1533

1533
Calendario gregoriano1533
MDXXXIII
Ab urbe condita2286
Calendario armenio982
Calendario chinés4229 – 4230
Calendario hebreo5293 – 5294
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat1588 – 1589
 ·  Shaka Samvat1455 – 1456
 ·  Kali Yuga4634 – 4635
Calendario persa911 – 912
Calendario musulmán939 – 941
Calendario rúnico1783
Década de 1530
1529 1530 1531 1532 1533 1534 1535 1536 1537

Acontecementos

África

  • Ahmed Al-Ghazí, sultán de Harrar, invade Etiopía. A cidade santa de Lalibela é saqueada polas súas tropas.

América

Vue de Cuzco (2007)
Vista da actual cidade de Cuzco, Perú
  • Comezo do reinado do inca Manco Cápac II (até 1537).
  • Sebastián de Benalcázar toma a cidade de Quito.

Europa

Nacementos

Mortes

Outros

Historia ano a ano

15 de novembro

O 15 de novembro é o 319º día do ano no Calendario Gregoriano e o 320º nos anos bisestos. Quedan 46 días para rematar o ano.

Atahualpa

Atahualpa, do quechua Ata-wallpa, que en galego quere dicir 'galo', nado en 1500 e finado o 26 de xullo de 1533, foi o décimo terceiro gobernante inca, e aínda que tivo sucesores nomeados polos españois é considerado como o último emperador incaico.

Basilio III de Rusia

Basilio III Ivánovich ou Basilio III de Moscova (en ruso: Василий III Иванович), nado o 25 de marzo de 1479 e finado o 3 de decembro de 1533, foi Gran Príncipe de Moscova entre 1505 e 1533. Fillo de Iván III de Moscova e Sofía Paleóloga, foi cristianizado co nome de Gavriil ou Gabriel (Гавриил en ruso).

Cartaxena de Indias

Cartaxena de Indias (en castelán: Cartagena de Indias) é unha cidade da costa caribeña de Colombia, capital do departamento de Bolívar. Fundada por Pedro de Herrera en 1533, contaba no ano 2006 con 1 076 000 habitantes e é o principal destino turístico do país.[Cómpre referencia] Conta cun casco vello amurallado, da época colonial, que foi declarado pola UNESCO Patrimonio da Humanidade.

Década de 1530

A década de 1530 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1530 e remata o 31 de decembro de 1539.

Henrique VIII de Inglaterra

Henrique VIII Tudor, nado o 28 de xuño de 1491 e finado o 28 de xaneiro de 1547, foi Rei de Inglaterra a partir do 21 de Abril (coroado a 24 de xuño) de 1509, até a súa morte. Foille concedido o título de rei de Irlanda polo Parlamento Irlandés en 1541, tendo obtido anteriormente o título de Lord de Irlanda.

Imperio Inca

O Imperio Inca foi o berce da civilización inca, unha das tres grandes civilizacións de América, que apareceu no século XIII e foi disolto no século XVI. Unificou diversas culturas da América do Sur preinca e con elas constituíu o imperio máis extenso do continente americano. A súa historia e cosmovisión, unificadoras de todos os pobos do mundo coñecido, permitiu facer un certo paralelo entre o Imperio Inca e o Imperio Romano pola súa traxectoria cultural e a súa pluralidade.

O seu centro foi o que agora se coñece como a República do Perú e a súa capital o Cuzco, o embigo do mundo. O idioma oficial no Imperio Incaico era o quechua ou runasimi, a lingua dos homes. Sábese, ademais, que entre a nobreza falábase o puquiña como lingua secreta, chamada incasimi por ser o idioma orixinario desta etnia. Máis tarde foi considerada como a lingua dos deuses pola crenza de que a familia real descendía directamente deles.

Michel de Montaigne

Michel Eyquem de Montaigne, nado o 28 de febreiro de 1533 e finado o 13 de setembro de 1592, foi un pensador e escritor francés do Renacemento, creador do xénero literario coñecido como ensaio.

Muhammad XII de Granada

Abū ʿAbd Allāh Muḥammad b. ʿAlī (أبو عبد الله محمد ابن علي) nado en Granada posiblemente no ano 1459 e finado en Fez, Marrocos no 1533, foi o derradeiro rei do Reino de Granada. Membro da dinastía dos nazarís, era coñecido entre os cristiáns como Boabdil el Chico ou Boabdil.

Arrebatoulle o trono o seu pai Muley Hacén e durante un tempo estivo en disputa por este tanto con el, coma co seu tío el Zagal. Abu 'Abd Allāh, na fala granadina debía pronunciarse como Bu Abdal-lah ou Bu Abdil-lah, e de aí derivou o nome castelán de Boabdil, ao cal se lle engadiu o epíteto d'o Chico para distinguilo do seu tío Abu 'Abd Allāh o Vello.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.