1530

1530
Calendario gregoriano1530
MDXXX
Ab urbe condita2283
Calendario armenio979
Calendario chinés4226 – 4227
Calendario hebreo5290 – 5291
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat1585 – 1586
 ·  Shaka Samvat1452 – 1453
 ·  Kali Yuga4631 – 4632
Calendario persa908 – 909
Calendario musulmán936 – 937
Calendario rúnico1780
Década de 1530
1526 1527 1528 1529 1530 1531 1532 1533 1534

Acontecementos

Mortes

Outros

Historia ano a ano

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico

Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico, tamén coñecido como Carlos V de Habsburgo, Carlos V de Flandres, Carlos I de Habsburgo ou Carlos I de España e V de Alemaña, nado no palacio Prinsenhof de Gante o 24 de febreiro de 1500 e finado no mosteiro de Yuste o 21 de setembro de 1558, foi fillo de Filipe o Fermoso de Habsburgo e de Xoana, a Tola. Reinou nas Coroas de Castela e Aragón moi novo, aos 16 anos, de 1516 a 1556, e posuíu a coroa imperial alemá de 1519 a 1558.

Década de 1530

A década de 1530 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1530 e remata o 31 de decembro de 1539.

Florencia

Florencia (en italiano: Firenze) é unha cidade italiana, capital da provincia homónima e da rexión da Toscana. Ten 356.118 habitantes, e abrangue 102 km², cunha densidade de 3.453 hab./km². Fai fronteira con Bagno a Ripoli, Campi Bisenzio, Fiesole, Impruneta, Scandicci e Sesto Fiorentino. Por ela pasa o río Arno.

Foi capital de Italia no período de unificación de Italia entre (1865-1871). Durante o dominio da familia Medici (1434-1494, 1512-1527 e 1530-1737), Florencia era un importante centro comercial e financeiro na Europa medieval.

Considérase o lugar de nacemento do Renacemento. O centro histórico da cidade foi declarado patrimonio da humanidade pola UNESCO.

Célebre por ser a cidade natal de Dante Alighieri, autor da Divina Comedia, que é un referente da literatura universal. Neste Poema el describe a cidade de Florencia en moitas pasaxes, así como algúns dos seus contemporáneos florentinos célebres, que tamén son personaxes da obra.

Iván IV de Rusia

Iván IV Vasílievich (en ruso Иван IV Васильевич), nado en Kolomenskoe o 25 de agosto de 1530 e finado en Moscova o 18 de marzo de 1584, foi un soberano ruso coñecido como Iván o Terrible, o primeiro en adoptar o título de Tsar.

O seu reinado vai desde 1547 ata 1548. É considerado como un dos creadores do estado ruso. Chegou a casar unhas sete veces, pero o seu matrimonio máis importante foi con Anastasia Románovna Zakhárina no 1547. Entre os feitos sucedidos durante o seu reinado, destacan a conquista de Siberia, a creación dun novo código legal, o Sudiébnik, a centralización do poder na capital, a creación de institucións con participación popular, a conquista dos khanatos tártaros de Kazán e Astrakán, a destrución da Orde Teutónica e a reforma do exército.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.