1542

1542
Calendario gregoriano1542
MDXLII
Ab urbe condita2295
Calendario armenio991
Calendario chinés4238 – 4239
Calendario hebreo5302 – 5303
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat1597 – 1598
 ·  Shaka Samvat1464 – 1465
 ·  Kali Yuga4643 – 4644
Calendario persa920 – 921
Calendario musulmán949 – 950
Calendario rúnico1792
Década de 1540
1538 1539 1540 1541 1542 1543 1544 1545 1546

Acontecementos

América

Asia

  • Tabinshwehti (1512-1535), rei de Toungoo (actual Myanmar) toman a cidade de Prome, acabando con o reino Mon. Domina toda a Baixa Birmania.

Europa

Nacementos

Mortes

Outros

Historia ano a ano

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
13 de febreiro

O 13 de febreiro é o 44º día do ano do calendario gregoriano . Quedan 321 días para finalizar o ano, 322 nos anos bisestos.

26 de agosto

O 26 de agosto e o 238º día do ano do calendario gregoriano e o 239º nos anos bisestos. Quedan 127 días para finalizar o ano.

Akbar

Jalal-ud-Din Mohammed Akbar ou Jellaladin Mahommed Akbar populamente coñecido como Akbar I (əkbər, literalmente "o grande"), nado o 14 de outubro de 1542 e finado en Agra o 27 de outubro de 1605, foi o terceiro e maior dos emperadores mogois da India (de 1556 a 1605) e Emperador do Hindustán. Era descendente de Tamerlán; fillo do emperador Humayun, e neto do emperador mogol Zahiruddin Muhammad Babur, gobernante que fundou a dinastía mogol na India. Ao final do seu reinado, en 1605, o Imperio mogol cubría a maior parte da India setentrional e central. É apreciado por ter un punto de vista liberal en todas as súas crenzas e fe e, durante a súa época, a cultura e a arte chegaron ao cénit cando se compara cos seus predecesores, aínda que el era analfabeto.

Década de 1540

A década de 1540 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1540 e remata o 31 de decembro de 1549.

María I de Escocia

María I de Escocia chamada María Estuardo, nada no Palacio de Linlithgow (Escocia) o 8 de decembro de 1542 e finada no Castelo de Fotheringhay, Northamptonshire (Inglaterra) o 8 de febreiro de 1587, foi a raíña de Escocia dende o 14 de decembro de 1542 ata 24 de xullo de 1567. Tamén denominada popularmente como María, raíña dos escoceses, quizais sexa a máis coñecida dos monarcas escoceses pola súa tempestuosa vida e tráxica morte.

Paulo IV, papa

Gian Pietro Carafa, (nado en Carpiglia Irpina o 28 de xuño de 1476 e falecido en Roma o 18 de agosto de 1559) foi Papa da Igrexa católica entre 1555 e 1559 co nome de Paulo IV.

Era membro dunha ilustre e influente familia napolitana, o que lle permitiu iniciar desde moi novo a súa carreira eclesiástica, na que sucedeu ó seu tío Oliverio Carafa como bispo de Chieti en 1504, para posteriormente ser designado arcebispo de Brindisi en 1518, destacando nestes cargos a súa actuación como embaixador do papa León X ante as cortes de España e Inglaterra.

En 1524, o entón papa Clemente VII autorizouno a renunciar ós seus privilexios e beneficios eclesiásticos para ingresar no "Oratorio do Amor Divino" de Roma, onde coñeceu a Gaetano de Thiene (San Caetano), co que fundou a orde de Clérigos Regulares, popularmente coñecida polos Teatinos.

En 1527, tralo Saqueo de Roma, a orde dos Teatinos foi trasladada a Venecia, pero Caraffa foi retido en Roma por Clemente VII, que lle encomendou a tarefa de participar nunha comisión de nove membros creada para a reforma da corte papal e que publicou o Consilium de emendanda Ecclesia (Ditame sobre a reforma da Igrexa).

En 1536 foi nomeado cardeal de título de San Pancracio polo papa Paulo III. Tamén foi nomeado arcebispo de Nápoles, e se lle encomendou a reorganización da Inquisición italiana, para o que creou a Congregación do Santo Oficio. En 1542 foi nomeado Inquisidor xeneral, cargo que ocupou ata a súa elección como papa.

