1547

1547
Calendario gregoriano1547
MDXLVII
Ab urbe condita2300
Calendario armenio996
Calendario chinés4243 – 4244
Calendario hebreo5307 – 5308
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat1602 – 1603
 ·  Shaka Samvat1469 – 1470
 ·  Kali Yuga4648 – 4649
Calendario persa925 – 926
Calendario musulmán954 – 955
Calendario rúnico1797
Década de 1540
1543 1544 1545 1546 1547 1548 1549 1550 1551

Acontecementos

Nacementos

Mortes

Outros

Historia ano a ano

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
31 de marzo

O 31 de marzo é o 90º día do ano do calendario gregoriano e o 91º nos anos bisestos. Quedan 275 días para finalizar o ano.

Ducado da Bretaña

O Ducado da Bretaña (en bretón: Dugelezh Breizh, e en francés: Duché de Bretagne) é o conxunto político que sucedeu despois dos reinos da Bretaña unificándoos, na Alta Idade Media na Bretaña (Francia).

Empezou no século IX e disolveuse no ano 1532 ao unirse ao reino de Francia. O personaxe máis destacado foi a duquesa Ana da Bretaña (Nantes, 25 de xaneiro de 1477 - Blois, 9 de xaneiro de 1514), que foi duquesa titular da Bretaña e por dúas veces raíña consorte de Francia.

Década de 1540

A década de 1540 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1540 e remata o 31 de decembro de 1549.

Francisco I de Francia

Francisco I de Francia, nado en Cognac o 12 de setembro de 1494 e finado en Rambouillet o 31 de marzo de 1547, foi rei de Francia desde o 25 de xaneiro de 1515 ata a súa morte.

Henrique VIII de Inglaterra

Henrique VIII Tudor, nado o 28 de xuño de 1491 e finado o 28 de xaneiro de 1547, foi Rei de Inglaterra a partir do 21 de Abril (coroado a 24 de xuño) de 1509, até a súa morte. Foille concedido o título de rei de Irlanda polo Parlamento Irlandés en 1541, tendo obtido anteriormente o título de Lord de Irlanda.

Hernán Cortés

Hernán Cortés Monroy Pizarro Altamirano máis coñecido por Hernán Cortés, quen asinaba as súas cartas como Fernán Cortés, nado en Medellín (Badaxoz) en 1485 e finado en Castilleja de la Cuesta (Sevilla) o 2 de decembro de 1547, foi un conquistador castelán que encabezou a expedición que causou a caída do Imperio Azteca, territorio que actualmente é coñecido como México, en favor da Coroa de Castela, a comezos do século XVI. Cortés foi parte da xeración de colonizadores hispanos que iniciou a primeira fase da colonización castelá das Américas.

Iván IV de Rusia

Iván IV Vasílievich (en ruso Иван IV Васильевич), nado en Kolomenskoe o 25 de agosto de 1530 e finado en Moscova o 18 de marzo de 1584, foi un soberano ruso coñecido como Iván o Terrible, o primeiro en adoptar o título de Tsar.

O seu reinado vai desde 1547 ata 1548. É considerado como un dos creadores do estado ruso. Chegou a casar unhas sete veces, pero o seu matrimonio máis importante foi con Anastasia Románovna Zakhárina no 1547. Entre os feitos sucedidos durante o seu reinado, destacan a conquista de Siberia, a creación dun novo código legal, o Sudiébnik, a centralización do poder na capital, a creación de institucións con participación popular, a conquista dos khanatos tártaros de Kazán e Astrakán, a destrución da Orde Teutónica e a reforma do exército.

Miguel de Cervantes

Miguel de Cervantes Saavedra, nado en Alcalá de Henares o 29 de setembro de 1547 e finado en Madrid o 23 de abril de 1616, foi un escritor en lingua castelá de novela, poesía e teatro, considerado a máxima figura da literatura castelá. É universalmente coñecido, sobre todo, por ser o autor de Don Quixote da Mancha, que moitos críticos describen como a primeira novela moderna e unha das mellores obras da literatura universal. Iso deulle o sobrenome de "Príncipe dos Enxeños".

Tsar

Tsar (en búlgaro, serbio e macedonio цар; en ruso царь pronunciado ) era o título empregado polos monarcas eslavos, principalmente do Imperio Ruso entre 1546 e 1917, pero tamén os gobernantes de Serbia e Bulgaria.

O título non implica un rango imperial, sendo equivalente ao krol, kral, korol ou kiraly (fomas das diversas linguas eslavas para designar ao rei, derivadas etimoloxicamente de Carlomagno, Karl). Como moitos outros títulos nobiliarios, emprégase figurativamente na fala normal, para referirse a persoas ou institucións que poseen gran poder, e actúan como autócratas.

Tsarato ruso

O Tsarato ruso ou Tsarato de Rusia (en ruso: Царство Русское, Tsárstvo rússkoie) é o nome oficial do Estado ruso desde a toma do título de Tsar por Iván IV o Terríbel, en 1547, até a fundación do Imperio ruso por Pedro I o Grande, en 1721.

Foi o sucesor do Principado de Moscova. Con tal nome vinculáronse todos os territorios rusos que nesa época estaban libres da dominación de nacións estranxeiras.

Algunhas fontes refírense a este Estado como a Rusia moscovita.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.