1555

1555
Calendario gregoriano1555
MDLV
Ab urbe condita2308
Calendario armenio1004
Calendario chinés4251 – 4252
Calendario hebreo5315 – 5316
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat1610 – 1611
 ·  Shaka Samvat1477 – 1478
 ·  Kali Yuga4656 – 4657
Calendario persa933 – 934
Calendario musulmán962 – 963
Calendario rúnico1805
Década de 1550
1551 1552 1553 1554 1555 1556 1557 1558 1559

Acontecementos

Nacementos

  • 21 de abril - Ludovico Carracci, pintor italiano († 1619)
  • François de Malherbe, literato francés.

Mortes

Outros

Historia ano a ano

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
16 de outubro

O 16 de outubro é o 289º día do ano do calendario gregoriano (290º nos anos bisestos). Quedan 76 días para finalizar o ano.

A Divina Comedia

A Divina Comedia, tamén coñecida como Comedia ou Divina Comedia (en italiano Commedia /{komˈmɛdja/ ou Divina Commedia /diˈvina komˈmɛdja/) é un poema de Dante Alighieri escrito en lingua vernácula, o dialecto toscano de Florencia, entre 1308 e a súa morte en 1321. O adxectivo Divina, atribuído a Boccaccio, atópase soamente a partir da edición impresa en 1555 por Ludovico Dolce. A Commedia é a obra de Dante máis coñecida e unha importante testemuña da civilización medieval. Coñecida e estudada en todo o mundo, considérase unha das obras mestras da literatura do mundo de tódolos tempos.

Foi traducida ao galego por Darío Xohán Cabana, publicada en 1990 polo Servizo Central de Publicacións da Consellaría da Presidencia e Administración Pública, e galardoada u ano máis tarde coa Medalla de Ouro de Florencia. Con todo, volvería ser retraducida polo mesmo tradutor e publicada de novo por Edicións da Curuxa en 2014.

Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico

Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico, tamén coñecido como Carlos V de Habsburgo, Carlos V de Flandres, Carlos I de Habsburgo ou Carlos I de España e V de Alemaña, nado no palacio Prinsenhof de Gante o 24 de febreiro de 1500 e finado no mosteiro de Yuste o 21 de setembro de 1558, foi fillo de Filipe o Fermoso de Habsburgo e de Xoana, a Tola. Reinou nas Coroas de Castela e Aragón moi novo, aos 16 anos, de 1516 a 1556, e posuíu a coroa imperial alemá de 1519 a 1558.

Casa de Trastámara

A casa de Trastámara foi unha dinastía de reis de orixe castelá. Os seus membros reinaron na coroa de Castela (de 1369 até 1504), en Aragón (de 1412 até 1516), en Navarra (de 1425 até 1479), e en Nápoles (de 1458 até 1501).

A casa colle o seu nome do condado de Trastámara, no noroeste de Galiza, título que tiña antes o rei Henrique II de Castela.

A casa de Trastámara reinou en Aragón polo Compromiso de Caspe (1412) e substituíu a casa de Aragón despois da morte de Martiño I o Humano cando houbo un período de interregno onde se puido chegar a unha guerra civil.

A derradeira raíña desta casa en gobernar na coroa de Castela foi a raíña Xoana I "a Tola", que polo seu matrimonio con Filipe I e a través do fillo dos dous, Carlos I, deu paso ao goberno dos reinos da coroa de Castela e Aragón por reis da casa de Habsburgo.

Década de 1550

A década de 1550 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1550 e remata o 31 de decembro de 1559.

Lista de monarcas de Castela

A seguir móstrase unha Lista de Monarcas de Castela, desde a fundación deste reino (como condado) até á unificación de España en 1516. As datas refírense ao período de reinado.

Luteranismo

O luteranismo é o movemento relixioso cristián que comezou coas ensinanzas teolóxicas de Martiño Lutero no século XVI que serviron de base á Reforma protestante que conduciu á súa separación da igrexa católica e a formación do protestantismo. A certeza bíblica que tivo de que Deus non xulga as persoas polas súas obras, boas ou malas, senón máis ben a causa da súa fe, proporciona a Lutero a raiz fundamental do seu pensamento. Así, o luteranismo inspírase en tres principios angulares: a xustificación pola fe, o sacerdocio universal e a autoridade da Biblia.

O ataque comezado por Lutero baséase no concepto de xustificación pola fe, que negaba toda teoría romana sobre os méritos da salvación e a mediación dos santos. Denunciou tamén as que consideraba falsas seguridades de salvación ofrecidas por Roma a través da venda de indulxencias e a obtención dos perdóns.