Á morte de Marcelo II foi elixido para sucedelo, contra todo prognóstico, o xa octoxenario Gian Pietro Caraffa, que debido á súa idade estaba disposto a renunciar á tiara papal. Porén, a oposición á súa elección manifestada polo emperador e rei de España Carlos I fixo que, cedendo ó odio exacerbado que sentía cara España, que daquela gobernaba o Reino de Nápoles onde nacera, aceptou a elección.

Ó acceder ó solio pontificio, o xa dilatado concilio de Trento se encontraba paralizado, pero o recentemente elixido papa non fixo nada por reactivalo. No seu caso non por falta de tempo, como lle ocorrera ó seu antecesor Marcelo II que só gobernou a igrexa durante 22 días, senón porque o seu talante teocrático lle facía considerarse por riba dos emperadores, reis, prelados e demais dignidades deste mundo. El era o papa e ninguén ou nada estaba sobre el, e como tal se bastaba e sobraba para regulamentar a función da igrexa e a vida dos crentes. Non necesitaba Concilio algún, senón que el mesmo ditaba a verdade e o dogma, axudándose do Santo Oficio para evitar calquera tentación desviacionista.

Reino de Irlanda

O Reino de Irlanda (en irlandés: Ríoghacht Éireann) refírese ao país de Irlanda no período comprendido entre a proclamación de Henrique VIII como Rei de Irlanda pola Lei da Coroa irlandesa de 1542 e a Lei de Unión de 1800. O Reino substituíu ao Señorío de Irlanda, que fora creado en 1171. Henrique VIII foi recoñecido como Rei de Irlanda por parte dalgúns poderes protestantes en Europa, aínda que non polas monarquías católicas. Con todo, a súa filla María I, foi recoñecida como a raíña de Irlanda polo Papa en 1555. O reino independente de Irlanda deixou de existir se uniu co Reino de Gran Bretaña para formar o Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda en 1801.

Sáhara Occidental

O Sáhara Occidental é un territorio do norte de África situado no extremo occidental do deserto do Sáhara, as beiras do océano Atlántico. É un dos 17 territorios non autónomos baixo supervisión do Comité Especial de Descolonización da Organización das Nacións Unidas, coa fin de eliminar o colonialismo. Foi introducido na lista dos territorios non autónomos en 1960 a través da resolución 1542 (XV) da Asemblea Xeral das Nacións Unidas, de 15 de decembro dese ano, cando era unha provincia española.O seu proceso de descolonización foi interrompido en 1976, cando a súa potencia administradora, España, abandonou o Sáhara Occidental en mans de Marrocos e Mauritania —trala marcha verde e conforme ao disposto nos Acordos de Madrid (1975), non válidos segundo o Dereito internacional—. O territorio está ocupado actualmente na súa maior parte por Marrocos, que o chama as súas Provincias Meridionais, aínda que a soberanía marroquí non está recoñecida nin polas Nacións Unidas nin por ningún país do mundo e é rexeitada pola Fronte Polisario, que proclamou a súa independencia en 1976 creando a República Árabe Saharaui Democrática (RASD), recoñecida ata o momento por máis de oitenta países. A RASD administra a rexión ao leste non controlada por Marrocos, a cal denomina Zona Libre. Por outra banda, Mauritania ocupa a cidade sureña de La Güera e outras zonas adxacentes a esta dentro da península de Cabo Blanco.

Universidade de Zaragoza

A Universidade de Zaragoza é un centro de educación superior público, repartida xeograficamente entre os campus de Zaragoza, Huesca, Jaca, Teruel e La Almunia de Doña Godina, todos eles na Comunidade Autónoma de Aragón (España).

Fundada en 1542, reúne en 2008 a máis de 32.000 estudantes e 3.500 membros docentes entre os seus 22 centros e 74 titulacións e estudos propios. O seu actual reitor é Manuel López Pérez.

Xacobe V de Escocia

Xacobe V, nado o de 10 de abril de 1512, e finado o 14 de decembro de 1542, foi rei de Escocia dende o 9 de setembro de 1513 até a súa morte, que se produciu na derrota escocesa da batalla de Solway Moss. A súa única filla sobrevivente, e lexítima herdeira, María I, sucedeuno cando só tiña seis días de idade.

Álvaro de Mendaña

Álvaro de Mendaña y Neira, nado en Congosto, no Bierzo, contra 1542 e falecido nas illas Santa Cruz o 8 de outubro de 1595, foi un explorador español do océano Pacífico.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.