1528

1528
Calendario gregoriano1528
MDXXVIII
Ab urbe condita2281
Calendario armenio977
Calendario chinés4224 – 4225
Calendario hebreo5288 – 5289
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat1583 – 1584
 ·  Shaka Samvat1450 – 1451
 ·  Kali Yuga4629 – 4630
Calendario persa906 – 907
Calendario musulmán934 – 935
Calendario rúnico1778
Década de 1520
1524 1525 1526 1527 1528 1529 1530 1531 1532

Acontecementos

América

  • 6 de novembro, Estados Unidos: o náufrago conquistador español Álvaro Núñez Cabeza de Vaca é o primeiro europeo que pon pé en Texas.
  • Ataque francés á illa de Porto Rico, sob dominio colonial español, onde destrúen a localidade de San Germán, entón na costa occidental da illa.

Europa

Arte e cultura

  • O italiano Baldassare Castiglione publica "O Cortesano" (Il Cortegiano).

Nacementos

Mortes

Outros

Historia ano a ano

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
19 de abril

O 19 de abril é o 109º día do ano do calendario gregoriano (110º nos anos bisestos). Quedan 256 días para finalizar o ano.

29 de maio

O 29 de maio é o 149º día do ano do calendario gregoriano e o 150º nos anos bisestos. Quedan 216 días para finalizar o ano.

Albrecht Dürer

Alberto Durero ou Albrecht Dürer, nado en Núremberg o 21 de maio de 1471 e finado na mesma cidade o 6 de abril de 1528, foi un pintor, gravador e matemático alemán. As súas impresións estableceron a súa reputación por toda Europa cando aínda non cumprira os 30 anos, e foi tradicionalmente considerado xa dende entón como un dos máis importantes artistas do renacemento nórdico. A súa vasta obra abrangue retablos e traballos relixiosos, numerosos retratos e autorretratos e gravados en cobre e madeira. Exerceu unha decisiva influencia nos artistas do século XVI, tanto alemáns coma dos Países Baixos, e chegou a ser admirado por mestres italianos como Rafael Sanzio. Os seus gravados alcanzaron gran difusión e inspiraron a múltiples artistas posteriores, incluíndo os nazarenos do século XIX e os expresionistas alemáns de principios do século XX.

As súas obras máis amplamente coñecidas son a Apocalipse de 1498 e as súas dúas series da crucifixión de Cristo, a Gran Paixón (1498–1510) e a Pequena Paixón (1510–1511).

Dürer amosaba un dominio completo das distintas técnicas do gravado, abundante coñecemento da mitoloxía fantástica e unha factura minuciosa e detallada na que empregaba unha coidada perspectiva e ricos efectos de luz e sombra. Os seus intereses, consonte o espírito humanista do Renacemento, abranguían outros campos, como a xeografía, a arquitectura, a xeometría e a fortificación.Como pintor, a súa formación no gótico serodio fixo que amosase unha tendencia á dureza e á expresividade, así como un gran virtuosismo formal. Nas súas viaxes a Italia interesouse polas preocupacións teóricas da perspectiva e as proporcións do corpo humano.

Década de 1520

A década de 1520 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1520 e remata o 31 de decembro de 1529.

Isabel de Castro e Andrade

Isabel de Castro e Andrade, condesa de Altamira, nada en Pontedeume probablemente en 1528 e falecida na mesma vila en 1582, foi unha nobre e escritora galega, considerada como a primeira poeta renacentista en galego.

Paolo Veronese

Paolo Veronese, nado en Verona en 1528 e finado en Venecia o 19 de abril de 1588, foi un importante pintor renacentista veneciano.

Pedro Mariño de Lobeira

Pedro Mariño de Lobeira, en ocasións escrito Pedro Mariño de Lobera, nado en Pontevedra en 1528[Cómpre referencia] e falecido en Lima en 1594, foi un militar e cronista da Casa Mariño de Lobeira que, tras participar na Conquista de Chile, deixou un relato dos seus sucesos na obra Crónica del Reino de Chile. Non se debe confundir co tamén nobre pontevedrés Pedro Mariño de Lobeira Lemos, entre os que media case un século.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.