O luteranismo rexeita a primacía e autoridade romana do papado. Nega a tradición dogmática e a existencia do purgatorio. O movemento protestante iniciado por Lutero afirma o valor único das Escrituras, e a supremacía da fe en Xesucristo. Lutero desenvolve a doutrina do Sacerdocio Universal, onde afirma que as Escrituras son intelixibles para tódolos crentes e que cada un, libremente, pode examinalas. Lutero busca transformar a cada crente no seu propio sacerdote.

A data simbólica da reforma foi o 31 de outubro de 1517 e para 1555 o luteranismo estaba firmemente asentado no norte, centro e leste de Alemaña, en Escandinavia, Letonia, Bohemia e Transilvania e a contrarreforma católica impediu que se establecera ou expulsou o luteranismo de gran parte do leste e o sur de Europa.

No século XVII en paralelo no luteranismo apareceron dúas tendencias contrapostas, o sincretismo que se circunscribía á teoloxía e que avogaba por unha concordia entre as igrexas, distinguindo entre verdades fundamentais que eran patrimonio de todas as confesións e secundarias, a outra tendencia foi o pietismo que avogaba por un reavivamento da relixiosidade popular combinando a énfase luterana na doutrina bíblica coa énfase puritana na piedade individual e unha vida cristiá vigorosa.

Na actualidade hai setenta millóns de fieis membros de igrexas luteranas que se agrupan en tres asociacións de igrexas luteranas, a Federación Luterana Internacional (66 millóns de fieis), o Consello Luterano Internacional e a Conferencia Evanxélica de Confesión Luterana, asemade catrocentos millóns de protestantes teñen a súa orixe na doutrina de Lutero.

Marcelo II, papa

Marcelo II (latín : Marcellus PP II) (Montefano, Marche, 6 de maio de 1501 - † Roma, 1 de maio de 1555. Papa n.º 222 da Igrexa católica en 1555.

De nome Marcello Cervini de Spannocchi, tras estudar en Siena trasladouse a Roma para continuar a súa formación. En 1539 é nomeado bispo de Nicastro e posteriormente cardeal presbítero de Santa Cruz en Xerusalén. Durante o Concilio de Trento, será un dos legados papais que defendan os intereses papais fronte ao emperador Carlos V.

O seu breve pontificado, de tan só vinte e dous días, impediulle emprender as reformas necesarias para que a Igrexa puidese facer fronte aos problemas luterano e anglicano que dividía ao cristianismo.

Palau Reial Major

O Palau Reial Major de Barcelona foi a residencia dos condes de Barcelona e dos reis de Aragón. Atópase no centro del barrio gótico da cidade, na plaça del Rei e componse basicamente de catro recinteos: o Saló del Tinell, feito construír polo rei Pedro IV de Aragón entre os anos 1359 e 1362 ó mestre de obras Guillem Carbonell. A capela palatina de Santa Àgata, do ano 1302, por ordes do rei Xaime II de Aragón e a súa esposa Branca de Nápoles. No seu interior está o retablo do condestable Pedro de Portugal, do pintor Jaume Huguet (1465). O Palau del Lloctinent, do ano 1549, encargo do rei Carlos V a Antoni Carbonell. É a sede do Arquivo Xeral da Coroa de Aragón (única do ano 1836 até 1994 e sede institucional dende entón). O Verger, xardín con soportais e dependencias ó redor, comunicado co Tinell. Foi sede do tribunal da Inquisición e hoxe é a sede do Museo Frederic Marès. Tamén forma parte do conxunto o chamado Mirador del Rei Martí, torre con cinco pisos de galerías edificada en 1555, entre o Palau del Lloctinent e o Tinell. Tense documentación do nome de Palau Major por primeira vez no ano 1116, e foi chamado así para diferencialo do Palau reial menor, que se erguía a carón da plaça de Sant Miquel, detrás da Casa de la Ciutat, e foi derrubado en 1847.

Paulo IV, papa

Gian Pietro Carafa, (nado en Carpiglia Irpina o 28 de xuño de 1476 e falecido en Roma o 18 de agosto de 1559) foi Papa da Igrexa católica entre 1555 e 1559 co nome de Paulo IV.

Era membro dunha ilustre e influente familia napolitana, o que lle permitiu iniciar desde moi novo a súa carreira eclesiástica, na que sucedeu ó seu tío Oliverio Carafa como bispo de Chieti en 1504, para posteriormente ser designado arcebispo de Brindisi en 1518, destacando nestes cargos a súa actuación como embaixador do papa León X ante as cortes de España e Inglaterra.

