1532

1532
Calendario gregoriano1532
MDXXXII
Ab urbe condita2285
Calendario armenio981
Calendario chinés4228 – 4229
Calendario hebreo5292 – 5293
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat1587 – 1588
 ·  Shaka Samvat1454 – 1455
 ·  Kali Yuga4633 – 4634
Calendario persa910 – 911
Calendario musulmán938 – 939
Calendario rúnico1782
Década de 1530
1528 1529 1530 1531 1532 1533 1534 1535 1536

Acontecementos

América

  • Chegada dos españois ao Perú.
  • 13 de xaneiro - Unha real cédula asinada en Sevilla prohibe marcar aos indios con ferros candentes.
  • abril - Guerra Civil peruana - Batalla de Quipa-Hipa: Atahualpa vence as tropas do seu irmán Huáscar, e ordena a matanza de gran número de inimigos sobreviventes.
  • 10 de novembro - Francisco Pizarro envía emisarios perante Atahualpa que lle notican os seus desexos de ter unha entrevista con o soberano inca.
  • 16 de novembro - Francisco Pizarro fai prisioneiro a Atahualpa cando este visitaba o campamento español.

Europa

Nacementos

Mortes

Outros

  • 21 de decembro - A representación numérica das 23 horas e cincuenta e un minutos do día de hoxe configura un curioso palíndromo de doce cifras: (23:51.21.12.1532) , que non se produciría ata 470 anos despois 20:02.20.02.2002

Historia ano a ano

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
12 de novembro

O 12 de novembro é o 316º día do ano do calendario gregoriano (317ºnos anos bisestos). Quedan 49 días para finalizar o ano.

Bretaña (rexión histórica)

A Bretaña (en bretón: Breizh, [bʁɛjs] ou [bʁɛχ] (AFI); en galó: Bertaèyn, [bəʁ.taɛɲ] (AFI); en francés: Bretagne, [bʁə.taɲ] (AFI), escoitar), é unha rexión xeográfica e cultural que se atopa nunha península no extremo noroeste de Francia. Nos tempos do Imperio Romano a rexión era coñecida co nome de Armórica, aínda que posteriormente chegou a ser un reino independente e tamén un ducado, antes de pasar a ser unha provincia do Reino de Francia en 1532, gobernada como se fose unha nación separada dentro da coroa. A península limita co canal da Mancha ao norte, o mar Céltico e o océano Atlántico ao oeste, e o golfo de Biscaia ao sur. Ten unha superficie de 34 023 km².

A provincia histórica da Bretaña está hoxe en día dividida en cinco departamentos: Finistère, Côtes-d'Armor, Ille e Vilaine, Loira Atlántico e Morbihan. Dende a reorganización de 1956, a actual rexión administrativa da Bretaña só abrangue catro dos cinco departamentos bretóns, mentres que o departamento do Loira Atlántico pertence á rexión dos Países do Loira. A súa reunificación administrativa é obxecto de debate.

Segundo o censo de 2010, a poboación da Bretaña era de 4 475 295 persoas, das que o 71% viven na rexión da Bretaña e o 29% no departamento do Loira Atlántico. No ano 2012, as áreas metropolitanas máis grandes eran a de Nantes (897 713 habitantes), Rennes (690 467 habitantes) e Brest (314 844 habitantes). A Bretaña é a nación tradicional do pobo bretón e está recoñecida pola Celtic League como membro das Nacións celtas. Existen movementos nacionalistas que reclaman máis autonomía e a reunificación dos departamentos bretóns.

Década de 1530

A década de 1530 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1530 e remata o 31 de decembro de 1539.

Pedro Sarmiento de Gamboa

Pedro Sarmiento de Gamboa, nado en Pontevedra en 1532 e falecido no Océano Atlántico, fronte a Lisboa, en 1592, foi un navegante e historiador galego.

República de Florencia

A República de Florencia (en italiano, Repubblica Fiorentina) foi unha cidade estado establecida e Florencia (na actual Toscana, Italia). A república fundouse en 1115 cando os florentinos derribaron a Marca de Toscana e formaron unha comuna á morte da marquesa Matilde.

A comuna estaba rexida por un consello coñecido como La Signoria, que era elixida polo gonfaloneiro (gobernante titular da cidade), que á súa vez era elixido por membros dos gremios florentinos.A historia da República abunda en loitas entre distintas faccións. Os Medici tomaron o control da cidade en 1434, tras o golpe de Estado de Cosme de Medici contra a facción que o desterrara o ano anterior.

Os Medici manterían o goberno da cidade até 1494, cando foron expulsados brevemente polo freire radical Girolamo Savonarola e despois de que Xoán de Médici (futuro papa León X) reconquistara a cidade en 1512.

A autoridade medicea foi repudiada unha segunda vez, en 1527, durante a Guerra da Liga de Cognac, pero reasumiron o poder en 1531, despois dun asedio a Florencia de once meses.

A República foi abolida en 1532, cando o papa Clemente VII nomeou duque de Florencia a Alexandre de Medici, pasando o goberno de república a monarquía hereditaria.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.