1520

1520
Calendario gregoriano1520
MDXX
Ab urbe condita2273
Calendario armenio969
Calendario chinés4216 – 4217
Calendario hebreo5280 – 5281
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat1575 – 1576
 ·  Shaka Samvat1442 – 1443
 ·  Kali Yuga4621 – 4622
Calendario persa898 – 899
Calendario musulmán926 – 927
Calendario rúnico1770
Década de 1520
1516 1517 1518 1519 1520 1521 1522 1523 1524

Acontecementos

América

  • 23 de maio - Pedro de Alvarado, lugartenente de Hernán Cortes, asasina a elite da nobreza azteca, como medio de impor o terror na cidade de Tenochtitlan.
    • 24 de xuño - Cortés entra de novo en Tenochtitlan, logo de ir a costa do golfo de México, onde conseguíu atraer as tropas de Pánfilo de Nárvaez.
    • 1 de xullo - Noite Triste: As tropas europeas e as de seus auxiliares indíxenas de Cortés son decimadas nun ataque azteca.
    • 7 de xullo - Batalla de Otumba - Cortés e os seus aliado indios vencen os aztecas.
    • Desátase unha terríbel epidemia variólica entre os indíxenas mexicanos, propagada polos europeos.
  • 6 de novembro, Arxentina: a expedición circunglobal de Fernão de Magalhães entra coas súas naves no estreito que leva o seu nome.

Europa

Oriente Próximo

  • Inicia o seu goberno o sultán otomán Solimán o Magnífico (até 1566).

Nacementos

  • Pernette du Guillet, poetisa francesa.

Mortes

Outros

Historia ano a ano

16 de setembro

O 16 de setembro é o 259º día do ano do calendario gregoriano e o 260º nos anos bisestos. Quedan 106 días para finalizar o ano.

Década de 1520

A década de 1520 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1520 e remata o 31 de decembro de 1529.

Imperio Otomán

O Sublime Estado Otomán (en turco otomán: دَوْلَتِ عَلِيّهٔ عُثمَانِیّه, Devlet-i ʿAliyye-yi ʿOsmâniyye, tamén عثمانلى دولتى Osmanlı Devleti, en turco: Yüce Osmanlı Devleti ou Osmanlı İmparatorluğu) foi un imperio que durou dende o 27 de xullo de 1299 até o 29 de outubro de 1923. Foi habitualmente coñecido polos seus contemporáneos como Imperio Otomán, Imperio Turco, a Sublime Porta ou, máis comunmente, Turquía. Dende 1923, úsase preferentemente o nome de Imperio Otomán para non crear confusión coa actual República de Turquía.

No cumio do seu poder, nos séculos XVI e XVII, controlaba territorios no sueste de Europa, suroeste de Asia e norte de África. O Imperio Otomán estaba formado por vinte e nove provincias e numerosos estados vasalos, algúns dos cales chegaron a ser absorbidos completamente polo imperio, mentres que a outros foilles concedido certo grao de autonomía no transcurso dos séculos. O imperio gañou tamén eventualmente autoridade sobre terras estranxeiras afastadas a través de declaracións de lealdade ao Sultán, como por exemplo a declaración do Sultán de Aceh en 1565, ou a través de adquisicións temporais de illas, como por exemplo Lanzarote no océano Atlántico en 1585.

Con Constantinopla (en turco otomán: استنبول, Istanbul e قسطنطينيه, Kostantiniyye) como capital, e control de extensión de terra por todo o mar Mediterráneo durante o reinado de Suleimán o Magnífico (dirixente de 1520 a 1566), o imperio foi o centro de interaccións entre o mundo Occidental e Oriental durante seis séculos. O imperio chegou á súa fin, como réxime baixo a monarquía imperial, o 1 de novembro de 1922, rematando a súa existencia de iure o 24 de xullo de 1923 baixo o Tratado de Lausana. Foi sucedido pola República de Turquía, que foi oficialmente proclamada o 29 de outubro dese mesmo ano.

Manierismo

O manierismo é un estilo artístico que predominou en Italia dende o final do Alto Renacemento (cara a 1520) ata os comezos do período Barroco, cara ó ano 1590.

Micronesia

A Micronesia é un grupo de arquipélagos de Oceanía sitos no Océano Pacífico, ó leste de Filipinas e ó norte de Papúa Nova Guinea. Esténdese dende os 140° ata os 180° leste e dende os 30°N ó ecuador. Ocupa en total aproximadamente uns 2.800 km² de superficie con menos de 200.000 habitantes. Os arquipélagos máis importantes son as Marianas, as Carolinas e Palau.

Ós seus habitantes chámanse micronesios e son mestizos de polinesios e melanesios. As construcións tradicionais son palafitas -casas construídas sobre estacas-. A economía baséase na agricultura (escasa) e na pesca, sendo dende moi antigo uns bos construtores de canoas. O primeiro europeo en tomar contacto cos micronesios foi Fernão de Magalhães en 1520.

Sisto V, papa

Felice Peretti, nado en Grottammare o 13 de decembro de 1520 e morto en Roma o 27 de agosto de 1590, foi o papa número 227, elixido papa o 1 de maio de 1585, escollendo o nome pontifical de Sisto V (en latín Sixtus V ou Systus V).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.