1518

1518
Calendario gregoriano1518
MDXVIII
Ab urbe condita2271
Calendario armenio967
Calendario chinés4214 – 4215
Calendario hebreo5278 – 5279
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat1573 – 1574
 ·  Shaka Samvat1440 – 1441
 ·  Kali Yuga4619 – 4620
Calendario persa896 – 897
Calendario musulmán924 – 925
Calendario rúnico1768
Década de 1510
1514 1515 1516 1517 1518 1519 1520 1521 1522

Acontecementos

Nacementos

Mortes

Outros

Historia ano a ano

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
31 de maio

O 31 de maio é o 151º día do ano do calendario gregoriano e o 152º nos anos bisestos. Quedan 214 días para finalizar o ano.

Década de 1510

A década de 1510 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1510 e remata o 31 de decembro de 1519.

Paulo IV, papa

Gian Pietro Carafa, (nado en Carpiglia Irpina o 28 de xuño de 1476 e falecido en Roma o 18 de agosto de 1559) foi Papa da Igrexa católica entre 1555 e 1559 co nome de Paulo IV.

Era membro dunha ilustre e influente familia napolitana, o que lle permitiu iniciar desde moi novo a súa carreira eclesiástica, na que sucedeu ó seu tío Oliverio Carafa como bispo de Chieti en 1504, para posteriormente ser designado arcebispo de Brindisi en 1518, destacando nestes cargos a súa actuación como embaixador do papa León X ante as cortes de España e Inglaterra.

En 1524, o entón papa Clemente VII autorizouno a renunciar ós seus privilexios e beneficios eclesiásticos para ingresar no "Oratorio do Amor Divino" de Roma, onde coñeceu a Gaetano de Thiene (San Caetano), co que fundou a orde de Clérigos Regulares, popularmente coñecida polos Teatinos.

En 1527, tralo Saqueo de Roma, a orde dos Teatinos foi trasladada a Venecia, pero Caraffa foi retido en Roma por Clemente VII, que lle encomendou a tarefa de participar nunha comisión de nove membros creada para a reforma da corte papal e que publicou o Consilium de emendanda Ecclesia (Ditame sobre a reforma da Igrexa).

En 1536 foi nomeado cardeal de título de San Pancracio polo papa Paulo III. Tamén foi nomeado arcebispo de Nápoles, e se lle encomendou a reorganización da Inquisición italiana, para o que creou a Congregación do Santo Oficio. En 1542 foi nomeado Inquisidor xeneral, cargo que ocupou ata a súa elección como papa.

Á morte de Marcelo II foi elixido para sucedelo, contra todo prognóstico, o xa octoxenario Gian Pietro Caraffa, que debido á súa idade estaba disposto a renunciar á tiara papal. Porén, a oposición á súa elección manifestada polo emperador e rei de España Carlos I fixo que, cedendo ó odio exacerbado que sentía cara España, que daquela gobernaba o Reino de Nápoles onde nacera, aceptou a elección.

Ó acceder ó solio pontificio, o xa dilatado concilio de Trento se encontraba paralizado, pero o recentemente elixido papa non fixo nada por reactivalo. No seu caso non por falta de tempo, como lle ocorrera ó seu antecesor Marcelo II que só gobernou a igrexa durante 22 días, senón porque o seu talante teocrático lle facía considerarse por riba dos emperadores, reis, prelados e demais dignidades deste mundo. El era o papa e ninguén ou nada estaba sobre el, e como tal se bastaba e sobraba para regulamentar a función da igrexa e a vida dos crentes. Non necesitaba Concilio algún, senón que el mesmo ditaba a verdade e o dogma, axudándose do Santo Oficio para evitar calquera tentación desviacionista.

Tintoretto

Tintoretto, de nome verdadeiro Jacopo Comin, nado en Venecia o 29 de setembro de 1518 e finado en Venecia o 31 de maio de 1594), foi un dos grandes pintores da escola veneciana e probablemente o último gran pintor do Renacemento italiano. Na súa mocidade tamén recibiu o alcumo de Jacopo Robusti, pois o seu pai defendeu as portas de Padua fronte ás tropas imperiales dun xeito bastante vigoroso. O seu verdadeiro apelido, 'Comin' foi descuberto recentemente por Miguel Falomir, xefe do departamento de Pintura Italiana do Museo do Prado, Madrid, e fíxose público a raíz da retrospectiva de Tintoretto no Prado (2007).Pola súa fenomenal enerxía e empeño á hora de pintar foi alcumado Il Furioso, e o seu dramático uso da perspectiva e os especiais efectos de luz fan del un precursor da arte barroca. Os seus traballos máis famosos son unha serie de pinturas sobre a vida de Xesús e a Virxe María na Scuola Grande dei San Rocco de Venecia.

XIII
 
XIV
 
XV
 
Século XVI
 
XVII
 
XVIII
 
XIX
Década de 1600
Década de 1590
Década de 1580
Década de 1570
Década de 1560
Década de 1550
Década de 1540
Década de 1530
Década de 1520
Década de 1510
Década de 1500

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.