro, unhas das distintas capitanías do Imperio. Máis tarde, en 1793, converteuse na capital do Estado do Brasil, un dos múltiplos territorios coloniais portugueses. Uns anos máis tarde, en 1808, cando a casa real portuguesa se trasladou ao Brasil, Río converteuse na sede da corte de María I que, posteriormente en 1815, baixo o a dirección do seu fillo o Principe rexente e futuro Rei Xoán VI, elevou o Brasil á categoría de Reino dentro do Reino Unido de Portugal, Brasil e o Algarve. Así, Río converteuse na capital da pluricontinental monarquía portuguesa até 1822, cando comezou a guerra da Independencia brasileira. Despois serviría como capital do independizado Imperio do Brasil até 1889, e posteriormente capital republicana até 1960, cando a sede do goberno foi trasladada para a entón recentemente construída Brasilia.

É un dos principais centros económicos, culturais e financeiros do país, sendo internacionalmente coñecida por diversas iconas culturais e paisaxísticas, coma o Pão de Açúcar, o cerro do Corcovado coa estatua do Cristo Redentor, as praias dos barrios de Copacabana, Ipanema e Barra da Tijuca (entre outras), o Estádio do Maracanã, o Estádio Nilton Santos, o barrio bohemio da Lapa e seus arcos, o Teatro Municipal do Rio de Janeiro, os bosques da Tijuca e da Pedra Branca, a Quinta da Boa Vista, a Biblioteca Nacional, a ilha de Paquetá, o Aninovo de Copacabana, o carnaval carioca, a Bossa nova e a samba.

Representa o segundo maior PIB do país (e o trixésimo maior do mundo), e é sede das dúas maiores empresas brasileiras - a Petrobras e a Vale, e das principais compañías de petróleo e telefonía do Brasil, alén do maior conglomerado de empresas de medios de comunicación de América Latina, o Grupo Globo. É a sede de gran número de universidades e institutos, é o segundo maior polo de investigación e desenvolvemento do Brasil, responsábel do 19% da produción científica nacional, segundo datos de 2005. Destaca para a Universidade Federal do Rio de Janeiro que publicou 5.952 artigos entre 1998 e 2002. Río de Xaneiro está considerada unha cidade global beta polo inventario de 2008 Globalization and World Cities Research Network (GaWC) da Universidade de Loughborough.

A súa rexión metropolitana (Grande Río) concentra moitas industrias químicas e de metalurxia. Está a 430 km da cidade de São Paulo, a máis grande do país, a cal é ligada pola estrada Rodovia Presidente Dutra. Ten dous importantes aeroportos: o Aeroporto Internacional Tom Jobim, moi utilizado para voos internacionais e domésticos, e o segundo en movemento do país; e máis o Aeroporto Santos Dumont, próximo ó centro da cidade, que é usado só por voos cara a São Paulo, Belo Horizonte e Brasilia.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.