1561

1561
Calendario gregoriano1561
MDLXI
Ab urbe condita2314
Calendario armenio1010
Calendario chinés4257 – 4258
Calendario hebreo5321 – 5322
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat1616 – 1617
 ·  Shaka Samvat1483 – 1484
 ·  Kali Yuga4662 – 4663
Calendario persa939 – 940
Calendario musulmán968 – 969
Calendario rúnico1811
Década de 1560
1557 1558 1559 1560 1561 1562 1563 1564 1565

Acontecementos

América

  • Batalla de Lomaco - Tropas españolas vencen aos araucanos, resultando morto na loita o xefe destes, Colocolo.
  • Venezuela, fundación da cidade de San Cristóbal por Xoan Maldonado.

Europa

Nacementos

Mortes

  • Olivier de Magny, poeta francés.
  • Ridolfo Ghirlandaio, pintor florentino.
  • Colocolo, xefe araucano, en combate (n. 1515).

Outros

Historia ano a ano

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Década de 1560

A década de 1560 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1560 e remata o 31 de decembro de 1569.

Francis Bacon (filósofo)

Francis Bacon, político, filósofo e ensaísta inglés, barón Verulan, visconde de St. Albans, naceu en Londres, o 22 de xaneiro de 1561 e morreu na mesma cidade o 9 de abril de 1626. Desde cedo, a súa educación orientouno á vida política, na cal exerceu postos elevados. En 1584 foi elixido para a Cámara dos Comúns.

Sucesivamente, durante o reinado de Xaime I, desempeñou as funcións de procurador-xeral (1607), fiscal-xeral (1613), Garda do Selo (1617) e Gran Chanceler (1618). Neste mesmo ano, foi nomeado barón de Verulan e en 1621, barón de St. Albans. Tamén en 1621, Bacon foi acusado de corrupción e condenado ao pago dunha pesada multa e prohibíuselle exercer cargos públicos. Como filósofo, salientou cunha obra onde a ciencia se exaltaba como benéfica para o home. Nas súas investigacións, ocupouse especialmente da metodoloxía científica e do empirismo. Considerado a miúdo fundador da ciencia moderna, a súa principal obra filosófica é o Novum Organum.

Francis Bacon foi un dos máis coñecidos e influentes rosacruces e tamén un alquimista, ocupando o posto máis elevado da Orde Rosacruz, o de Imperator.

Luis de Góngora

Luis de Góngora y Argote, nado en Córdoba o 11 de xullo de 1561 e finado tamén en Córdoba o 23 de maio de 1627 foi un poeta e dramaturgo español, máximo representante do culteranismo e figura destacada do chamado Século de ouro español.

Madrid

Madrid é a capital de España e da Comunidade de Madrid. Está situada no centro da Península Ibérica, ó sur da Serra de Guadarrama, no río Manzanares. Cunha poboación de 3.233.527 habitantes (INE 2012) é a cidade máis grande e poboada do país e da Península Ibérica, e a terceira da Unión Europea. A súa área metropolitana, de 6.043.031 habitantes, é a terceira área urbana máis poboada da Unión Europea, por detrás das de Londres e Berlín.

Como capital do Estado, Madrid alberga as sedes do Goberno, Cortes Xerais, Ministerios, Institucións e Organismos asociados, así como a residencia oficial dos reis de España. No plano económico, Madrid é a cuarta cidade máis rica de Europa, tras Londres, París e Moscova. É o principal centro financeiro e empresarial de España, actualmente, o 50,1% dos ingresos das 5.000 principais empresas españolas son xerados por sociedades con sede social en Madrid, as cales representan o 31,8% delas. É sede do principal mercado de valores do país, e de varias das máis grandes corporacións do mundo.

Nacida a partir do asentamento fortificado hispanomusulmán de Maǧrīţ, conquistado por Afonso VI de León e Castela en 1083, a vila foi designada en 1561 como sede da corte de Filipe II, sendo a primeira capital permanente da monarquía española. Desde entón, salvo un breve intervalo de tempo entre 1601 e 1606 no que a capitalidade pasou temporalmente a Valladolid, Madrid foi a capital de España e sede do Goberno da Nación.

Mendoza, Arxentina

A cidade de Mendoza é a capital da provincia homónima, na Arxentina. En termos de poboación, en 2001 tiña 110.993 habitantes. Localízase no oeste do país, nas beiras da Cordilleira dos Andes, sendo un importante centro de produción de viño e aceite, ademais de ser dos máis importantes puntos turísticos da Arxentina. Mendoza foi fundada no ano 1561 por Pedro del Castillo. A súa área é de 57 km². O xentilicio da cidade é mendocino/a.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.