1538

1538
Calendario gregoriano1538
MDXXXVIII
Ab urbe condita2291
Calendario armenio987
Calendario chinés4234 – 4235
Calendario hebreo5298 – 5299
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat1593 – 1594
 ·  Shaka Samvat1460 – 1461
 ·  Kali Yuga4639 – 4640
Calendario persa916 – 917
Calendario musulmán945 – 946
Calendario rúnico1788
Década de 1530
1534 1535 1536 1537 1538 1539 1540 1541 1542

Acontecementos

Ciencia e tecnoloxía

Nacementos

Mortes

Outros

Historia ano a ano

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
6 de agosto

O 6 de agosto é o 218º día do ano do calendario gregoriano e o 219º nos anos bisestos. Quedan 147 días para finalizar o ano.

Altiplano Cundiboyacense

O Altiplano Cundiboyacense é unha meseta alta que se atopa na Cordilleira Oriental dos Andes colombianos, abranguendo partes dos departamentos de Cundinamarca e Boyacá. O altiplano corresponde co antigo territorio dos muiscas. O Altiplano Cundiboyacense comprende tres rexións chás distintivas; a sabana de Bogotá, os vales de Ubaté e Chiquinquirá e os vales de Duitama e Sogamoso. A altitude media do altiplano é de 2 600m por riba do nivel do mar, pero varía entre os 2 500m e os 4 000m.

O altiplano é o lugar onde se encontraron os tres conquistadores españois Gonzalo Jiménez de Quesada, Sebastián de Belalcázar e Nicolás de Federmann en 1538 despois da fundación hispánica de Santafé de Bogotá no lugar onde se atopaba a vila muisca de Bacatá. É un lugar arrodeado de numerosas montañas, na metade da Cordilleira Oriental. No sur, atópase a sabana de Bogotá, a chaira máis extensa de Colombia, tamén limita co Ermo de Sumapaz. Polo norte, limita coas montañas de Santander, polo leste limita coa cordilleira que a separa de Piedemonte llanero e polo oeste coa cordilleira que o separa do Valle del Magdalena.

Bacatá

Bacatá foi un dos cinco Zybyn que conformaban o territorio do Zipazgo, na Confederación muisca. A súa capital era o Uta de Funza, chamado tamén Muyquyta (ou Muequetá), que á súa vez era a capital do Zipazgo. O territorio do Zybyn de Bacatá abranguía boa parte da actual sabana de Bogotá, e precisamente da verba Bacatá provén o nome da actual cidade de Bogotá, capital da República de Colombia. O conquistador español Gonzalo Jiménez de Quesada fundou no territorio de Bacatá a cidade de Santafé de Bogotá o 6 de agosto de 1538, capital do Novo Reino de Granada, e posteriormente do Vicerreinado de Nova Granada.

O Zybyn de Bacatá era o de maior importancia no Zipazgo, non só polo número de Uta adscritos ó seu dominio, senón tamén porque Funza, a súa capital, era a residencia oficial e sede do goberno do Zipa, supremo gobernante do Zipazgo.

Os habitantes do zipazgo foron chamados xenericamente polos españois como "bacataes", por mor da importancia político-administrativa deste territorio. Tamén o Zipa foi chamado, ocasionalmente, "Bacatá".

Batalla de Tocarema

A batalla de Tocarema foi unha batalla entre unha alianza das tropas do conquistador español Gonzalo Jiménez de Quesada e o zipa Sagipa do sur da Confederación muisca, e os indíxenas panche. A batalla tivo lugar na tarde do 19 de agosto e a mañá do 20 de agosto de 1538 na verea Tocarema de Cachipay, Cundinamarca, Colombia que resultou nunha vitoria dos conquistadores.

A vitoria dos poderes coloniais españois sobre os panches non acabaron completamente coa resistencia indíxena no oeste de Cundinamarca. Foron precisas novas expedicións de conquista para subxugar os veciños occidentais dos muiscas, descritos polos cronistas Pedro de Aguado, Pedro Simón, Juan Freyle e Lucas Fernández de Piedrahita como belicosos e caníbales.

Cachipay

Cachipay é un concello de Cundinamarca (Colombia), que se atopa na Provincia do Tequendama, a 50 km de Bogotá.

Diego de Almagro

Diego de Almagro, nado en Almagro en 1472 e finado en Cuzco en 1538, foi un conquistador español.

Década de 1530

A década de 1530 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1530 e remata o 31 de decembro de 1539.

Quemuenchatocha

Quemuenchatocha ou Quimuinchateca foi o terceiro zaque de Hunza, que hoxe é a cidade colombiana de Tunja. Foi o gobernante da parte norte da confederación muisca cando os conquistadores españois chegaron ás terras altas de Colombia. Foi o inimigo contemporáneo dos zipas muiscas do sur Nemequene e Tisquesusa.

Río Magdalena

O río Magdalena é un curso de auga de 1538 km de lonxitude ao longo do Oeste de Colombia, en América do Sur, desde o seu nacemento nos Andes até a súa foz no Mar das Antillas, no Océano Atlántico. A súa conca abrangue 263.858 km².

Zaquesazipa

Zaquesazipa, tamén coñecido como Sagipa, foi o quinto e derradeiro zipa de Bacatá, que hoxe é a actual capital de Colombia, Bogotá. Era irmán do anterior Zipa, Tisquesusa, pero a facción máis tradicionalista da sociedade muisca do zipazgo considerouno un usurpador do trono, xa que o sucesor lexítimo era o seu sobriño, o psihipqua (príncipe de sangue) Chiayzaque, cacique de Chía.Outras formas nas que os cronistas españois escribiron o seu nome son: Saquesazippa, Saquezazippa e Sacresasigua.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.