1526

1526
Calendario gregoriano1526
MDXXVI
Ab urbe condita2279
Calendario armenio975
Calendario chinés4222 – 4223
Calendario hebreo5286 – 5287
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat1581 – 1582
 ·  Shaka Samvat1448 – 1449
 ·  Kali Yuga4627 – 4628
Calendario persa904 – 905
Calendario musulmán932 – 933
Calendario rúnico1776
Década de 1520
1522 1523 1524 1525 1526 1527 1528 1529 1530

Acontecementos

América

  • 17 de novembro - Orde do emperador Carlos V que autoriza a todos os naturais dos seus reinos para se trasladaren, comerciaren e estabelecérense en América (sería revogada en 1538).

Asia

  • 21 de abril - Primeira batalla de Panipat: Babur vence o sultán Ibrahim Lodhi, tórnase Moghul (ou Mughal), emperador da India, tomando Delhi, e invadindo a India setentrional. Iníciase así o período do Imperio Moghul, que se estenderá até 1857.

Europa

Sueleymanname Akinci-Beys
Cabaleiros turcos en Mohacs, iluminura do XVI por Nakkashane

Oceanía

Nacementos

Mortes

Outros

Historia ano a ano

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Aberdeen, Escocia

Aberdeen (Obar Dheathain en gaélico escocés, Aiberdeen en escocés) é unha cidade de Escocia, un dos principais portos do Reino Unido e a terceira cidade escocesa por poboación: 212.125 habitantes (2001). Polas súas canteiras de granito coñécese como a cidade do granito.

Bohemia

Bohemia (en checo: Čechy; en alemán: Böhmen) é unha rexión histórica de Europa Central, tendo a súa capital na cidade de Praga. Ocupa 52.750 km² e ten máis de seis millóns de habitantes. Forma parte da República Checa xunto ás rexións de Moravia e Silesia.

Budapest

Budapest é a capital de Hungría e o seu principal centro industrial, comercial e de transportes. Ten 1,7 millóns de habitantes segundo o censo de 2005 (unha diminución significativa respecto dos case 2,1 millóns con que contaba a mediados dos anos 80), que representan un quinto da poboación total do país. É a sétima cidade en tamaño da Unión Europea.

A cidade de Budapest é o resultado da unificación en 1873, ocupando ambas as dúas beiras do Danubio, das cidades de Buda e Óbuda, na beira dereita, e Pest, na esquerda.

Colexio de Santiago Alfeo

O Colexio de Santiago Alfeo ou Colexio Novo, coñecido na actualidade maioritariamente como Colexio de Fonseca (e como pazo de Fonseca ao edificio que o albergaba), foi un Colexio Maior, xerme da Universidade de Santiago de Compostela, fundado polo arcebispo Alonso III de Fonseca en 1526.

O edificio segue formando parte da Universidade; é a sede da Biblioteca Xeral, e tamén alberga, no antigo refectorio e na capela, a ambos os lados do vestíbulo, salas de exposicións temporais.

Década de 1520

A década de 1520 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1520 e remata o 31 de decembro de 1529.

Habsburgo

A casa de Habsburgo (en alemán Hapsburg), tamén chamada casa de Austria, e a súa familia sucesora en Austria, os Habsburgo-Lorena (Habsburg Lothringen), é unha das familias máis importantes da Historia de Europa, que gobernou sobre varios países. A familia tivo a súa orixe no século XII e o nome deriva de Habichtsburg, o castelo do falcón, a súa morada oficial, construído no 1020, na actual Suíza. En tempos actuais, o cabeza da dinastía foi o príncipe Otón de Habsburgo (1912-2011), e o xefe da casa, o seu fillo o arquiduque Carlos de Habsburgo-Lorena, desde 2007.

Os Habsburgo foron:

Soberanos de Austria (como duques 1282-1453, arquiduques 1453-1804 e emperadores 1804-1918),

Soberanos de Alemaña como reis de romanos e emperadores do Sacro Imperio Romano Xermánico (1273-1308 e 1440-1806),

reis de Hungría (1437-1439, 1445-1457, 1526-1918),

reis de Croacia (1437-1439, 1445-1457, 1526-1918),

reis de Bohemia (1306-1307, 1437-1439, 1453-1457, 1526-1918),

reis de España (1516-1700),

reis de Portugal (1580-1640),

reis de Galicia e Lodomeria (1772-1918),

grandes príncipes de Transilvania (1690-1867),

grandes duques de Toscana (1737-1801; 1814-1860).Outras coroas controladas brevemente pola casa foron:

rei de Sardeña (1713-1720),

duque de Parma (1814-1847),

duque de Módena (1814-1859),

emperador de México (1864-1867).

Juan Sebastián Elcano

Juan Sebastián Elcano, tamén escrito Juan Sebastián de Elcano, nado en Getaria, Guipúscoa, entre 1486 e 1487 e falecido no océano Pacífico o 4 de agosto de 1526, foi un explorador español que participou na primeira expedición que deu a volta ao planeta Terra, e capitaneou os derradeiros compases desta.

Lingua sueca

O sueco (svenska escoitar ) é unha lingua xermánica falada no norte de Europa, en concreto en Suecia e na costa de Finlandia (falada por un 5% dos fineses), é moi similar ó danés e o noruegués, máis diferénciase delas na pronunciación e ortografía. É falada por nove millóns de persoas, sobre todo en Suecia e en partes da Finlandia, especialmente na costa e nas illas Åland.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.