1539

1539
Calendario gregoriano1539
MDXXXIX
Ab urbe condita2292
Calendario armenio988
Calendario chinés4235 – 4236
Calendario hebreo5299 – 5300
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat1594 – 1595
 ·  Shaka Samvat1461 – 1462
 ·  Kali Yuga4640 – 4641
Calendario persa917 – 918
Calendario musulmán946 – 947
Calendario rúnico1789
Década de 1530
1535 1536 1537 1538 1539 1540 1541 1542 1543

Acontecementos

Nacementos

Mortes

Outros

Historia ano a ano

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
7 de maio

O 7 de maio é o 127º día do ano do calendario gregoriano e o 128º nos anos bisestos. Quedan 238 días para finalizar o ano.

Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico

Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico, tamén coñecido como Carlos V de Habsburgo, Carlos V de Flandres, Carlos I de Habsburgo ou Carlos I de España e V de Alemaña, nado no palacio Prinsenhof de Gante o 24 de febreiro de 1500 e finado no mosteiro de Yuste o 21 de setembro de 1558, foi fillo de Filipe o Fermoso de Habsburgo e de Xoana, a Tola. Reinou nas Coroas de Castela e Aragón moi novo, aos 16 anos, de 1516 a 1556, e posuíu a coroa imperial alemá de 1519 a 1558.

Década de 1530

A década de 1530 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1530 e remata o 31 de decembro de 1539.

Gobernantes muiscas

A rexión central das terras altas colombianas estivo controlada por gobernantes muiscas cando os conquistadores españois chegaron á rexión. Estaban organizados nunha Confederación muisca, que tiña dous gobernantes; o zipa que era o gobernante da zona sur con capital Bacatá, hoxe coñecida como Bogotá, e o zaque que era o gobernante da zona norte con capital en Hunza, hoxe coñecida como Tunja.

Naturalista

Naturalista é a denominación coa que se coñeceu aos investigadores que realizaron estudos sobre ciencias naturais ou historia natural desde os séculos XVII ao XIX, aínda que o interese pola descrición da natureza e o seu estudo estímase que se remonta á Grecia clásica.

Desde o século XX é a denominación coa que se designa aos científicos de campo dedicados á investigación e estudo da natureza e protección do ambiente.

Sabela de Portugal, emperatriz do Sacro Imperio Romano-Xermánico

Sabela de Portugal, nada en Lisboa o 24 de outubro de 1503 e finada en Toledo o 1 de maio de 1539, foi filla do rei Manuel I e da raíña María de Aragón. Alcumabana "belísima", como proba o retrato pintado por Tiziano. Morreu de sobreparto, no Palacio de Fuensalida, en Toledo, estando sepultada no Panteón do Escorial.

Era irmá de Xoán III e do Cardeal-Rei Henrique. Intelixente e culta, creada no esplendor da máis rica corte europea do seu tempo, en Lisboa, na educación da emperatriz participaron tamén, por influencia de súa nai, Beatriz Galindo, la Latina e o humanista Luis Vives. Foi longamente rexente en nome de Carlos V, entre 1528 e 1533, primeiro, e de 1535 a 1538 novamente, mentres o marido se ausentou, en guerra.

Alén diso, tivo moita importancia en relación á educación do seu primoxénito, que viría a ser Filipe II de Habsburgo, de lingua materna portuguesa, creado e educado polas damas portuguesa de súa nai durante a infancia.

Sugamuxi

Sugamuxi, finado en 1539, foi o derradeiro iraca; cacique da Cidade sacra do Sol Suamox. Sugamuxi, no presente chamada Sogamoso, era unha cidade importante na relixión dos muiscas que habitaron o Altiplano Cundiboyacense no tempo antes da chegada dos conquistadores españois as terras altas dos Andes colombianos. Os outros gobernantes muiscas dos territorios dentro da Confederación muisca foron Tundama de Tundama, o zaque Aquiminzaque de Hunza e o zipa Sagipa de Bacatá.

Tundama

Tundama, nado no século XV e finado en Duitama en decembro de 1539 foi un cacique da Confederación muisca, unha aliana de gobernantes dos muiscas que habitaron nas terras altas centrais (Altiplano Cundiboyacense) dos Andes de Colombia. A cidade de Tundama, no presente coñecida como Duitama, e a provincia de Tundama, en Boyacá, reciben este nome polo cacique. Tundama gobernou nos territorios do norte dos muiscas, sometidos posteriormente polos conquistadores españois.

Tundama foi asasinado en decembro de 1539 baixo un gran martelo de Baltasar Maldonado. O seu sucesor, coñecido como Don Juan foi asasinado pouco despois, rematando o reinado dos muiscas no Novo Reino de Granada, o nome das actuais Colombia e Venezuela no Imperio Español.

Tunja

Tunja é un concello colombiano, capital do departamento de Boyacá, que se atopa sobre a cordilleira oriental dos Andes, a 130 km ó nordés de Bogotá. É a cidade capital máis alta do país. Tunja foi construída sobre Hunza, unha das capitais da confederación muisca o 6 de agosto de 1539. Co seu título de cidade outorgado pola coroa española, Tunja chegou a converterse nun fortín para colonos emigrantes de Castela, Estremadura e Andalucía, e un dos maiores centros administrativos, xudiciais, políticos e culturais do país. Durante o axitado período da independencia, constituíuse como capital da República de Tunja o 9 de decembro de 1811.

Tunja alberga un conxunto monumental protexido no seu Centro Histórico e declarado patrimonio da Nación en 1959. Ó longo da súa historia, Tunja foi recoñecida como un importante centro literario, científico, cultural e histórico. É considerada como a cidade Universitaria de Colombia, e é a sede de eventos de carácter internacional como o Festival Internacional da Cultura de Boyacá e do Aguinaldo Boyacense.Tunja é igualmente a cidade máis segura de Colombia segundo o informe presentado polo Centro Internacional para a Prevención da Criminalidade. En canto á economía segundo o DANE, o desenvolvemento recente de infraestrutura e da industria da construción contribuíron a un aumento do PIB de 4.0% en 2014.

Zaquesazipa

Zaquesazipa, tamén coñecido como Sagipa, foi o quinto e derradeiro zipa de Bacatá, que hoxe é a actual capital de Colombia, Bogotá. Era irmán do anterior Zipa, Tisquesusa, pero a facción máis tradicionalista da sociedade muisca do zipazgo considerouno un usurpador do trono, xa que o sucesor lexítimo era o seu sobriño, o psihipqua (príncipe de sangue) Chiayzaque, cacique de Chía.Outras formas nas que os cronistas españois escribiron o seu nome son: Saquesazippa, Saquezazippa e Sacresasigua.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.