En 1524, o entón papa Clemente VII autorizouno a renunciar ós seus privilexios e beneficios eclesiásticos para ingresar no "Oratorio do Amor Divino" de Roma, onde coñeceu a Gaetano de Thiene (San Caetano), co que fundou a orde de Clérigos Regulares, popularmente coñecida polos Teatinos.

En 1527, tralo Saqueo de Roma, a orde dos Teatinos foi trasladada a Venecia, pero Caraffa foi retido en Roma por Clemente VII, que lle encomendou a tarefa de participar nunha comisión de nove membros creada para a reforma da corte papal e que publicou o Consilium de emendanda Ecclesia (Ditame sobre a reforma da Igrexa).

En 1536 foi nomeado cardeal de título de San Pancracio polo papa Paulo III. Tamén foi nomeado arcebispo de Nápoles, e se lle encomendou a reorganización da Inquisición italiana, para o que creou a Congregación do Santo Oficio. En 1542 foi nomeado Inquisidor xeneral, cargo que ocupou ata a súa elección como papa.

Á morte de Marcelo II foi elixido para sucedelo, contra todo prognóstico, o xa octoxenario Gian Pietro Caraffa, que debido á súa idade estaba disposto a renunciar á tiara papal. Porén, a oposición á súa elección manifestada polo emperador e rei de España Carlos I fixo que, cedendo ó odio exacerbado que sentía cara España, que daquela gobernaba o Reino de Nápoles onde nacera, aceptou a elección.

Ó acceder ó solio pontificio, o xa dilatado concilio de Trento se encontraba paralizado, pero o recentemente elixido papa non fixo nada por reactivalo. No seu caso non por falta de tempo, como lle ocorrera ó seu antecesor Marcelo II que só gobernou a igrexa durante 22 días, senón porque o seu talante teocrático lle facía considerarse por riba dos emperadores, reis, prelados e demais dignidades deste mundo. El era o papa e ninguén ou nada estaba sobre el, e como tal se bastaba e sobraba para regulamentar a función da igrexa e a vida dos crentes. Non necesitaba Concilio algún, senón que el mesmo ditaba a verdade e o dogma, axudándose do Santo Oficio para evitar calquera tentación desviacionista.

Países Baixos españois

Países Baixos españois foi o nome que, na historiografía internacional, se lle daba aos territorios do noroeste europeo, coñecidos en España como Flandes (Flandres), que permaneceron baixo o dominio da rama española da casa de Habsburgo, no período que trascorreu entre 1555, cando o emperador Carlos V como duque de Borgoña cedeu estes territorios ao seu fillo Filipe, daquela príncipe, até 1713, en que, en virtude dos tratados Utrech-Rastatt —conxunto de tratados asinados polos Estados contendentes na Guerra de Sucesión española entre os anos 1713 e 1715 na cidade holandesa de Utrecht e na alemá de Rastatt— os territorios que aínda estaban en poder da coroa española pasaron á soberanía dos Habsburgos austríacos, obtendo así o emperador Carlos VI o control dos Países Baixos.

Cómpre sinalar que algúns historiadores sitúan como data de inicio deste período a da independencia das Provincias Unidas, en 1581.

Reino de Irlanda

O Reino de Irlanda (en irlandés: Ríoghacht Éireann) refírese ao país de Irlanda no período comprendido entre a proclamación de Henrique VIII como Rei de Irlanda pola Lei da Coroa irlandesa de 1542 e a Lei de Unión de 1800. O Reino substituíu ao Señorío de Irlanda, que fora creado en 1171. Henrique VIII foi recoñecido como Rei de Irlanda por parte dalgúns poderes protestantes en Europa, aínda que non polas monarquías católicas. Con todo, a súa filla María I, foi recoñecida como a raíña de Irlanda polo Papa en 1555. O reino independente de Irlanda deixou de existir se uniu co Reino de Gran Bretaña para formar o Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda en 1801.

Xoana I de Castela

Xoana I de Castela ou Xoana I de Aragón e Castela, coñecida tamén como Xoana a Tola, nada en Toledo en 1479 e finada en Tordesillas, Valladolid, en 1555, foi entre outras cousas raíña de Aragón e Castela.

Xulio III, papa

Giovanni Maria Ciocchi del Monte, nado en Roma o 10 de setembro 1487 e falecido o 23 de marzo 1555, elixido papa da Igrexa católica o 7 de febreiro 1550 .

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.