1527

1527
Calendario gregoriano1527
MDXXVII
Ab urbe condita2280
Calendario armenio976
Calendario chinés4223 – 4224
Calendario hebreo5287 – 5288
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat1582 – 1583
 ·  Shaka Samvat1449 – 1450
 ·  Kali Yuga4628 – 4629
Calendario persa905 – 906
Calendario musulmán933 – 934
Calendario rúnico1777
Década de 1520
1523 1524 1525 1526 1527 1528 1529 1530 1531

Acontecementos

América

  • Fundación da cidade de Coro en Venezuela por Xoán de Ampíes.
  • Giovanni da Verrazzano, italiano ao servizo de Francia, explora a badía da actual cidade de Nova York.

Europa

Nacementos

Mortes

Outros

Historia ano a ano

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
13 de xullo

O 13 de xullo é o 194º día do ano do calendario gregoriano e o 195º nos anos bisestos. Quedan 171 días para finalizar o ano.

21 de maio

O 21 de maio é o 141º día do ano do calendario gregoriano e o 142º nos anos bisestos. Quedan (224) días para finalizar o ano.

21 de xuño

O 21 de xuño é o 172º día do ano do calendario gregoriano e o 173º nos anos bisestos. Quedan 193 días para finalizar o ano.

Década de 1520

A década de 1520 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1520 e remata o 31 de decembro de 1529.

Filipe II de España

Filipe II de España, tamén coñecido como Filipe II de Habsburgo, nado en Valladolid o 21 de maio de 1527 e falecido en El Escorial, Madrid, o 13 de setembro de 1598, foi rei de España entre 1556 e 1598 e de Portugal e os Algarves, (Filipe I de Portugal) entre 1580 e 1598.Fillo e herdeiro de Carlos I de España e Isabel de Portugal, e neto por vía paterna de Xoana I de Castela e de Filipe de Habsburgo (Filipe o Fermoso), e de Manuel I de Portugal e María de Aragón por vía materna. Chamado o rei prudente, realizou a ansiada unión dinástica con Portugal, que durou sesenta anos. Foi así mesmo rei de Inglaterra, entre 1554 e 1558, polo seu matrimonio con María I de Inglaterra.

Desde a súa morte foi presentado polos seus defensores como arquetipo de virtudes, e como un monstro fanático e despótico polos seus inimigos. Esta dicotomía entre a Lenda Negra e a Lenda Branca ou Rosa foi favorecida por el mesmo, xa que se negou a que se publicaran biografías súas en vida, e ordenou a destrución da súa correspondencia.[Cómpre referencia]Aínda hoxe en día, a historiografía anglosaxoa e protestante presenta a Filipe II como un ser fanático, despótico, criminal, imperialista e xenocida. As súas vitorias foron minimizadas até o anecdótico (salvo uns poucos exemplos, como a Batalla de Lepanto) e as súas derrotas magnificadas en exceso, a pesar de que non supuxeron grandes cambios políticos ou militares, como a perda dunha parte da Grande y Felicísima Armada (a Armada Invencible) debido a un forte temporal que ademais os historiadores anglosaxóns "transformaron" nunha vitoria inglesa.[Cómpre referencia]Durante o seu goberno, o Imperio español dirixiu a exploración global e a extensión colonial a través do Atlántico e do Océano Pacífico, converténdose durante moito tempo no principal país e potencia europea e de todo o mundo. O seu imperio converteuse no primeiro imperio global, porque por primeira vez un imperio abarcaba posesións en todos os continentes, as cales, a diferenza do que ocorrera no Imperio romano ou no Carolinxio, non se comunicaban por terra as unhas coas outras.

Florencia

Florencia (en italiano: Firenze) é unha cidade italiana, capital da provincia homónima e da rexión da Toscana. Ten 356.118 habitantes, e abrangue 102 km², cunha densidade de 3.453 hab./km². Fai fronteira con Bagno a Ripoli, Campi Bisenzio, Fiesole, Impruneta, Scandicci e Sesto Fiorentino. Por ela pasa o río Arno.

Foi capital de Italia no período de unificación de Italia entre (1865-1871). Durante o dominio da familia Medici (1434-1494, 1512-1527 e 1530-1737), Florencia era un importante centro comercial e financeiro na Europa medieval.

Considérase o lugar de nacemento do Renacemento. O centro histórico da cidade foi declarado patrimonio da humanidade pola UNESCO.

Célebre por ser a cidade natal de Dante Alighieri, autor da Divina Comedia, que é un referente da literatura universal. Neste Poema el describe a cidade de Florencia en moitas pasaxes, así como algúns dos seus contemporáneos florentinos célebres, que tamén son personaxes da obra.

Iacarta

Iacarta (en indonesio: Jakarta), oficialmente coñecida como Capital Especial da Rexión de Iacarta (en indonesio: Daerah Khusus Ibu Kota Jakarta), é a capital de Indonesia, así como a maior cidade do país con 8 792 000 habitantes e coa área metropolitana chega aos 16 000 000, localízase na illa de Xava, na área lingüística sundanesa, aínda que a lingua maioritaria da cidade é o bahasa indonesio. Iacarta é a undécima cidade máis poboada do planeta e a súa área metropolitana é coñecida como Jabodetabek. É o centro político, industrial e financeiro do país.

A cidade foi coñecida ao longo da súa historia como Sunda Kelapa (397-1527), Jayakarta (1527-1619), Batavia (1619-1942) e Djakarta (1942-1972). No século v onde agora está a cidade de Iacarta estaba o porto do reino hindú de Sonda chamado Kalapa. Os primeiros europeos que a visitaron foron os portugueses, no século XVI. En 1527 a cidade foi conquistada polo rei Fatahillah e cambiou o seu nome polo de Jayakarta que significa "victoriosa e próspera". Os holandeses van apoderarse da cidade en 1619 e cambiáronlle o nome polo de Batavia que é o nome en latín dos Países Baixos. Foi a capital da colonia e prosperou no comercio. Cando en 1942 os xaponeses tomaron posesión da cidade a renomearon Iacarta. En 1949 unha vez proclamada a independencia de Indonesia, Iacarta foi a capital.

Maximiliano II, Sacro Emperador Romano-Xermánico

Maximiliano II de Habsburgo, tamén chamado Maximiliano II do Sacro Imperio Romano-Xermánico, nado en Viena o 31 de xullo de 1527 e finado en Ratisbona o 12 de outubro de 1576, foi coroado rei de Boémia en 1562, de Hungría e de Croacia en 1563 e Emperador do Sacro Imperio en 1564, e permaneceu nos cargos até súa morte.

Niccolò Machiavelli

Niccolò Machiavelli, nado en Florencia o 3 de maio de 1469 e finado ibídem o 21 de xuño de 1527, foi un historiador, filósofo e político italiano da era do Renacemento.

Saqueo de Roma (1527)

O Saqueo de Roma aconteceu o 6 de maio de 1527, cando dezaoito mil soldados do exército Imperial de Carlos V e mercenarios alemáns comandados por Jorge de Frundsberg, ao servizo do Condestable de Borbón, tomaran de asalto a Cidade Eterna. Este episodio terrible, que se inclúe na segunda guerra entre o emperador Carlos V e o rei Francisco I de Francia, acabou coa preeminencia do papado Renacentista. O saqueo foi horrible, mesmo de acordo cos padróns da época, tendo as tropas saqueado a cidade durante oito días. Un baño de sangue correu polas rúas da cidade, e por todos os lados verificáronse pillaxes, violacións e torturas contra a poboación.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.